ESTE DOMINGO, 19 DE XUÑO, EN BARREIROS MALASOMBRA PRODUCIÓNS REPRESENTA A OBRA D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE

ESTE DOMINGO, 19 DE XUÑO, EN BARREIROS MALASOMBRA PRODUCIÓNS REPRESENTA A OBRA D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE.

MalaSombra BarreirosBarreiros, 15 de xuño de 2016. Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte.

A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.

Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.

Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.