Denuncian o uso dun castro como aparcadoiro de autocaravanas en Barreiros

Denuncian o uso dun castro como aparcadoiro de autocaravanas en Barreiros

 Autocaravanas no castro da punta de San Pedro de Benquerencia. ADEGA

Adega e Mariña Patrimonio puxeron o caso en mans do Seprona

Adega e Mariña Patrimonio denunciaron ante o Seprona da Garda Civil a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros, como aparcadoiro de autocaravanas.

Este castro, explican ambos colectivos, é “un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial”.

Por iso, enganden, esta normativa outórgalle ao castro unha proteccion que consideran “que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehiculos”. Segundo Adega e Mariña Patrimonio, esta práctica podería estar provocando “danos no xacemento”,

“Probablemente se están realizando actividades contrarias á normativa urbanística e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas correspondentes licenzas e autorizacións”, rematan, antes de solicitar que, no caso de darse esta situación, se paralicen “as actuacións contrarais a dereito nun ben patrimonial”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *