Preto de 160 persoas acudiron ao encontro de ex alumnos, profesores e traballadores do Complexo de Benquerencia, que se celebrou este sábado

Resultado de imagen de Complejo BenquerenciaPreto de 160 persoas acudiron ao encontro de ex alumnos, profesores e traballadores do Complexo de Benquerencia, que se celebrou este sábado. No terreo que no seu día ocuparon estas instalacións arrincou a xornada cunha foto de grupo e a benvida do alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor subliñou “a importancia de celebrar este tipo de encontros para recordar tempos pasados dos rapaces que pasaron por ese centro de ensino, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria”. A xuntanza seguiu cunha visita ao litoral barreirense e á praia das Catedrais, aperitivo, xantar no restaurante La Yenka, en Reinante, e festa durante a tarde. Os organizadores agardan que este sexa o inicio de encontros vindeiros.

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: 8 personas, personas de pie y exterior

https://www.facebook.com/pg/benquerencia/photos/?tab=album&album_id=10155391706668442

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo, calzado y exterior

La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, personas caminando, multitud, cielo, árbol y exterior

Barreiros, 28 de abril de 2017. Un total de 157 ex alumnos, profesores y traballadores do Complexo de Benquerencia, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria, reuniranse mañá, 29 de abril, para recordar esa época no centro.

Da comisión organizadora forman parte Luciano Zubillaga, ex mestre, e Antonio Yáñez e César Polo, ex alumnos. Eles explicaron que “todo está preparado para acoller ás 157 persoas que imos participar. Temos cita ás doce do mediodía para a foto con todos na zona que ocupou no seu día o Complexo de Benquerencia. Despois farase unha visita á praia das Catedrais, a continuación haberá un aperitivo, a comida en La Yenka e despois teremos un pouco de baile”.

Para os organizadores “a primeira impresión é unha alegría inmensa volver xuntarse despois de 40 anos, pois hai xente que en todo este tempo non nos vimos, aínda que outros si. A xuntanza esta faise máis ben precisamente para volver unir eses lazos que había e seguir. Será un día de alegría e de festa”.

Antonio Yáñez dixo que “para min foi o mellor ano da miña vida. Non volvín vivir outra época como aquela e supoño que para a maioría tamén será así”. E César Polo declarou que “eu tiña 14 anos, saín da casa e encontreime con xente de todo Lugo. Supuxo unha certa liberdade por atoparme nun lugar novo, facer novas relacións. Algúns fins de semana íamos para a casa e outros quedabámonos no centro. A partir de aí entre moita daquela xente quedou unha amizade moi grande e aínda perduran a día de hoxe as relacións aínda que con outros foise perdendo o contacto”.

César e Antonio contaron que “isto foi xerado a través dun foro que fixo Luciano en facebook. Xuntámonos catro persoas en decembro do ano pasado e decidimos organizar todo isto. A través de facebook recuperamos outra vez os lazos con todas estas persoas. Nun principio dicíamos que se nos xuntábamos 80 estábamos satisfeitos pero somos o dobre, polo que a convocatoria é un éxito”.

A intención é que despois deste encontro se produzan outros aos que cada vez se sume máis xente: “este primeiro encontro é a base e a partir de aquí seguiremos. E se fas unha boa base a obra ten seguridade, polo que esperamos que isto teña continuidade en anos sucesivos”.

Entre os asistentes a esta cita hai persoas de Barreiros, da Fonsagrada, de Meira, Viveiro, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Trabada, Ribadeo e tamén do Occidente de Asturias, entre outros lugares.

O Concello barreirense colabora cos organizadores deste encontro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *