Archivo de la categoría: Xunta

Medio Ambiente traballa na redacción do proxecto de mellora da LU-124 desde a A-8 ata Cruz da Cancela

Medio Ambiente traballa na redacción do proxecto de mellora da LU-124 desde a A-8 ata Cruz da Cancela

mapa

Santiago, 8 de agosto de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a redactar dous proxectos de rehabilitación do firme e ampliación da estrada Mondoñedo-Vilameá (LU-124), cos que se mellorará o acceso dos veciños de Riotorto tanto cara a A-8 coma cara A Pontenova. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, comprometeuse esta semana co alcalde de Riotorto a iniciar no vindeiro ano as obras do tramo Lindín – Cruz da Cancela, para facilitar o acceso á autovía.

O obxecto da actuación é completar ata o final da estrada -situado na intersección coa N-640 en Vilameá (PK 29+620)-, a mellora que actualmente leva a cabo a Xunta de Galicia nos primeiros 8,8 quilómetros dende Mondoñedo ata Lindín. O tramo da estrada comprendido entre Cruz da Cancela e Riotorto (PK 15+200 ao 23+100) xa está acondicionado, polo que resta por actuar entre Lindín e Cruz da Cancela, e de dende Riotorto ata Vilameá.

O primeiro treito no que se actuará será o que discorre entre o enlace coa A-8 en Lindín e a glorieta da Cruz da Cancela. Os traballos a realizar consistirán na mellora do firme, co fresado e extensións dunha nova capa de rodadura, así como na realización, dentro da zona de dominio público da estrada, de pequenos ensanches naqueles puntos que se precisen. Estas obras iniciaranse no vindeiro ano.

O seguinte tramo no que se actuará será o que vai dende Riotorto ata Vilameá,mellorando deste xeito a seguridade e comodidade dos veciños de Riotorto ata A Pontenova. Estas obras programaranse unha vez se finalicen os traballos nos primeiros tramos.

Na imaxe indícanse os tramos sobre que se están a desenvolver os dous proxectos construtivos de rehabilitación do firme e ampliación deste vial.

Estas melloras veñen a completar a actuación que na actualidade se está a executar no tramo Mondoñedo-Lindín, obras adxudicadas por un importe de 650.000 euros e que na actualidade se atopan ao 30% do grado de execución.

A Axencia Galega de Infraestruturas ten previsto ademais complementar a actuación con 450 metros de senda peonil á saída de Mondoñedo (PK1+310 ao 1+760), na que se inverterán preto de 60.000 euros.

Con estas obras, axeitadas ao tráfico e requirimentos da estrada, compatibilizarase a mellora do tránsito en condicións cómodas e seguras cunha mínima afección para os veciños e veciñas da zona e dos que utilizan ese tramo para acceder á autovía do Cantábrico. A través deste tipo de actuacións, a Xunta pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios.

La Xunta tramita las reclamaciones por las obras paradas en Barreiros

urbanismoDice que antes del 4 de agosto resolverá sobre la petición de indemnizaciones

JOSÉ ALONSO BARREIROS/ LA VOZ, 25 de marzo de 2015. Actualizado a las 13:43 h. 0

La Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia ha comenzado a enviar a los promotores que han presentado reclamaciones de responsabilidad patrimonial por las obras que no pudieron ejecutar en Barreiros, las notificaciones en las que les informa de que sus solicitudes han sido recibidas y que, en consecuencia, ya se han comenzado a tramitar. En las misivas, que firma Encarnación Rivas, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, se indica que el plazo máximo de resolución del expediente expira el 4 de agosto. En consecuencia, se abre un proceso de cinco meses en el que la Xunta deberá decidir si acepta o rechaza las reclamaciones (que en total, correspondientes a ocho promotores, suman unos 40 millones de euros), o bien abre un proceso de negociación, que es por el que a priori abogan la mayoría de promotores, para evitar, en su caso, pleitear.

En las cartas de la Consellería se indica así: «Poño no seu coñecemento o inicio do expediente con numero de referencia (…), que se tramitará na Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, quen realizará os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos sobre os que debe pronunciarse a resolución ou, no seu caso, o acordo indemnizatorio que poña fin ao expediente. O órgano competente para resolver a presente reclamación é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas».

Uno de los promotores, José Quintas, del Grupo Empresarial Melide, que en total reclama 13,6 millones por dos proyectos que no pudo ejecutar en Barreiros, manifestaba ayer al respecto: «Espero que impere o sentido común e cheguemos a un bo acordo para todos. Todos queremos acabar xa con este asunto, pero o que pedimos é que se faga xustiza. Coa intervención irregular que fixo o goberno bipartito da Xunta (PSOE-BNG), arruinouse a empresas, empresas das que detrás están familias, persoas. Queremos pensar que este goberno da Xunta amosa unha certa sensibilidade con este asunto, porque obter unha reparación que nos rehabilite na nosa actividade empresarial é de xustiza. Por iso estamos en disposición de negociar».