Comunicado da Comisión de Festas de Benquerencia

En nome da Comisión de Festas de Benquerencia, anunciarvos que debido as inclemencias metereolóxicas e unha vez consultada a predicción para mañan que anuncia iguais datos ou peores, a festa da Candelaria 2015 farase no baixo do Canteiro ( como viña sendo habitual anos atrás). O programa respetarase igual habendo Misa ás 13h con procesión ( si o tempo da tregua), a continuación Sesión Vermouth e pola noite a partires das 22:30h Verbena a cargo do Trio D’ Nika e discóteca móvil.
A actuación musical cambiase pola dificultade de meter unha orquestra dentro (pouco sitio, mala acústica…).
Tamén iremos anunciando en breves que por Marzo-Abril faremos unha Verbena como a prevista coa orquesta e carpa como estaba preparado para mañan.
Sen máis so agardar que igualmente nos queirades acompañar nun día de festa por e para o pobo.
E aproveitar para dar as gracias a tod@s @s que dunha maneira ou outra colaborades para que estas festas sigan podendo facerse.
Un saudo
A Comisión de festas.