DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE

DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE. 060916  Foto nenos saharauis Barreiros

Barreiros, 6 de setembro de 2016. No Concello barreirense tivo lugar a despedida dos nenos saharauís que este ano estiveron pasando o verán no municipio e que nesta xornada partían de regreso cara os fogares. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, fíxolles entrega ao igual que en anos anteriores dun lote de material escolar, que os nenos recibiron con agradecemento.

Tratouse, segundo o rexedor, “dunha despedida emotiva posto que un dos nenos leva varios anos vindo ao noso concello, é coñecido por todos nós como Patxi (Mohamed Lamin Mohamed Ali), que xa non volverá debido a que alcanzou o límite de idade. O outro neno era o primeiro ano que viña a Galicia (Addalami)”.