Entrega de premios do Certame de poesía e debuxo en Barreiros

A biblioteca pública municipal de Barreiros acolleu este xoves a entrega de premios aos gañadores do concurso de Poesía e debuxo Nadal 2014. Os 12 nenos e nenas recibiron de mans do alcalde, Alfonso Fuente, e da concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, os diplomas correspondentes, así como diversos libros e material escolar. O rexedor animounos a seguir participando en eventos deste tipo e dixo que “algúns dos rapaces e rapazas hoxe premiados xa podemos consideralos poetas e pintores, porque repetiron participación e tamén algún premio”. Fuente Parga subliñou “a grande acollida que tivo este certame, así coma os índices de visitas que recibe a nosa biblioteca pública municipal porque son moi altos. Hai que lembrar que Barreiros conta con dous colexios, cunha gardería e ademáis impartimos o programa Educando en familia”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *