Entrega hoxe nos colexios de San Miguel e de San Cosme varios exemplares de libros de Manuel María

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron hoxe nos colexios de San Miguel e de San Cosme varios exemplares de libros de Manuel María, o escritor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. “Deste xeito queremos contribuír á celebración desta data”, sinalaron.

O rexedor dixo que “desde hai anos cando se achegan estes días imos aos colexios de Barreiros para facerlles entrega de diverso material didáctico relacionado coa figura á que se dedica o Día das Letras Galegas. Neste 2016 levamos libros de Manuel María a estes centros, que quedarán á súa disposición nas bibliotecas dos colexios. E serán os mestres os que acheguen aos nenos e nenas de Barreiros á figura de Manuel María e á súa obra”.