CURSO DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN
Barreiros, 17 de setembro de 2019. O Concello de Barreiros, a través da Concellería de Dinamización e Participación Veciñal e da Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix Barreiros) organizan un curso de Técnicas de Relaxación e Concentración.
Esta actividade, que está destinada a mozos/as e xente adulta, desenvolverase no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os luns e venres en horario de 10:30 a 11:30 horas.
As clases comezarán o día 4 de outubro e a inscrición xa pode realizarse na OMIX ata o día 30 deste mes de setembro.