Celeiro de Mariñaos contará con un parque biosaludable y zona de juegos

Lugo, 9 de xaneiro de 2015. Os veciños e veciñas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, contarán cunha zona de xogos infantís e cun parque biosaludable destinado á realización de exercicio físico por parte das persoas maiores situado a carón das antigas escolas da parroquia. A obra, que é financiada pola área de Benestar Social e Deporte que dirixe o vicepresidente nacionalista da Deputación, Antonio Veiga, comezou hoxe e estará rematada nas vindeiras semanas.

Con esta actuación, que parte dunha solicitude da asociación veciñal desta parroquia, pretende completarse a dotación das antigas escolas de Celeiro como centro social e cultural e como lugar de lecer e esparcemento para a veciñanza. A zona de xogos e exercicio non só beneficiará aos nenos e nenas e ás persoas maiores da localidade, senón que poderá ser usada por veciños e veciñas doutras parroquias.

Esta área de xogos infantís e parque biosaudable instalarase ao carón dos colexios da localidade, un edificio reconvertido agora en centro social da parroquia grazas a outra axuda da Vicepresidencia e do que fan uso diversas asociacións do concello. Este espazo converteuse xa nun dos máis dinámicos do Concello de Barreiros, con actividade de xeito continuado. Entre as actividades que acolle o centro atópase o programa Mo-Vémonos de ximnasia no rural, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación.

Con esta nova instalación, que supón un investimento de 18.356,25 euros, complétase a multifuncionalidade do centro social como espazo social, cultural e de lecer. Esta achega ven a engadirse aos 50.000 euros destinados á rehabilitación do edificio como centro social, polo que o investimento total na creación e dotación deste centro social achégase aos 70.000 euros, que foron aportados na súa totalidade pola Vicepresidencia da Deputación.

Actividades deportivas e espazo comunitario de reunión
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, felicitou aos veciños e asociacións que fan uso deste centro polo seu “dinamismo” e animou “a todos os cidadáns do concello de Barreiros a facer uso deste novo espazo de ocio e de lecer”. A zona de xogos contará con varias instalacións destinadas aos máis pequenos e outras destinadas á realización de exercicio físico e ximnasia de mantemento por parte da poboación en xeral.

Celeiro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *