Día internacional para eliminación da violencia de Xénero 2015

O CONCELLO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO COA LECTURA DUN MANIFESTO, CUNHA MESA REDONDA E CUN CONCURSO DE DEBUXO. OS ACTOS TERÁN LUGAR O VINDEIRO MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO.

Barreiros, 19 de novembro de 2015.  O Concello de Barreiros únese á conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero cun programa de actos a desenvolver o propio día 25 de novembro. Organízao a Concellaría de Familia, Muller e Servizos Sociais coa colaboración da Asociación Mulleres en Igualdade de Burela.

A xornada comeza ás 12 horas do mediodía coa lectura do manifesto e un minuto de silencio na Praza do Concello. Pola tarde, no Centro Socio-Cultural Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro terá lugar unha mesa redonda a cargo de Mulleres en Igualdade de Burela. Comezará as 16 horas.

E xa ás 18 horas entregaranse os premios do concurso de debuxo Di non á violencia entre os alumnos e alumnas de primaria do CEIP San Cosme de Barreiros e do CEIP San Miguel de Reinante.

ViolenciaXenero2015