DERON COMEZO NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, OS LABORATORIOS CREATIVOS PARA NEN@S. SERÁN IMPARTIDOS ATA O 16 DE AGOSTO POR LUCÍA VILA

DERON COMEZO NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, OS LABORATORIOS CREATIVOS PARA NEN@S. SERÁN IMPARTIDOS ATA O 16 DE AGOSTO POR LUCÍA VILA.

Barreiros, 13 de xullo de 2017. O Eido Dourado, en Barreiros, está a acoller por segundo ano consecutivo laboratorios creativos para nenos e nenas. Son impartidos por Lucía Vila todos os mércores ata o 16 de agosto, en horario de sete a oito da tarde. As prazas xa están cubertas para o obradoiro do 19 de xullo, pero para as vindeiras sesións a inscrición está aberta no propio Eido Dourado ou a través do teléfono 610 90 24 58.

Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, explicou que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.

A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engadiu que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos promover o diálogo entre @s nen@s e a contorna do Eido. Amosarlles a obra de Celso Dourado e que exploren, investiguen e interaccionen coa contorna que nos rodea basicamente”.

Lucía Vila subliñou que “os laboratorios creativos serán todos os mércores, de sete a oito da tarde desde hoxe. E remataremos o 16 de agosto. O grupo estivo completo para a xornada de onte e tamén está para o día 19 deste mes, pero para os catro obradoiros que restan se poden apuntar ben pasando polo Eido Dourado ou contactando comigo por medio do facebook ou do teléfono persoal. Que se animen a vir todos os nenos e que disfruten do Eido Dourado”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *