DÚAS FUGAS DE AUGA EN PLENO CENTRO DE SAN COSME LEVAN MESES SEN ARRANXAR

DÚAS FUGAS DE AUGA EN PLENO CENTRO DE SAN COSME LEVAN MESES SEN ARRANXAR

Mentres o Alcalde se adica a sacar bandos restrinxindo o uso da auga e a lanzar consignas para que o consumo de auga sexa responsable, a traída municipal perde miles de litros diarios por fugas que non se arranxan.

Barreiros, 24 de agosto de 2017. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros advirte de que a traída municipal de auga adoece de graves deficiencias, existindo na actualidade dúas importantes fugas en pleno centro de San Cosme que supoñen desperdiciar auga diariamente. As fugas verten nas cunetas que hai xunto ás vivendas sociais novas e pola estrada que baixa á praia, chegando incluso a saír á estrada en zonas.

A portavoz municipal afea a conduta do rexedor popular, Alfonso Fuente, e do seu equipo de goberno que “outra vez tratan de desviar a atención e de culpabilizar dun mal uso da auga ás veciñas e veciños, mentres a súa incompetencia fai que haxa dúas fugas de auga en San Cosme sen arranxar desde hai meses, perdendo gran cantidade de auga diariamente.”

“Non é decente que se saquen bandos a primeiros de verán impoñendo restriccións ao rego ou outros usos da auga e que o goberno municipal sexa incapaz de ordenar solucionar dúas fugas que están botando auga todo o día. A postura do Alcalde e o seu equipo é absolutamente demagóxica e, desde logo, non están lexitimados para pedirlle a ninguén mesura no uso da auga”, afirman.

Para o BNG, “isto é mostra da inoperancia do goberno municipal que é incapaz de xestionar un servizo como o abastecemento de auga. Este problema vén sumarse ás continuas deficiencias deste servizo que sofren as veciñas e veciños de Barreiros: auga turba cando chove, falta de presión ou cortes continuos por falta de subministro, entre outros.”

Desde o BNG ínstase ao goberno municipal a que arranxe “coa máxima urxencia estas fugas e revise a traída municipal para evitar estar deperdiciando auga, mentres se restrinxe o seu uso a veciñas e veciños.”

Un prezo astronómico para un servizo deficitario.

A portavoz municipal nacionalista critica que “co que subiron o prezo da auga, que desde hai cinco anos duplicou os recibos en moitos casos, non é lóxico que as veciñas e veciños de Barreiros non recibamos un servizo mellor. Só co que se ingresa anualmente por este servizo a costa do que se paga por recibos, dá para xestionalo en mellores condicións e garantir un subministro estable.”

“Se hai que recortar gastos que sexa en cuestións innecesarias ou que se poderían xestionar doutro xeito, pero non na calidade do subministro que reciben as veciñas e veciños”, conclúe Ana Ermida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *