El BNG va a reclamar actuaciones en las carreteras N634 y N642, sin que se queden en un rebacheo

Mariña |
El BNG va a presentar una moción en todos los ayuntamientos para reclamar actuaciones en las carreteras N634 y N642, sin que se queden en un rebacheo

O BNG mariñao presentará mocións en concellos afectados pola falta de melloras nas estradas de competencia estatal N634 e N642, reclaman substituír o tapado das fochancas por actuacións globais que melloren o firme destas dúas estradas que articulan a comarca ante os atrasos, abandono e falta de compromiso das administracións central e galega para solucionar os problemas do Fiouco e sacar adiante as promesas da VAP e a autovía Barreiros – San Cibrao. Segundo Ana Ermida, portavoz comarcal nacionalista, Fomento debera facerse cargo dos danos nos vehículos ocasionados polo estado destas dúas estradas que mais ben parecen corredoiras.

A formación nacionalista afirma que Fomento xa non só incumpre as promesas electorais publicadas nos medios de comunicación, tampouco cumpre os anuncios do BOP como o publicado o 1 de maio de 2015 para mellorar 20 kms da N642 que acabaron sendo menos de 10 kms., reducindo o investimento previsto nun 27%. Para Ana Ermida, Fomento engana á poboación da comarca a mantenta e non ten ningún escrúpulo en facelo reiteradamente.

A moción pedirá o apoio das corporacións municipais, especialmente naqueles concellos por onde discorran estas dúas estradas, arranxos globais e non simples amaños de fochancas como se ven facendo desde fai anos.

Ana Ermida afirmou que a situación destas dúas estradas de competencia estatal é insostíbel desde fai moito tempo, circular por elas significa ir sorteando fochancas e irregularidades no firme na practica totalidade dos tramos, co que isto supón no estado dos vehículos e mesmo na seguridade da circulación. As usuarias e usuarios debéramos presentar reclamacións ao Ministerio de Fomento para que se faga cargo dos gastos polos danos nos nosos vehículos, concuiu Ermida.