Archivo de la categoría: Xuventude

O CENTROSOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLE UN OBRADOIRO SOBRE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN

O CENTROSOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO ACOLLE UN OBRADOIRO SOBRE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA NEN@S DE ENTRE 6 E 12 ANOS. SERÁ A PARTIR DO 28 DE OUTUBRO.

Barreiros, 23 de outubro de 2015. A Concellería de Cultura organiza a través da Oficina de Información Xuvenil e da Biblioteca un obradoiro de técnicas de relaxación e concentración dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. O curso desenvolverase do 28 de outubro deste ano ao 31 de maio de 2016, todos os mércores de 17:15 horas a 18:15 horas. A actividade terá lugar no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

As prazas son limitadas así que cómpre inscribirse ata cubrilas na Oficina de Información xuvenil ou na Biblioteca.

Na actividade colabora a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.