Fase final Copa Federación de Lugo de fútbol sala

Crónica fase final Copa Federación de Lugo de fútbol sala

O pasado sábado 30 de maio o Pavillón Muncipal de Barreiros vestiuse de gala para a disputa da fase final da Copa Federación de Lugo de fútbol sala, na que participaron os equipos da provincia qu compiten en categoría Autonómica e Provincial. Tralas fases previas, os catro conxuntos que conseguiron o pase foron o Talleres Vilaboa de Lugo, o Praias de Barreiros, Hotel Roma de Sarria e o Outeiro de Rei.

A primeira semifinal enfrontou ó conxunto anfitrión co Talleres Vilaboa. Os lucenses adiántáronse pronto no marcador e defenderon a súa vantaxe durante a maior parte do partido. Os barreirenses conseguiron igualar na segunda parte pero, a pesar das moitas oportunidades das que dispuxeron, non foron capaces de acadar o segundo gol que lles dese o pase á final. Tralo 1-1 final, a clasificación decidiríase dende o punto de penalti, e ahí os da capital estiveron máis atinados.

Na segunda semifinal, o Hotel Roma e o Outeiro de Rei disputaron un encontro moi intenso, similar á primeira semifinal, os de Sarria adiantáronse no marcador e despois aproveitaronse os erros do rival para ampliar a vantaxe. O Outeiro de Rei intentou darlle á volta ó marcador xogando co porteiro-xogador pero o encontro rematou cun 3-2 favorable ós de Sarria.

Tras estes resultados, a gran final da Copa Federación enfrontaba ó Talleres Vilaboa (de categoría Provincial) co Hotel Roma (de categoría Autonómica). Os da capital adiantáronse pronto e foron por diante no marcador durante todo o encontro ante un Hotel Roma que acusou o desgaste da semifinal anterior. O porteiro do Talleres Vilaboa, Rubén, mantivo ó equipo con vida en todo momento, ó igual que no encontro de semifinais ante o Praias de Barreiros, converténdose no xogador máis destacado da fase final. O 3-2 final proclamou vencedor da Copa Federación de Lugo de fútbol sala ó Talleres

campeonCopa

finalistas