CHARLA INFORMATIVA SOBRE A FACTURA DA LUZ NO CONCELLO DE BARREIROS

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A FACTURA DA LUZ NO CONCELLO DE BARREIROS

Barreiros, 12 de setembro de 2019. A Aula CeMIT de Barreiros acollerá este luns, día 16 de setembro, ás 12 horas, a charla “Dálle Luz á Túa Factura”. Con esta xornada preténdese facilitar a cidadanía os coñecementos básicos para comprender a factura eléctrica, como poñer en práctica medidas de aforro, como facer unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar, que tarifas hai no mercado, descontos, axudas e o Bono Social.

A charla correrá a cargo do Instituto Galego de Consumo e terá unha duración aproximada de 1 hora. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través da web cemit.xunta.gal, na propia aula CeMIT de Barreiros ou chamando ao número 666.875.946.