CLAUSURADOS OS CURSOS DE INTERNET CELEBRADOS NA AULA CEMIT DE BARREIROS

CLAUSURADOS OS CURSOS DE INTERNET CELEBRADOS NA AULA CEMIT DE BARREIROS

Barreiros, 28 de abril de 2017. A Aula CeMIT de Barreiros ven de clausurar os cursos de internet que se viñeron celebrando dende o mes de marzo. Aos mesmos acudiron uns 25 alumnos que aprenderon a buscar información, manexar o correo electrónico, redes sociais, banca electrónica e o dni electrónico para facer xestións coas administracións públicas.

Na vindeira semana comezará na aula un curso de Uso básico de móbiles táctiles. Grazas á Fundación Vodafone e a Amtega, haberá na aula móbiles a disposición dos alumnos que non dispoñan deles para que poidan practicar e seguir as clases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *