Cristian García, novo xogador do Praias de Barreiros FS

Cristian García, novo xogador do Praias de Barreiros FS

O conxunto barreirense anuncia a fichaxe de Cristian García Mendez (Barreiros, 03-03-1997. Natural de Celeiro de Mariñaos, Cristian comezou a sua carreira deportiva formando parte dos equipos benxamín e alevín das Escolas Deportivas de Barreiros.

En idade infantil deu o salto ó CD Burela FS, onde permaneceu ata o primeiro ano de xuvenil. A súa etapa no conxunto laranxa estivo plagada de éxitos tanto colectivos como persoais, conseguindo tres títulos de Liga Gallega e unha Copa Gallega. En idade cadete, Cristian proclamouse Campeón de España de fútbol sala coa Selección Galega.

O barreirense destacou en todas as categorías pola súa facilidade para anotar goles, rematando en varias tempadas como máximo goleador. Estas boas actuacións fixeron que se convertise nun habitual nas convocatorias do equipo filial do Burela FS de Terceira División.

Ahora Cristian chega o Praias de Barreiros tras un ano no equipo xuvenil do Iberia C.F. Sen dúbida unha gran aposta de futuro, un dos maiores talentos do concello que agora, aínda en idade xuvenil, terá a oportunidade de demostrar a súa valía na Liga Gallega Norte de fútbol sala.

O directivo Guillermo González foi o encargado de presentar a Cristian e de darlle a benvida ó seu novo clube.presentacionCristianPB