Fútbol Sala

barrahttp://www.siguetuliga.com/liga/galicia-futbol-sala-autonomica-nortebarra

ELÍAS PUENTE RENOVA NO PRAIAS DE BARREIROS

barra

13537575_876735372430546_7101091474367334974_n

Praias de Barreiros C.D.

8 h ·

UNHA PERLA DA MARIÑA PARA BARREIROS

David Rodríguez Pernas a segunda alta na nave barreirense.

David (1993) chega a Barreiros como a segunda incorporación o plantel. Porteiro de garantías, David é un canteirán do Burela F.S, ali residíu ata xuvenil. Logo marchou para a Coruña donde estivo dous anos no Ventorrillo F.S (2B) e no último ano volveu a casa para defender as cores laranxas do filial bureles.
Ó porteiro cervense é un dominador de todas as facetas do xogo, posue grandes cualidades cos pes, é trasmitelle gran seguridade os seus compañeiros. Debaixo dos paos é un gardameta sobrio, moi dificil de superar.
Ó encargado de darlle a benvida o clube foi o directivo Guillermo Gonzalez, o cal amosou a súa satisfacción con este fichaxe.barra

Xa se conoce o calendario da Liga Autonómica Norte de fútbol sala 2015/16 na que tomará parte o Praias de Barreiros FS.

A liga está composta polos seguintes 16 equipos: Troula FS, Riazor FS, Castroverde FS, S.I. Outeiro de Rei, Hotel Roma, Stellae FS, Mera FS, Jogafán Ordes FS, Concello de Arzúa, Bóveda-Pub Magma, FS, Concello de Begonte, Europizarras Fonsagrada, KFM Motorsport A Coruña FS, Praias de Barreiros CD, Concello de Guitiriz e FS Alameda Xarío.

O conxunto barreirense debutará na competición ligueira o próximo 19 de setembro, a domicilio, ante o KFM Motorsport A Coruña.

O primeiro encontro que disputará no Pavillón Municipal de Barreiros, será o 26 de setembro, cando recibirá ó Concello de Begonte FS, enfrontamento correspondente á segunda xornada da Liga Gallega Norte 15/16 (que é o novo nome da anteriormente coñecida como Liga Autonómica Norte).

Calendario completo: http://www.fgfs-galicia.com/index.php…

barra

O Praias de Barreiros F.S. rematou a súa participación na Liga Provincial Masculina cunha victoria en Lugo ante o Talleres Vilaboa (3-4). Con este triunfo os barreirenses culminan unha temporada perfecta na que acadaron os tres puntos en todos os encontros que disputaron.
Próximamente comenzará a súa participación na Copa.barra

O conxunto barreirense impúxose en Sarria por 2 goles a 6 á Peña Españolista, unha victoria que o confirma como o campión da Liga Provincial Masculina de fútbol sala de Lugo a falta de seis xornadas para o final da competición. O primeiro posto acadado de forma matemática conleva tamén o ascenso directo á Liga Autonómica de fútbol sala.barraO Praias de Barreiros saiu moi concentrado á pista do Pavillón Jose Mario González (Chanto) de Sarria, dous goles de Sergio nos primeiros minutos puxeron por diante ó cadro barreirense que se marchou ó descanso cun 1-4 a favor. Os integrantes do conxunto local non baixaron os brazos e atacaron toda a segunda parte con porteiro-xogador, os barreirenses defenderon a renta e aproveitaron as ocasións que tiveron para ampliar a vantaxe ata o 2-6 final.barra

O Praias de Barreiros leva unha racha imparable na súa primeira tempada na Liga Provincial, contando os 14 encontros disputados ata o momento como victorias, con 78 goles a favor e tan só 21 en contra. Uns resultados que sumados ós dous encontros que lle restan por disputar ó cadro barreirense ante o excluído Ribeiras do Neira (e que se resolverán por 3-0), garantizan o primeiro posto ó final da tempada. O conxunto barreirense descansará precisamente este próximo fin de semana por este motivo, e volverá á competición o próximo 14 de marzo na pista do Cubelas FS.barra

Cambios no calendario da Liga Provincial Masculina de Fútbol Sala de Lugo.

O encontro entre o Samos e o Praias de Barreiros aprázase para o próximo sábado 14 de febreiro ás 18:00 horas (en lugar do día 7 para o que estaba fixado).

Como é habitual, os interesados en viaxar co equipo a Samos poden reservar a sua praza poñéndose en contacto cos membros da directiva, a saída do autobús será o sábado 14 ás 14:45 horas dende o Pavillón Municipal.

Este sábado día 7 o equipo de fútbol sala xogará un encontro amigable ante un conxunto de xogadores de Ribadeo. Será as 18:30 no Pavillón Muncipal.

Deixamosvos o enlace ó calendario actualizado, resultados e clasificacións do portal Siguetuliga.com

http://www.siguetuliga.com/…/galicia-futbol-sala-lugo—pro…

barra

Fin de Liga e inicio de Copa

A pasada fin de semana xogáronse os últimos encontros aprazados da Liga Provincial Masculina de Fútbol Sala, polo que xa se da por concluída a competición doméstica. O Praias de Barreiros FS rematou a súa participación cun pleno de victorias: 20 triunfos nos 20 encontros disputados. A pesar de que o conxunto barreirense xa acadou o título de liga e o ascenso de categoría fai semanas, os de Modesto Veiga non baixaron o nivel e acadaron o pleno de victorias, sumando un total de 102 goles a favor e tan só 31 en contra. Un números incríbles na súa primeira tempada de competición.

Agora o Praias de Barreiros FS afronta a súa participación na Copa, unha cita na que entran en xogo os equipos da Liga Autonómica e da Liga Provincial de Lugo. Os barreirenses enfrontaranse en cuartos de final ó Begonte FS, nunha eliminatoria a ida e volta; o primeiro encontro terá lugar este próximo sábado 16 de maio no Pavillón Muncipal de Barreiros ás 19:00 horas.

Na xornada do sábado, o fútbol sala será o gran protagonista en Barreiros, dende as 9:30 horas e ata as 18:00 disputaranse no Pavillón Municipal os encontros da Copa da Mariña en categoría benxamín, Posteriormente disputará o encontro de Copa o Praias de Barreiros FS.barra

Final do encontro:
Praias de Barreiros 6-2 Peña Españolista Sarria

Final do encontro:
Praias de Barreiros  6-4  Samos

Final do encontro:
Cubelas 1-2 Praias de Barreiros

Final do encontro en Sarria:
Peña Españolista 2-6 Praias de Barreiros
¡¡¡SOMOS DE AUTONÓMICA!!!

Final do encontro:
Praias de Barreiros 7-1 Talleres Vilaboa
Goles: Borja, Miguel (3), Sergio (2), Cristóbal.

Final do encontro:
Samos 3-7 Praias de Barreiros
Goles: Cristóbal, Pichi, Miguel, Borja (x4)

Final do encontro:
Praias de Barreiros 3-0 Cubelas
Goles: Miguel (x2) e David BecerrabarraOs resultados da primeira parte da competición foron os seguintes:

Praias de Barreiros 5-0 Cubelas

Samos 1-7 Praias de Barreiros

Praias de Barreiros 7-1 Talleres Vilaboa

Peña Españolista de Sarria 1-7 Praias de Barreiros

Praias de Barreiros 3-0 Riberas do Neira

Cubelas 2-7 Praias de Barreiros

Praias de Barreiros 5-3 Samos

Talleres Vilaboa 3-5 Praias de Barreiros

Praias de Barreiros 6-4 Peña Españolista de Sarria

Riberas do Neira 0-3 Praias de Barreirosbarra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Noticias de Barreiros