CHAMAN A UN PACIENTE PARA  FACER UNHA RESONANCIA TRAS RECLAMAR E AMEAZAR CON TOMAR MEDIDAS LEGAIS

CHAMAN A UN PACIENTE PARA  FACER UNHA RESONANCIA TRAS RECLAMAR E AMEAZAR CON TOMAR MEDIDAS LEGAIS.

Un paciente ponse en contacto coa Plataforma Sanitaria porque quere que se lle axude a facer una reclamación en Atención ao Paciente .O home padece de dor, inchazón e tumefacción no antebrazo esquerdo dende o mes de xullo deste ano. Acude ao seu médico de cabeceira, que lle pon un tratamento ao que non responde. Por iste motivo acude ao Servizo de Urxencias do Hospital da Costa, do cal sae sen diagnóstico e co mesmo tratamento que lle puxeran no Centro de saúde. O problema persiste , non mellora en absoluto. Derívano a Reumatoloxía  e danlle cita para o 7 de novembro do 2017,  donde lle  piden unha analítica, resonancia e radiografías, máis cítano para ver os resultados e coñecer o seu diagnóstico e establecer un posible tratamento o día 26  de novembro de 2018, máis dun ano despois da sua consulta de reumatoloxía.

Por todo isto presenta una reclamación en Atención ao paciente o día 23 de novembro de 2017,solicitando que se lle axilicen os trámites para diagnosticar e tratar o seu proceso,calificando de inadmisible semellante lista de agarda. Na reclamación, que ten o número de rexistro  2727, o usuario conclúe que de non axilizarse os trámites  tomaranse as medidas legais que considere oportunas.

O día 28 de novembro o paciente recibe una chamada telefónica na que lle notifican que acuda ao hospital o día 29 de novembro a realizar a devandita resonancia.

Desde a Plataforma Sanitaria manifestan que é un escandalo que se esté a adiantar citas a aquel@s pacientes que ameacen con acudir á xustiza , pois a maiores de ser un modo nefasto de administrar asistenza sanitaria resulta inaceptable por pasar por diante de aquel@s que non fan reclamación e agardan para ser vist@s.

A Plataforma Sanitaria esixe á administración que se xestione adecuadamente a asistencia sanitaria , non a golpe de reclamacións senón garantindo que cada proceso patolóxico sexa visto en base a criterios clínicos obxectivos,segundo a súa gravidade e garantindo uns tempos de agarda axeitados,facendo as previsións adecuadas de

persoal que garantan a asistenza sanitaria dacordo ás necesidades. Sinalan tamén que isto non é un caso illado ,é un modus operandi do goberno da Xunta para desprestixiar e desmantelar a sanidade pública co fin de privatizala .Trátase de facer negocio coa sanidade e de reservar poltronas nos consellos de administración dos hospitais privados a modo de portas xiratorias- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *