Archivo de la categoría: Vehiculos agricolas

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN BARREIROS OS DÍAS 18 E 21 DE SETEMBRO

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN BARREIROS OS DÍAS 18 E 21 DE SETEMBRO.

Barreiros, 16 de setembro de 2015. O Concello ven de emitir un bando no que informa da presenza da unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas no municipio os días 18 e 21 de setembro. As inspección realizaranse na pista do polideportivo de Benquerencia o 18 de setembro entre as 9 e as 13:30 horas e de 15:15 ás 18 horas e na Rilleira, na explanada xunto á cooperativa, o 21 de setembro no mesmo horario: de nove da mañá a unha e media do mediodía e de tres e cuarto a seis da tarde.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com no apartado correspondente.