Ollomao

ImageProxy (1)http://www.blogoteca.com/ollomao/index.php?cod=124904 ImageProxy (1)Nace en Barreiros la ‘Universidade Rural’ con cinco áreas del conocimientoImageProxy (1)

LogoDespois de máis dun ano coa idea de cabeza en cabeza e de varios meses traballándoa, poñéndoa sobre papel, hoxe temos o enorme, grandísimo! pracer de presentarvos unha das iniciativas máis ambiciosas do noso colectivo. Hoxe temos o pracer de presentarvos a UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS! Como o ledes, unha UNIVERSIDADE: con escolas en lugar de facultades; RURAL: con “sementes” en lugar de Graos.

E que é esto da UNIVERSIDADE RURAL? Pois esta iniciativa xurde cunha dobre intención:

– Unha, a de dar vida aos pequenos núcleos rurais e “motivar” ás veciñas e veciños a que se despracen asiduamente a eles con motivo de participar nunha actividade de interese e volver a utilizar as escolas rurais para o mesmo uso para as cales foron construídas: a ensinanza, a transmisión de coñecementos, a alfabetización; á vez que contribuir de facer das aldeas un lugar con maior capacidade de influencia e atracción. O concello barreirense conta cun grande número de escolas rurais, a meirande parte delas atópanse en estado de abandono e apenas acollen actividades durante o ano. Unha das características que leva implícito o deseño desta Universidade Rural é, precisamente, que as sesións formativas teñan lugar nas antigas escolas rurais.

– E por outra banda, a de achegar á poboación rural un catálogo de cursos con contidos máis propios da Universidade e/ou o ensino superior e se imparten, polo xeral, nos núcleos urbáns, estando menos ao alcance das persoas residentes no rural. Preténdese que a veciñanza teña a oportunidade de formarse en coñecementos coma o dereito, a economía, a enxeñería agrícola ou a sanidade entre moitos outros.

É unha iniciativa pensada para a capacitación persoal e que permita facilidades no desenvolvemento da vida diaria. Non é unha formación pensada para ser dirixida á capacitación profesional aínda que se entende que pode contribuir ao seu complemento, ou incluso, a dar pé a ela ou a outros estudos homologados. O público obxectivo da mesma son todas aquelas persoas interesadas en obter dita formación. Non se esixirán requisitos académicos de acceso xa que esta modalidade de ensino nace coa intención de non pór trabas ao coñecemento e brindar a oportunidade de formar a persoas do rural e de diversos rangos de idade, xa que en moitos dos casos, polas circunstancias propias da vida neste entorno, moitas das persoas que nel residen non tiveron a oportunidade de formarse en estudos superiores.

Sen moito tardar iremos contando máis sobre a Universidade de Barreiros e daremos conta das “Sementes” a impartir e do prazo de inscrición, pero polo de agora imos centrar todos os nosos esforzos en facer saber a todo o mundo mundial que BARREIROS vai ter unha UNIVERSIDADE!!! Bótasnos unha man para facer que esto o saiba tooooodo o universo?!

(Toda Universidade que se precie debe ter unha imaxe propia, un logo; e para un proxecto coma este que estamos a coidar con tanto mimo, non había ninguén máis indicado que David Ribas Pena para acabar de facelo redondo de todo. GRAZAS!!!)

PRENSA: 14-10-2013 / 15:30 h EFE

La Diputación de Lugo acogió hoy la presentación de la llamada ‘Universidade Rural’ de Barreiros, un proyecto creado por el colectivo cultural ‘Ollomao’, con una oferta “educativa y formativa alternativa”, cuyo programa se divide en “cinco simientes” o áreas de conocimiento, comparables, según sus promotores, “a los grados de las universidades” convencionales.

En la presentación de la ‘Universidad Rural’ participaron el vicepresidente de la Diputación Provincial, Antonio Veiga; el delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro; la presidenta del colectivo cultural ‘Ollomao’, Patricia Rubiños, y la vocal de la asociación, Sandra Novo.

En principio, el programa formativo de la ‘Universidad Rural’ busca que “todas las personas puedan adquirir formación práctica para el desarrollo de su vida, sea cual sea su nivel de estudios y su edad”, explicó Rubiños, y “no dirigido a conseguir una titulación”.

El espacio físico en el que se desarrollarán las actividades formativas son las propias escuelas rurales del municipio, que en este momento carecen de actividad lectiva.

El programa se divide en cinco áreas de conocimiento: Ciencias Sociales, Ingeniería del Medio Rural, Ciencias de la Salud, Comunicación y Opinión Pública y Producción Artística y Publicidad.

Para poner en marcha esta iniciativa, aclaró Rubiños, el colectivo promotor aprovecha el “potencial” de los vecinos de Barreiros y de otras localidades próximas que “alcanzaron un nivel de educación superior o universitaria y disponen de capacidad académica suficiente para transmitir sus conocimientos a aquellas personas” que se inscriban en la ‘Universidad Rural’.

El precio para inscribirse en un área de conocimiento es de que 15 euros por alumno, pero para recibir clases en las cinco la matrícula costaría 50 euros.

Los promotores de la idea afirman que “que es un proyecto que, a pesar de tener en esta primera fase un objetivo a nivel local, tiene vocación de extenderse a más localidades y comarcas”.

Noticias de Barreiros