días para que dea comezo o Entroido en Barreiros.

4️⃣ días para que dea comezo o Entroido en Barreiros.
🆕O domingo 27, presentación dos Cabezudos e Xigantes. Desde as 12:00 h. estarán expostos na Praza do Concello para que toda persoa que o desexe se poida achegar a velos. Ao acto acudirá o artista encargado da restauración, Kukas Monicreques, quen explicará o proceso que realizou para reparar as partes máis afectadas e o repintado de todas as pezas.
👁Animámosvos a vir para ollar en detalle a restauración xa que é unha obra MAXISTRAL!!!!🙌🙌
🎊👨‍🚀Xa na tarde do domingo 27, terá lugar a festa infantil de disfraces. Esta será no pavillón municipal ás 18.00 horas. Non é preciso inscrición previa pero si moi recomendable que as nenas e nenos acudan disfrazados. Contaremos con animación infantil, música, a presenza dos Macanudos, de Habelas Hainas e como non, a estrea ante o público máis esixente dos Cabezudos e Xigantes de Barreiros
🧑‍🎨 Para o luns 28 de febreiro, o Concello de Barreiros organiza un obradoiro de máscaras de entroido. Terá lugar no Centro Sociocultural de 10:30 a 13:00 horas e nel poden participar as crianzas nadas entre o 2010 e o 2018 entregando previamente a ficha de inscrición que se facilitou estes días nos colexios. Tamén se pode facer a inscrición no Concello ata o venres 25 de febreiro.