Este domingo, Marionetas Trécola estará no Centro Sociocultural de San Cosme

Este domingo, Marionetas Trécola estará no Centro Sociocultural de San Cosme, para poñer peche ao Mes do Teatro de Ollomao.

“As Tres Raíñas Magas” é o espectáculo que estará este domingo, 22 de novembro ás 18:00h. no Centro Sociocultural de San Cosme.

A peza, de Marionetas Trécola está dirixida para todos os públicos, especialmente indicada para as pequenas e pequenos da casa, aínda que moi apropiada tamén para público adulto.

Esta actividade dá peche ao Mes do Teatro do Colectivo Cultural Ollomao que durante catro fins de semana rotou diferentes pezas por varias das parroquias barreirenses. A entrada, ai igual que nas dúas ocasións anteriores, terá un prezo de 2 euros.