Convocatoria de Pleno extraordinario

CONVOCATORIA
Conforme ao disposto no artigo 46 da LRBRL, convócase a Vde. á sesión EXTRAORDINARIA, que se celebrará no SALON DE PLENOS MUNICIPAL ás VINTE HORAS E TRINTA MINUTOS (20,30 h.) do día VINTE E TRES DE NOVEMBRO DE 2020 en primeira convocatoria, e dous días despois a mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o qúorum esixido na primeira. Este pleno sustitúe ó ordinario que lle correspondería o día 30 de novembro xa que hai un asunto que non pode esperar a dita data.
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da acta do pleno: ordinario de 28 de setembro de 2020.
3.- Dar conta das Resolucións de alcaldía e das Xuntas de Goberno Local aprobadas a partir do 28 de setembro de 2020 (poden consultarse nos libros correspondente no Gestiona).
3.- Aprobación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable e xustificación da subvención concedida.
4.- Adopción da medida de gratuidade da atención educativa na Escola Infantil municipal para os nenos/as que teñan un segundo irmán/á.
5.- Aprobación do convenio de colaboración marco para a xestión compartida con varios concellos para o servizo de atención temperá no marco da Rede Galega de Atención Temperá.
6.- Finalización da cesión de uso de locais nos edificios a rehabilitar na Praza do Concello e no Teleclube de San Cosme por razóns de interese público.
7.- Apoio á campaña da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular para unha canle Xabarín Club na TVG e máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
8.- Moción do Grupo Socialista con motivo do 25 de novembro, dia internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.
9.- Mocións de urxencia.
10.- Rogos e preguntas.
Barreiros, 18 de novembro de 2020
A Alcaldesa
Asdo.: Ana Belén Ermida Igrexas
DON JOSE ALFONSO FUENTE PARGA DON JOSÉ MANUEL GÓMEZ PUENTE
DON LORENZO PENABAD BOLAÑO DON ALVARO DANIEL NAVIA FERREYRA
DONA Mª DEL MAR SANTE GARCÍA DON ANTONIO VEIGA OUTEIRO
DONA MONTSERRAT PORTEIRO SANCHEZ DON DÁMASO RATOEIRA BASANTA
DON DANIEL GARCÍA FERNANDEZ DONA MARIA CARMEN VEIGA RODRÍGUEZ
Data de notificación: 18 de novembro de 2020