DENUNCIA QUE LLE ANULAN UNHA CITA PARA REVISIÓN HAI CINCO MESES POR UN PROCESO ONCOLÓXICO E  A DATA DE HOXE  CONTINÚA SEN CITAR

DENUNCIA QUE LLE ANULAN UNHA CITA PARA REVISIÓN HAI CINCO MESES POR UN PROCESO ONCOLÓXICO E  A DATA DE HOXE  CONTINÚA SEN CITAR.

O paciente fixo unha primeira reclamación en Atención ao Paciente que sospeita foi parar ao lixo.

O paciente foi sometido a unha biopsia para establecer o diagnóstico e a agresividade da enfermidade.Unha vez que determinan que se trata dun cancro deciden que debe ser intervido cirúrxicamente, e tras a operación estáblecese que debe ser visto en revisións cada tres meses.” Fixéronme moitas probas , primeiro a biopsia e logo unha proba no oncolóxico da Coruña para saber se tiña metástases” – concreta o paciente.

Déronlle cita para facer a revisión o día 29 de setembro de 2017 e  pouco despóis chamárono por teléfono anulándolle a cita e decíndolle  que sería chamado en breve, máis como vía que non o chamaban pon unha primeira reclamación no servizo de Atención ao Paciente.”Déronme  un papeliño pequeño coma eses que che dan cando vas a unha consulta e pides un xustificante para o traballo  e como pasaba o tempo e non me chamaban sospeito que o papeliño foi parar ao lixo”- explica.

É entonces cando contacta coa Plataforma Sanitaria que, con data do 11 de Xaneiro de 2018 presenta a denuncia que figura rexistrada co número 088. Na reclamación solicita ser citado de xeito inmediato e fai responsable da súa saúde futura á xerencia , informando de que acudirei á xustiza con esta denuncia para iniciar as medidas legais oportunas”. Tras agardar unha resposta por parte da xerencia e non recibir noticias referentes á súa citación  volve contactar coa Plataforma Sanitaria para que lle  den difusión na prensa.

Para a Plataforma Sanitaria resulta insultante que se xogue deste xeito coa saúde dos pacientes e mesmo que se falseen os datos de agarda media, cifrando unha espera media nas consultas de especialidades de 38 días cando a realidade é que temos montóns de queixas de pacientes con meses e meses esperando infructuosamente a que os chamen para ser vistos polo especialista.

Adoitan sacar estes datos falseados sen que lles caia a cara de vergoña o día antes de que saiamos á rúa a manifestarnos, para tentar desmobilizar a unha comarca que xa esta farta das  súas mentiras. Non sabemos con que nos agasallarán desta volta- comenta Víctor Vila ,en relación aos titulares que darán desde a Consellería ou desde a Xerencia o día da manifestación  do 1 de marzo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *