CERTAME INFANTIL DAS LETRAS GALEGAS 2021

Concello de Barreiros

💙CERTAME INFANTIL DAS LETRAS GALEGAS 2021
➡️A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto coa Biblioteca Provincial de Lugo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convocan o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 (Fase Local)
📚O lema para o concurso deste ano no que se lle rende homenaxe a #XelaArias é: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”
👩‍🏫Como resumo do artigo 31 podemos decir que: Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparcemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.
✍️As follas de inscrición poden recollerse na Biblioteca Municipal e nos colexios do concello.
📑AS BASES:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
A) NARRACIÓNS, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”
B) DEBUXOS, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a ordenador ou a man; neste ultimo caso sempre a bolígrafo e nunca a lápis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
3.- Establecense 3 categorias:
CATEGORÍA A: ata 8 anos
CATEGORÍA B: de 9 a 11 anos
CATEGORÍA C: de 12 a 16 anos
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de maio , debendo de ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL ou nos COLEXIOS DO CONCELLO.
5.- O xurado , formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoria un máximo de tres traballos.
6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Publica de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
☎️Dúbidas? Podes chamar á Biblioteca Municipal (982.124.106) ou enviar un correo a [email protected]
🧒👧Desde aquí animamos a participar a toda esta rapazada que desborda talento a raudais e tan bos resultados acadaron en pasados certames a nivel provincial.
🤩Vamos a deixar voar esa imaxinación!!!