Corenta barreirenses fixeron o pasado sábado a sétima etapa do Camiño Francés

Corenta barreirenses fixeron o pasado sábado a sétima etapa do Camiño Francés, a comprendida entre Ribadiso (Arzúa) e Santa Irene (O Pino). Os camiñantes fixeron 19 quilómetros “cun sol madrugador. Parecía que ía ser unha etapa calorosa, pero debido á lixeira brisa reinante e ao percorrido, que discorreu entre árbores, fíxose ben”, explicou José Manuel Gómez Puente, concelleiro de Medio Ambiente. Este sábado, 17 de xuño, continuará esta peregrinación co treito entre Santa Irene e o Monte do Gozo. E o día 25 faranse os catro quilómetros que separan o Monte do Gozo da Catedral de Santiago. Gómez Puente lembra que “para facer esa última etapa poñeremos un autobús desde o Concello para que veciños e familiares acompañen aos peregrinos”.La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, exterior y naturaleza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *