Archivo de la categoría: Uncategorized

Centenares de mariñanos tienen vetado entrar en los restaurantes y locales de ocio nocturno

Publicado por Álvaro Vizoso Vázquez 8 min 
Centenares de mariñanos tienen vetado entrar en los restaurantes y locales de ocio nocturno, y a partir de las 21.00 horas a los bares
LAVOZDEGALICIA.ES | POR LA VOZ DE GALICIA
Centenares de mariñanos tienen vetado entrar en los restaurantes y locales de ocio nocturno, y a partir de las 21.00 horas a los bares
Al pie del cañón contra el covid: vacunando el domingo desde las 8.00 horas, mientras los casos suben en Ribadeo (12) y se mantienen en Viveiro (18) y Foz (10

Unha rivalidade que se traslada da praia ao campo

Puede ser una imagen de 2 personas, personas de pie y masa de agua

 Devesa e José Manuel posan coas camisolas de Celta e Iberia. J. Mª ÁLVEZ
Barreiros volve vibrar co partido entre o Celta e o Iberia, os dous equipos da vila, no que se bautizou xa como O derbi das praias

Volve O derbi das praias con máis forza ca nunca. O Cascabeiro recupera este sábado (16:00 horas) o partido que non lle deixou gozar a pandemia. No campo de San Cosme cítanse o Celta Barreiros e o Iberia nun partido cheo de alicientes na bancada e no verde, pola rivalidade municipal, e tamén nos bancos, xa que se verán as caras dous bos amigos de Foz que ata hai dous meses facían tándem dirixindo ao equipo de San Miguel de Reinante.

Trátase de José Manuel Teijeiro, que dirixe ao Iberia, e de Carlos Devesa, que colleu as rendas do Celta Barreiros en setembro. Aínda que ambos confirman que o xa bautizado como O derbi das praias non conta con moitos precedentes debido á traxectoria histórica de ambas escadras, todo fai indicar que vista a experiencia do ano pasado, non vai tardar en converterse, xunto aos xa míticos Lourenzá-Mondoñedo, nun dos grandes partidos da Mariña en canto a público e ambiente.

O último precedente, en xaneiro do ano pasado, xusto antes de estoupar a pandemia, deixara un gran sabor de boca entre afeccións, xogadores e directivas debido á espectacular afluencia de público que se rexistrara nas Valgas para un partido de 2ª Autonómica. Daquela impuxéranse os celestes por 1-2. O encontro de volta xa non se puidera disputar polo covid. Para atopar outro encontro entre ambos había que remontarse á temporada 2011/2012, con vitoria do Iberia e empate.

“Son equipos que se enfrontaron poucas veces porque historicamente o Iberia case sempre estivo en categorías superiores. Eu ao Barreiros recórdoo en Preferente só unha vez cando eu tiña 18 anos e xogaba no Foz. Estaba Siñeiro de presidente, que era unha moi boa persoa e un apaixonado do fútbol que morreu o ano pasado”, rememora José Manuel.

A pesar de non terse dado moitas veces este partido antes, o pique san medrou rápido entre as dúas afeccións. “O Iberia sempre estivo por enriba e coincidiron pouco, pero o ano pasado ao volver estar xuntos en Segunda Autonómica, a xente de Barreiros, creo que emulando un pouco o que pasou no Lourenzá-Mondoñedo, animou a asistir ao partido e recordo un ambientazo na grada con 600 ou máis persoas, nun día moi bo e un partido moi disputado no que ganaran eles, aínda que agora xa teño que dicir nós”, responde entre risas Devesa.

E é que naquel partido de xaneiro do 2020, o banco do Iberia estaba ocupado por José Manuel e Devesa. A chamada do Celta Barreiros en setembro, cando xa iniciaran a pretemporada co Iberia, fixo que se rompera a unión no banco, pero non a amizade. “Axudei a confeccionar o plantel do Iberia, pero chegou unha oportunidade que non podía rexeitar”, explica Devesa.

Ambos valoran a importancia de que a xente volva ao fútbol e o faga nos campos dos equipos máis modestos. “É importantísimo porque para estes equipos ter unha boa taquilla ou sacar cartos cunha rifa é clave. O outro día houbo moi bo ambiente no Cascabeiro porque veu moita xente de Mondoñedo e cunha entrada desas ao mellor libras xa gran parte da temporada”, indica Devesa.

ANOS 90. “Estes derbis recórdanme un pouco a aqueles Foz-Burela ou Viveiro-Xove que se viviron nos 90 na Mariña, onde había moitos porque chegaramos a ter cinco ou seis equipos en Terceira. Hoxe en día, salvo no Mondoñedo-Lourenzá, non hai as entradas de antes. Eu teño incluso un recorte vello dun Mindoniense-Burela no que se recaudaran 753.000 pesetas, que son 4.500 euros agora, pero naquela época estabamos falando de moitos cartos. Creo que é bo recuperar esas rivalidades sas e que a xente se volva enganchar ao equipo do seu pobo”, afirma un José Manuel que asegura que agora goza moito máis co fútbol rexional ou local que co de Primeira.

Sobre como viven este partido os dous planteis, pensan que ambos están sabendo empaparse desta rivalidade. “É certo que no Celta a maioría de xogadores son de Foz, pero xa levan catro ou cinco temporadas aquí, así que xa case o viven máis que os do Iberia, que ao ser máis noviños, salvo Marcos, ao mellor se deixan ir un pouco máis. Aos do Celta gústalles máis que haxa este tipo de vidilla antes do partido“, responde Devesa.

Tendo tantos veciños enfronte, para José Manuel tamén é moi especial. “Concretamente nesta semana non me crucei aínda con ningún, pero sempre se comentan cousas cando sae o calendario e miras cando son os derbis. Iso é o bonito. Moitos xogadores saíron da canteira do Foz, así que con varios coincidín noutros equipos”.

SITUACIÓN DEPORTIVA. No meramente deportivo, o Celta Barreiros chega nunha gran dinámica despois de gañar os cinco primeiros encontros. Mentres, o Iberia está 7 puntos por debaixo, logo de acadar dúas vitorias, dous empates e unha derrota. Pero os derbis son outra cousa. “Este ano o Iberia está intentando xogar moito máis ao fútbol, estano facendo moi ben, mereceron ganar en Cabreiros e en San Cibrao e van estar arriba seguro porque teñen moi bo equipo. Nós teremos que perder algunha vez, pero oxalá non sexa neste derbi. Creo que teñen máis presión eles porque nós imos seguir sendo líderes aínda que perdamos e se ganamos irémonos a dez puntos”, valora Devesa.

Facer cinco de cinco é difícil en calquera categoría e amosa o potencial que ten o Celta Barreiros. Teñen xogadores con experiencia en Preferente e levan moitos anos xogando xuntos. Nós cambiamos o 60% do equipo, temos xente moi nova e necesitamos unha adaptación, pero o equipo está xogando e competindo moi ben. Son optimista e creo que imos acabar entre os catro primeiros porque tanto nos adestramentos coma no vestiario respírase alegría no grupo, algo que se transmite logo aos partidos. Estou moi contento co grupo de futuro que fomos capaces de formar e que espero lle dea moitas alegrías á xente do Iberia”, conclúe José Manuel.

Que Devesa coñeza moi ben a José Manuel e aos xogadores rivais pode ser unha vantaxe, “pero tamén unha arma e dobre fío e José é un estudoso do fútbol e saberá defender o seu terreo perfectamente”, avisa Devesa. O campo ditará sentenza este sábado, pero o importante antes, durante e despois do partido será o ambiente, a convivencia e a festa entre os veciños dun pobo ao redor do deporte.

Amizade
Unha relación que se empezou a forxar desde xuvenís
A José Manuel Teijeiro (Fazouro, 1972) e a Carlos Devesa (Foz, 1973) úneos unha grande amizade. Que nacesen cun só ano de diferenza fixo que xa puidesen compartir equipo en categorías inferiores e desde aquela o fútbol e o fútbol sala vinculáronos en moitas ocasións. “Coincidimos no colexio e xa foramos compañeiros no Lago Deportivo en xuvenís, nun equipo no que xogabamos a Liga Galega e era unha especie de selección porque o presidente, Silvestre Rúa, fichaba xogadores de toda A Mariña e incluso ía buscar xente de Ferrol, Lugo e Asturias. E logo, cando eu tiña 19 anos, volvemos coincidir xogando no Foz en Preferente e dous ou tres despois estabamos os dous en Terceira, el no Mindoniense e eu no Burela”, recorda José Manuel.

Fútbol sala
E non só compartiron vivencias nos campos de fútbol, senón tamén nas pistas de fútbol sala. “Xogabamos xuntos naqueles míticos torneos de verán que había no Campo da Cabana. O noso equipo era o da Chuchi, unha discoteca mítica que había en Foz. Daquela viñan xogar grandes equipos como o Chaston e sempre había un ambientazo espectacular”, relata José Manuel. Logo de compartir tantos momentos como xogadores, estaban destinados a vivir tamén experiencias xuntos nos bancos. E ese paso dérono na campaña 2018/2019. “O Xove fichoume en decembro, co equipo en descenso. E aí Carlos chamoume para ver se me podía botar unha man e conseguimos salvar o equipo e deixalo na zona tranquila. E logo seguimos xuntos no Iberia. Levámonos moi ben e axudoume moito. Fastidioume un pouco que se marchase, pero loxicamente era unha oportunidade que tiña que aproveitar e respéctoo totalmente. As cousas estánlle indo moi ben e alégrome moito por el”, comenta José Manuel. “A do Celta Barreiros era unha oportunidade que non podía deixar pasar e agradézolle ao Iberia que non me puxese ningún problema. Téñolle moita admiración ao meu amigo José Manuel, aínda que sei que non lle gustou moito que me fose este ano”, sinala entre risas Devesa.

Cuatro bomberos de Barreiros se forman en Burgos en rescate en cavidades

Cuatro bomberos de Barreiros se forman en Burgos en rescate en cavidades

Puede ser una imagen de 2 personas Efectivos mariñanos, en una práctica de rescate vertical. EP

Los efectivos integraron una expedición de 60 personas de toda España. En Mondoñedo se encuentra la cueva más visitada de Galicia y de las de mayor profundidad

Cuatro bomberos del parque comarcal de Barreiros estuvieron entre los sesenta rescatadores de diversas partes de España que participaron en unas jornadas teórico prácticas de diseño de protocolo de búsqueda y rescate en cavidades, que se desarrollaron viernes y sábado en la comarca burgalesa de Las Merindades.

La jornada incluyó el desarrollo de talleres de primeros auxilios avanzados y el uso de gases expansivos para desobstrucción, además de la simulación de un rescate vertical y manejo de camilla  de una víctima a una profundidad de menos 150 metros, ejercicios llevados a cabo en el interior de la cueva de la Torca de Morteros.

Unas maniobras que, según los responsables mariñanos, sirven estar mejor preparados en caso de tener que actuar en un rescate en cavidad, pues no hay que olvidar que en la comarca se encuentra la Cova do Rei Cintolo, la más visitada de Galicia y una de las de mayor profundidad, con lo que está bien preparado es vital en caso de accidente, sobre todo teniendo en cuenta que se ha incrementado considerablemente en los últimos tiempo el número de practicantes tanto de espeleología como de montaña y senderismo.

Los bomberos barreirenses, que hará a su vez de formadores de sus compañeros a su regreso, integraron una amplia expedición de personal perteneciente a diversos organismos e instituciones como Unidad de Subsuelo y Protección Ambiental de la Policia Nacional, Sección de Rescate e Intervención en Montaña de la Guardia Civil, Servicio de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento de Toledo, Brigada Central de Salvamento Mienero (Grupo Hunosa), Unidad de Protección Civil y Grupo de Rescate de la Junta de Castilla y León, Servicio Contra Incendios de Albacete, Servicio de Emergencias del Principado de Asturias, Servicio Contra Incendios y de Salvamento de Ciudad Real, Servicio de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento del Alicante. Además de componentes de la Federación Andaluza de Espeleología y el Grupo Espeleológico Edelweiss

Barreiros renovará o abastecemento de auga desde San Cosme aos núcleos de Vilar e Áspera

Barreiros, 16 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de asinar nesta mañá un convenio de cooperación coa área de Medio Rural da Deputación de Lugo que dirixe Mónica Freire para a renovación da traída de auga potable no tramo desde San Cosme aos barrios de Vilar e Áspera.

O proxecto está valorado en 82.823,02 euros; dos que a Deputación aporta 78.681,87 euros e o Concello os 4.141,15 euros restantes. Con estas obras quedaría renovada a tubaxe principal de abastecemento cara á zona norte, subsanando as deficiencias que se deron durante moitos anos na zona comprendida entre o centro de San Cosme e os barrios de Vilar e Áspera.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explica que “o abastecemento existente na actualidade desde o núcleo de San Cosme atópase en dous estados diferentes. Un primeiro tramo que está executado en precario desde hai máis de catro anos, con unha tubaxe ao aire libre que discorre por San Cosme e que non cumpre cos mínimos urbanísticos nin de saúde pública; xa que se trata dun material plástico exposto ás inclemencias meteorolóxicas e polo tanto, ás modificacións que poida sufrir o material polo que discorre a auga potable como consecuencia dos cambios de temperaturas. Un segundo tramo, discorre por tubaxe antiga de fibrocemento que está sometida a continuos cambio de presión en función do consumo e que xera constantes problemas de rupturas e avarías que inciden na calidade do subministro de auga que chega a fogares e explotacións existentes.”

Investimentos no abastecemento de auga.
Deste xeito, quedaría renovada unha das zonas máis problemáticas no que se refire ao abastecemento de auga; sumándose a outras actuacións levadas a cabo noutras zonas, como a mellora no sistema de bombeo da Rilleira que se está a levar a cabo nestes días e que dá servizo a boa parte da zona interior.

O goberno municipal manifestou que “a execución destes traballos decidiuse en base á priorización das necesidades e entendendo que o servizo de auga potable é fundamental para a poboación.”

Neste sentido, sinalan que os investimentos son continuos e que se ten avanzado moito neste aspecto, aínda que a antigüidade das instalacións e o estado das mesmas seguirá requirindo traballar neste eido. “Son investimentos que moitas veces non se ven e que custa que se valoren, mais que entendemos fundamentais para ter uns servizos de calidade e por iso insistimos en realizalos fronte a outros que podían quedar máis vistosos, pero que non resolverían os problemas existentes”, aseguran.

Un tren Feve en la estación de Ribadeo

Puede ser una imagen de tren y al aire libre

Adif quiere mejorar todo el servicio de Feve y su recorrido por la comarca

 Un tren, en la estación de Ribadeo. ARCHIVO
El senador del PSOE César Mogo destaca las inversiones en Barreiros y en As Catedrais

El organismo público Adif tiene previsto realizar diferentes mejoras a lo largo de toda la red de Feve en la comarca y apostarán por mejorar las prestaciones del mismo realizando al mismo tiempo una serie de obras a lo largo de todo el recorrido a nivel de mantenimiento. El senador socialista César Mogo explicó que se muestra especialmente satisfecho de conocer esta intención de Adif “porque precisamente eu empecei a preocuparme pola situación da liña de vía estreita e foi unha alegría cando vin que se incluía unha partida de máis de quince millóns nos orzamentos para o 2022 para traballar ao longo dela entre Ferrol e Ribadeo”.

Mogo indicó que en este momento se encuentra en proceso de redacción la renovación de la vía en diferentes puntos y explica que por lo que pudo conocer directamente de Adif “no tocante á Mariña son bastante optimista porque indican que non necesita grandes remodelacións”.

PUBLICIDAD

Señala que aunque sí hay zonas en las que son necesarias mejoras porque se produjeron algunos desprendimientos, sobre todo durante ciertos episodios concretos de mal tiempo, en general el estado de la vía no requiere inversiones muy elevadas.

Como ejemplo de ello pone que algunas de las labores que se contemplan son de desbroce de los taludes existentes “que aínda que desde logo é algo que hai que facer porque é imprescindible, está claro que non son uns traballos que impliquen uns investimentos desmesurados”.

Pero Mogo sí adelanta que serán importantes las inversiones que se lleven a cabo tanto en Ribadeo como en Barreiros. En ambos municipios se construirán nuevos apeaderos. En el caso de Barreiros será en San Cosme para sustituir al actual y hacerlo en una zona más accesible y más próxima al núcleo de población.

En Ribadeo será frente a la playa de As Catedrais y su funcionamiento estará enfocado sobre todo a los periodos en los que hay una mayor afluencia de visitantes en el arenal, que se centran en el verano y la Semana Santa, aunque también en otras épocas vacacionales y en algunos puentes.

“Alégrome porque sempre lle vin potencial ao tren”

El senador socialista dice estar contento de que Adif tenga en cuenta el tren de Feve en la comarca mariñana y planifique su reforma y su mejora “porque o certo é que eu sempre lle vin potencial a esa liña”. Recuerda que “eu fun un usuario moi precoz do tren, que usaba moi a miúdo cando era novo” y por eso es consciente de que “o seu percorrido é fantástico e pasa por unha serie de zonas que son realmente preciosas e ofrecen outro punto de vista da costa da Mariña que, viaxando por calquer outro medio, resulta imposible de ver”.

Los presupuestos. En referencia a la tramitación que seguirá a partir de ahora, Mogo dice que “aínda lle queda traballo por diante, pero o importante é que iso está presupostado, que é o máis importante. Ter unha garantía de que haberá soporte económico para o que se queira facer e iso xa o temos”.

O vindeiro MARTES 16 DE NOVEMBRO DE 2021 vai realizarse un corte no subministro de auga

https://actualidadbarreiros.info/barreiros/esquelas/defunciones/

Puede ser una imagen de texto que dice "CONCELLO DE BARREIROS Servizo municipal de augas ANUNCIO o vindeiro MARTES 16 DE NOVEMBRO DE 2021, ao obxecto de realizar melloras no abastecemento municipal, vai realizarse un corte no subministro de auga que se iniciará ás 23.00 horas e que se prolongará durante un tempo aproximado de 7 horas (ata as 6.00 horas, aprox.) Este corte no servizo afectará aos barrios da RILLEIRA, SAN XUSTO, CABARCOS, GONDÁN VILAMAR. Pregamos desculpen as molestias que esta interrupción poida ocasionar."
❌💧 O vindeiro MARTES 16 DE NOVEMBRO DE 2021, ao obxecto de realizar melloras no abastecemento municipal, vai realizarse un corte no subministro de auga que se iniciará ás 23.00 horas e que se prolongará durante un tempo aproximado de 7 horas (ata as 6.00 horas, aprox.)
⚠️ Este corte no servizo afectará aos barrios de:
📍 A RILLEIRA
📍 SAN XUSTO
📍 CABARCOS
📍 GONDÁN
📍 VILAMAR
Pregamos desculpen as molestias que esta interrupción poida ocasionar.

Comedor Escolar de Barreiros

Puede ser una imagen de árbol y al aire libre

ℹ O CONCELLO DE BARREIROS GARANTE A CONTINUIDADE DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE SAN COSME

As familias pasarán a aportar cotas de entre 0 e 4,5€ segundo a renda.

A Xunta aporta 2,5€ por día e nena ou neno e o Concello asume os custos de comida e material, persoal e de cociña, elaboración de menús e seguros.

➡️ Barreiros, 12 de novembro 2021. O Concello de Barreiros pasa a xestionar o comedor escolar do colexio público de San Cosme para dar continuidade a un servizo que ata o de agora viña prestando a ANPA deste centro e que neste curso non se puido facer cargo polo alto custo e dedicación e dispoñibilidade que conlevaba.

Este servizo complementario ao educativo, e dependente da Consellería de Educación, non se presta desde a Xunta, alegando o baixo número de alumnas e alumnos. Foi esta razón, e tras a petición da ANPA dado o problema que se podería crear para o alumnado, as familias e o propio centro de desaparecer o servizo, polo que o concello decidiu asumir a xestión.

O Concello de Barreiros afrontará os custos do servizo, como os menús, o servizo de cociña, de persoas coidadoras, seguros ou investimentos en cociña ou no propio comedor.

Con este cambio na xestión, implementarase tamén o sistema de cotas que se aplica nos comedores públicos en base ao que as familias aportan entre 0 e 4,5€ día en función da renda familiar.

Ademais, o Concello contará con un convenio de colaboración da Consellería, aprobado no Consello da Xunta de onte, polo que a administración galega aporta 2,5€ por nena ou neno e día que usen o servizo.

Neste sentido, a rexedora barreirense, Ana Ermida, considera que “é unha boa nova que se poida manter o servizo do comedor, aínda que iso supoña un esforzo do Concello para prestar un servizo que non lle é propio; mais que entendemos beneficioso para a comunidade escolar e para os servizos que se prestan en pequenos concellos rurais.” A alcaldesa pon de relevo a implicación e a relevancia dos Concellos para que “exista a menor diferencia posible entre as persoas con independencia de onde residan, porque o certo é que cada día é máis complicado manter servizos no rural e acaba recaendo sempre sobre as institucións municipais que, por responsabilidade e convencidas da utilidade dos servizos públicos, asumen a súa prestación mesmo en casos que non dependen delas.” 

Ver menos

Piden siete años para un hostelero que vendía droga en su local de Barreiros

Piden siete años para un hostelero que vendía droga en su local de Barreiros

 Imagen de archivo de la Audiencia Provincial Lugo. PEPE TEJERO
El hombre regentaba un bar en Vilama

La Fiscalía pide siete años de cárcel para un hostelero mariñano que está acusado de traficar con drogas en el bar que regentaba en el lugar de Vilamar, en el municipio lucense de Barreiros.

La causa por un delito contra la salud pública, que procede del Juzgado de Instrucción número 2 de Mondoñedo, será juzgada este miércoles, día 10 de noviembre, en la Audiencia Provincial de Lugo.

PUBLICIDAD

Los hechos que serán juzgados se remontan al año 2019, cuando agentes de la autoridad comprobaron, después de realizar las correspondientes pesquisas, que el sospechoso estaba vendiendo droga, concretamente cocaína, en el bar que regentaba en Vilamar.

En el registro que realizó la Guardia Civil, en octubre de ese año, fueron intervenidos 54 gramos de cocaína y casi un kilo de cannabis, droga que hubiese alcanzado un valor en el mercado negro próximo a los 8.000 euros.

Se da la circunstancia de que el procesado ya había sido condenado previamente por tráfico de estupefacientes por la las audiencias provinciales de A Coruña y Pontevedra.

El fiscal, además de la pena se siete años de cárcel, pide para el acusado una multa de 15.873 euros.