COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA NA RÚA QUE BAIXA AO CENTRO SOCIAL

🚧 COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA NA RÚA QUE BAIXA AO CENTRO SOCIAL

▶️ Na mañá de hoxe deron comezo as obras de mellora e humanización desta rúa de baixada ao centro social de San Cosme, onde tamén se atopa o centro de saúde e da acceso ao colexio de primaria e á escola infantil.

🦯🦽 Trátase dunha obra que pretende dotar ao centro de San Cosme dunha zona máis humana na que as persoas teñan espazo seguro por onde camiñar; ampliando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano.

🚦 Durante o período que duren as obras a circulación pode verse afectada temporalmente polo que agradecemos de antemán a comprensión ante as molestias que os traballos poidan ocasionar. 

Ver menos