Atletismo

barra

CLUBS DEPORTIVOS.- Club Ciclista de Barreiros :: Escolas deportivas :: Peña Tranquila :: Surf :: Parapente Barreiros

barra

III carreira popular das praias Barreiros

Participación dos atletas do Praias de Barreiros na popular das praias con dous podiums dos atletas do clube. Neste caso Delio val foi 3º da súa categoría, sendo 4º na xeral, e Iván Labrada acadou tamen o 3º posto dentro da súa categoría. O clube tamén contou coa participación de Jacobo Rodriguez, Manuel Pérez, Javier Vilar e Francisco Otero.

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.683160618454690.1073741845.506705329433554&type=1

EquipoPlayasBarreiros

barra

Onte, 1 de maio, a sección de atletismo do Praias de Barreiros estivo representada na III carreira popular concello de Friol.
Nesta ocasión participou Iván Labrada que conseguiu rematar a proba nunha digna 53ª posición, quedando 10º na súa categoría con un tempo de 19’23” nun circuito de 5 km, a un ritmo de 3’53”.barra

Clasificación dos atletas do Praias de Barreiros nunha nova proba do CC Nós.

barra

Delio3Bon papel dos atletas barreirenses nos 10km Villa de Laredo.

Este fin de semana desprazaronse ata Laredo dous integrantes do equipo de atletismo para participar nos 10 km Villa de Laredo. No que dicen que é un dos circuitos máis rápidos do mundo, Delio Val quedouse as portas de mellorar a súa mellor marca nesta distancia e rematou con un tempo de 33:50 a 3:23 o kilometro quedando no posto 148. Quen si conseguiu mellorar a marca persoal foi Iván Labrada con un tempo final de 39:05 a 3:55 o kilometro rematando a proba no posto 549.

Destacar nesta proba a alta calidade dos atletas participantes, na que os catro primeiros baixaron dos 29 minutos e os 11 mellores correron por debaixo da media hora. Douscentos dezasete lograron baixar dos 35 minutos e 605 correron en menos de 40 minutos. Impresionante.

O gañador da proba foi o etíope Dawi Fikadu que rematou a proba en 28:04 quedando a 30 segundos da mellor marca neste circuito e en categoría femenina a marroquí Malika Asahssah que logrou batir o record da proba cunha marca de 31:00.

IvanbarraPara tornar o frío o mellor que se pode facer é correr. E iso foi o que fixeron varios dos nosos atletas hoxe en Lugo nunha nova proba do circuito Corre con Nós, que se celebrou no barrio de San Fiz.
Nas súas pendentes os atletas do Praias lograron unhas meritorias posicións destacando Borja Lombardero con unha 4ª posición na súa categoría e Romina Reimondo que voltou a repetir a 3ª posición da súa categoría.
A continuación mostramos o resto dos resultados dos atletas do clube.

barraResultados do Praias de Barreiros na carreira Nocturna Monumental en Lugo 2015.

Destacamos o 10º posto de Delio Val na xeral e 3º da súa categoría e tamén o 3º posto acadado por Romina Reimondo na súa categoría.

Mostramos o resto de resultados. ¡A seguir así chavales!

barra

Resultados do equipo de atletismo do Praias de Barreiros na Carreira Popular de Reis.

A destacar o quinto posto de Delio Val na clasificación xeral e o segundo posto na súa categoría.

Resultado similar ó de Romina Reimondo, sexta clasificada femenina e segunda da súa categoría.

¡Noraboa a todos!

Resultados do equipo de atletismo do Praias de Barreiros na Carreira Popular de Reis.

A destacar o quinto posto de Delio Val na clasificación xeral e o segundo posto na súa categoría.

Resultado similar ó de Romina Reimondo, sexta clasificada femenina e segunda da súa categoría.

¡Noraboa a todos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Noticias de Barreiros