Festa do Samaín

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA DO SAMAÍN PARA NEN@S O VENRES, 30 DE OUTUBRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL.

Barreiros, 28 de outubro de 2015. O Concello festexará o Samaín con actividades dirixidas aos nen@s no Salón de Actos do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A Festa do Samaín celebrarase o 30 de outubro entre ás 17 e as 20 horas e contará con monitores, que prepararán para os cativos diversas actividades, como pintacaras ou un obradoiro de manualidades. Todos os materiais serán facilitados polos monitores. Ao acabar, sobre as 20 horas, haberá unha degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

samain