Celeiro de Mariñaos celebra o 19 e o 20 de agosto a Romería de San Caetano

Celeiro de Mariñaos celebra o 19 e o 20 de agosto a Romería de San Caetano

17-08-16

Un ano máis, a parroquia barrreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a Romería de San Caetano. Será os vindeiros 19 e 20 de agosto a carón da capela homónima. O venres 19 a partir das 21.00 horas poderanse degustar torrezmos e chourizos e disfrutar da música tradicional de CANTOS DE TABERNA, de Mondoñedo e do grupo de gaitas OS LAMBÓNS, e a partir das 23.30 horas actuará o grupo VERSIONS BAND, con temas dos 80 e dos 90.

festa-tortilla-mariñaosO sábado 20 ás 13.00 horas terá lugar a misa e a procesión en honra a San Caetano e seguidamente Sesión Vermútortilla, concurso de tortillas e degustación da Gran Tortilla de San Caetano. Ameniza a charanga VA K PINTA que actuará durante toda a tarde tamén.

Pola tarde haberá xogos tradicionais e o espectáculo de KOTE MALABAR, para nen@s e maiores.

Ás 20.00 horas celébrase o concurso Máster Tortilla, coa elaboración de tortillas en directo no mesmo campo da festa.

Pola noite, verbena co dúo AGUA MARINA e celebraráse o xa tradicional Baile do Farolillo. A festa rematará con unha chocolatada gratuita para tod@s.

Desde a comisión convidan ao público a achegarse un ano máis a esta romaría nesta fermosa paraxe, e nun ambiente familiar e acolledor, nunha romaría que segue conservando o auténtico espírito das nosas festas de sempre.