Ollomao presenta este domingo “Na procura dun filme”, a curtametraxe realizada por nenas e nenos do curso de teatro e audivosual O Colectivo Cultural Ollomao conta dende o ano 2013 cun obradoiro de teatro infantil, no cal toman parte nenas de nenos tanto de Barreiros como de outros municipios veciños. Neste ano, e como novidade, incorporouse a produción e interpretación audiovisual dirixida pola Lanterna Máxica, un proxecto educativo que combina as vontades do teatro, o cinema e a literatura. Durante os catro meses de duración deste obradoiro, as nenas e nenos participantes aprenderon a escribir textos literarios, deseñar as personaxes , interpretalas e realizar unha produción audiovisual.
Como produto final obtívose unha curtametraxe que leva por título “Na procura dun filme”, da cal o guión foi escrito polas propias nenas e nenos, sendo tamén quen participan como actrices e actores. Este domingo, 12 de xuño, ás 16:30h. a produción será presentada nas Escolas de Santiago de Reinante, contando coa asistencia tanto das nenas e nenos que participaron no obradoiro como do equipo da Lanterna Máxica encargado da elaboración do mesmo. A asistencia é libre e gratuita, e está aberta a público de todas as idades.