COMO SE REALIZA UNHA RESERVA DE TÍCKET PARA ACCEDER Á PRAIA DAS CATEDRAIS

200615 Foto xuntanza Barreiros

http://ascatedrais.xunta.es (Página oficial de la Playa, en la que se pueden conseguir las entradas)

UN GRUPO DE HOSTALEIROS BARREIRENSES ASISTIU A UNHA XUNTANZA NA QUE VIRON EN DIRECTO COMO SE REALIZA UNHA RESERVA DE TÍCKET PARA ACCEDER Á PRAIA DAS CATEDRAIS. A CHARLA INFORMATIVA FOI CONVOCADA POLO CONCELLO.

Barreiros, 20 de xuño de 2015. Na Aula Cemit do Concello tivo lugar na xornada de onte unha xuntanza cos hostaleiros de Barreiros “para explicarlles como teñen que facer para conseguir os pases de acceso á praia das Catedrais. O obxectivo é que poidan ofrecer o mellor servizo aos seus clientes ao longo das próximas semanas”, segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor engadiu que “o técnico da Aula Cemit foilles explicando os pasos que teñen que seguir para solicitar os pases. E comprobaron en directo como se fixo a reserva dun tícket”.

A xuntanza foi convocada polo Concello de Barreiros.