Archivo de la categoría: Turismo

PROCESO DE SELECCIÓN PARA 1 TÉCNICO/A DE TURISMO

ℹ️PROCESO DE SELECCIÓN PARA 1 TÉCNICO/A DE TURISMO
➡️No día de hoxe faise pública a listaxe de persoas admitidas e excluídas para as probas de selección de persoal para a contratación temporal mediante concurso-oposición de un posto de técnico/a de turismo, financiado a través da liña de Fomento do Emprego o do Plan Unico de Cooperación cos Concellos para o ano 2020 da Deputación Provincial de Lugo.
⏳Os aspirantes excluídos dipoñen dun prazo de tres días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste acordo na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do concello, para poder enmendar o defecto que motivou a súa exclusión.
👁Ver a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as 👉 https://bit.ly/33yIOco

PROCESO DE SELECCIÓN PARA 1 TÉCNICO/A DE TURISMO

PROCESO DE SELECCIÓN PARA 1 TÉCNICO/A DE TURISMO

Taboleiro Electrónico

Data de publicación:
martes, 10 Novembro, 2020 – 09:32

Iníciase o proceso selectivo para 1 Técnico/a de turismo como persoal laboral temporal no Concello de Barreiros ao abeiro do programa de Fomento do Emprego incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección poden atopar toda a información, así como a documentación a presentar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Barreiros ou directamente dende a seguinte ligazón : Proceso selectivo Técnico/a Turismo

O prazo para a presentación de solicitudes (10 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOPLugofinaliza o día 24 de novembro (inclusive).

BARREIROS CONTRATARÁ PERSOAL TÉCNICO DEPORTIVO E DE TURISMO

BARREIROS CONTRATARÁ PERSOAL TÉCNICO DEPORTIVO E DE TURISMO

Barreiros, 30 de xuño de 2020. O Concello de Barreiros contratará, ao abeiro da subvención que lle corresponde do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, dúas persoas técnicas para coordinar labores deportivas e turísticas no municipio.

Os postos que se convocarán nas vindeiras semanas serán por una duración de nove meses e coa contratación dese persoal pretenden “sentar as bases de proxectos de futuro tanto en materia deportiva como turística.”

O edil de dinamización sinala que “a COVID-19 veu modificar as vidas e tamén as dinámicas que se teñen que desenvolver nos concellos. Por iso, haberá que estruturar as actuacións que se leven a cabo nestas áreas para adaptalas ás restricións que poidan xurdir da situación de emerxencia sanitaria.”

O persoal de turismo traballará na elaboración e coordinación dun plan de dinamización turística no que se lle dará participación a todo o sector “para aproveitar sinerxias e potencialidades que existen no noso concello e que deben repercutir no beneficio xeral.”

No caso do persoal de deportes, explican que “se destinará a coordinar tanto as actividades deportivas de base en forma de escolas deportivas, como as actividades físicas para persoas adultas.” O Concello potenciará as disciplinas existentes e ofertará outras novidosas como o surf, en colaboración con entidades da zona.

Dani García sinala que farán un esforzo por priorizar o fomento de disciplinas ao aire libre, como poden ser o atletismo ou o ciclismo, onde ademais de fomentar a vida saudable, se fomenta o respecto e coidado do territorio.

O GOBERNO DE BARREIROS ACADA O COMPROMISO DO MINISTERIO DE FOMENTO PARA A CONSOLIDACIÓN E POSTA EN VALOR DO XACEMENTO DE A RODA

O GOBERNO DE BARREIROS ACADA O COMPROMISO DO MINISTERIO DE FOMENTO PARA A CONSOLIDACIÓN E POSTA EN VALOR DO XACEMENTO DE A RODA.

Trasladaron tamén a necesidade de revisar a previsión de accesos ao polígono barreirense desde o enlace da A8 e a A74 e a posibilidade de cooperación na construción da depuradora en San Miguel.

Barreiros, 24 de outubro de 2019. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, desprazáronse no día de hoxe a Madrid; onde mantiveron reunións con responsables dos Ministerios de Fomento e Transición Ecolóxica para trasladar cuestións de interese para o municipio barreirense.

O executivo local valora moi positivamente os encontros mantidos cos responsables ministeriais, onde acadaron o compromiso do Ministerio de Fomento de actuar no xacemento de A Roda para a súa consolidación e posta en valor coordinadamente co departamento de Patrimonio Cultural da Xunta, con cuxos responsables xa mantivo conversas a mandataria municipal.

“Temos a obriga de pular pola protección e a posta en valor do patrimonio cultural do noso concello. E neste caso, temos a sorte de contar en Barreiros con un xacemento moi singular e situado en terreos do Ministerio de Fomento, no que ademais existe interese arqueolóxico por parte do servizo galego; polo que sería irresponsable non ter a iniciativa  para xestionar actuacións que redundan en beneficio do concello e que nos permitirá divulgar e promocionar un xacemento senlleiro”, declarou Ana Ermida.

O compromiso do Ministerio de Fomento foi claro á hora de asegurar a intervención baixo as directrices do servizo competente da Xunta de Galicia, polo que se iniciarán os contactos para a execución dos mesmos.

Os accesos ao polígono, volverán a poñerse enriba da mesa.

O goberno barreirense tamén trasladou a necesidade de que se recolla a previsión de conexión do polígono de Barreiros co enlace da A8 e a A74, para aproveitar o potencial do mesmo e garantir a mellor comunicación posible. Carmen Veiga explica que “desde o Ministerio comunicaranse coa demarcación de estradas en Galicia para que se manteñan conversas co consistorio para tratar de solventar tecnicamente as deficiencias que poidan existir.”

Estudarase a prioridade de actuacións autonómicas para a posibilidade de finanzamento da depuradora de San Miguel.

Na reunión mantida con responsables do Ministerio de Transición Ecolóxica,  adquiriuse o compromiso de trasladar a demanda barreirense aos departamentos implicados na execución do plan hidrolóxico Galicia Costa, así como de estudar a prioridade da actuación a nivel autonómico para poder valorar unha colaboración interadministrativa; así como a posibilidade de implicación da administración estatal no finanzamento das obras necesarias.

Desde o goberno municipal consideran “moi importante” ter mantido esta reunión, xa que “nos sitúa nunha boa posición de inicio, con todas administracións ao corrente das necesidades e co compromiso de tirar na mesma dirección para poñerlle solución a un problema que se arrastra desde hai moitos anos.”

A alcaldesa puxo en valor o feito de ser recibidas polo departamento ministerial e sinala que “na dirección xeral da auga, Barreiros estivo ao mesmo nivel que executivos autonómicos que hoxe tamén estaban sendo recibidos por responsables ministeriais. Trátase de situar a Barreiros no mapa e poñelo no centro das políticas e nas prioridades á hora de cubrir os servizos para as veciñas e veciños”, sinala. Nese sentido, o goberno municipal asegura que seguirá “petando a todas as portas e facendo todas as xestións necesarias para acadar unha solución ao problema da depuración de augas residuais en Barreiros.”

La oficina de turismo de Barreiros se muda al centro

La alcaldesa determinó ampliar su horario, que será de 9.30 a 14.30 horas

La oficina de información y turismo del Concello de Barreiros tiene nuevo local. Pasa a estar ubicada en el centro sociocultural, junto a la oficina de información xuvenil y, además, amplía su horario, que a partir de ahora será de nueve y media de la mañana a dos y media de la tarde.

La alcaldesa, Ana Ermida, explicó este cambio en el último pleno del Concello de Barreiros donde indicó que con esta redistribución se gana en atención al público porque en ese local hay dos personas del Ayuntamiento trabajando que pueden atender a la gente que llegue, en mejores condiciones que antes y con una mayor amplitud horaria.

También avanzó que de cara a años sucesivos tratará de potenciar este servicio “pero de momento non puidemos facer máis”.

O GOBERNO DE BARREIROS CONVOCA AO SECTOR TURÍSTICO A UNHA XUNTANZA PARA TRASLADAR INFORMACIÓN E PLANIFICAR ACTUACIÓNS

O GOBERNO DE BARREIROS CONVOCA AO SECTOR TURÍSTICO A UNHA XUNTANZA PARA TRASLADAR INFORMACIÓN E PLANIFICAR ACTUACIÓNS

A reunión, aberta a calquera persoa do sector, será mañá martes, ás 17:30 horas no Centro Sociocultural de San Cosme.

Barreiros, 29 de xullo de 2019. O goberno municipal de Barreiros convoca para mañá martes 29 unha reunión co sector hosteleiro e turístico para tratar cuestións de interese para o sector e analizar futuras actuacións que se poidan levar a cabo de xeito colaborativo.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “a pesares de que sabemos que non é a mellor época para o sector polo nivel de traballo que teñen, consideramos oportuno convocar esta xuntanza para trasladarlles información de interese que deben coñecer para a súa actividade.”

Desde o goberno queren trasladar a importancia que o sector turístico ten nun concello coma Barreiros, por iso organizaron unha primeira xuntanza para poñer en conxunto ideas e proxectos que se poidan levar a cabo para mellorar na promoción turística de Barreiros.

 “O feito de que se acabe de conformar o novo goberno municipal supón que non se puidera abordar a tempada de verán con antelación, pero a intención deste goberno é emprender unha relación de colaboración e comunicación co sector turístico, xa que é un piar fundamental a nivel económico en Barreiros”, explican.

Entre os temas dos que o goberno municipal informará na reunión atópanse o funcionamento do punto de información turística e outros servizos municipais ligados á tempada de verán ou a situación de instalacións temporais.

NAVA CASTRO, A DIRECTORA DE TURISMO DE GALICIA, VISITOU HOXE BARREIROS

NAVA CASTRO, A DIRECTORA DE TURISMO DE GALICIA, VISITOU HOXE BARREIROS. XUNTO AO ALCALDE E AO CONCELLEIRO DE OBRAS ACHEGOUSE AO PASEO DAS PRAIAS E Á ZONA ONDE ESTÁ O POSTO DE PRIMEIROS AUXILIOS.

La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie, barba y exterior La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie, cielo, calzado, niños, océano, árbol, nube, planta, exterior y naturaleza La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie, océano, cielo, playa, niños, nube, exterior, agua y naturaleza

Barreiros, 11 de maio de 2019. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe Barreiros. Xunto ao alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, achegouse ata a praia de Coto. Volverá cando rematen as obras de mellora do albergue de Gondán.

O rexedor explicou que “hoxe recibimos a visita de Nava Castro para coñecer o paseo das praias e a zona onde está situado o posto de primeiros auxilios. Veu ratificar ese apoio que existe desde a Xunta e desde Turismo de Galicia a Barreiros, un concello eminentemente turístico e ao mesmo tempo ratificar a subvención de 24.000 euros que acabamos de recibir para a sinalización, entre outras cousas, de dúas rutas. Por unha banda, a zona de praias, e por outra a entrada e saída do Camiño de Santiago”.

Fuente Parga engadiu que “tamén estivemos a falar do investimento que se está a realizar, a través do obradoiro de emprego, no albergue de peregrinos. Nava Castro me confirmaba que fará outra visita ao remate desas obras de remodelación que estamos a realizar en Gondán”.

A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a Fitur 2019

A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a
Fitur 2019, na cal se deu cita con oito axentes do sector turístico.
Xornada e media estiveron en Fitur as persoas representantes da asociación de Hostelería de Barreiros, curta pero intensa visita que o colectivo, de apenas medio ano de andadura, valora moi positivamente.
Con motivo desta visita elaboraron tarxetas e un sinxelo folleto que tiña como única finalidade
dar a coñecer a existencia da asociación e sinalar e localizar Barreiros no mapa. Este material promocional foi esencial para os encontros realizados con axentes do sector turístico, que
finalmente foron máis dos marcados inicialmente.
A asociación deuse cita con axencias minoristas que traballan como emisoras, e que fan chegar á Mariña Lucense grupos ou persoas particulares baixo a experiencia paquetizada. Tamén a
maioría das contactadas traballan co Camiño de Santiago e máis particularmente co Camiño
Norte, as cales precisan do sector hostaleiro para contratar pernoctas en aloxamentos privados debido a que non é posible a realización de reservas en albergues municipais,
segundo transmiten. A maioría das contactadas comentaron que cando se dan fins de etapa en Barreiros se contratan hospedaxes en Ribadeo, o que supón trasladar aos peregrinos a unha
localidade anterior pola cal xa pasaron, e que descoñecían a existencia de establecementos de aloxamento de semellantes características nun radio de distancia menor. A entender da
asociación, esta é unha cuestión que está claramente desaproveitada para os establecementos barreirenses e que supón unha oportunidade de negocio. Explorar a posibilidade de poñer en
alza o Camiño do Mar, Ribadeo-Ferrol pola costa, e referenciar a existencia de establecementos asociados que se atopan no trazado oficial do Camiño Norte foron outras das cuestións trasladadas.
En canto ás experiencias paquetizadas, que incluirían ademais de actividades, xantar, cea e aloxamento, as axencias contactadas dispoñen xa de algún plan tipo adaptable ou xa aplicado
á Mariña Lucense, mais non estaban a traballar con ningún establecemento de Barreiros.
Neste sentido, a asociación hostaleira considera preciso aproveitar como oportunidade o auxe que está a ter a Mariña Lucense como xeodestino, trasladando ás axencias interesadas un
dossier detallado dos recursos dispoñibles no concello barreirense que fagan máis cómoda e práctica a estadía do turista, e polo tanto, sexa esta unha alternativa máis “vendible”. Entre estes recursos deberán estar a relación de establecementos asociados e as particularidades de cada un para encaixar as diferentes demandas.
Outro dos encontros mantidos tivo lugar cunha cadea de aloxamentos independentes que operaran baixo un mesmo paraugas de venta, con axencias maioristas e minoristas, o que multiplicaría as opcións de reservas. Esta mesma idea de aumentar o número de pernoctas mediante o emprego dun sistema de distribución das habitacións nos buscadores de reservas na rede, é o ofertado por outra das empresas coas que tamén se estableceu contacto.
Finalmente tivo tamén lugar unha conversa cunha Central de Reservas de Restaurantes para grupos concertados, o que ao traballar sobre demanda facilita o beneficio e organización de
dito servizo.
Con todas as entidades contactadas se acordou, por ambas dúas partes, compromiso a manterse en contacto nos vindeiros días, coa finalidade de valorar posibles acordos nun futuro próximo. O feito de asistir e presentarse como asociación, é dicir, como unidade e cun
considerable número de establecementos asociados, foi moi ben valorado polas entidades contactadas xa que facilita a consecución de acordos e aumenta as posibilidades de oferta para as axencias, ao tempo que para os establecementos pode resultar ventaxoso debido a que as cotas ou comisións precisas para a colaboración poden ser negociables e polo tanto, inferiores.
Castilla y León, Euskadi, Cantabria e Asturias foron stands visitados polas persoas representantes da asociación en Fitur para obter información de axencias emisoras coas que poder establecer contacto; e do mesmo xeito, Galicia, por medio do Clúster de Turismo, mais neste caso para coñecer axencias receptoras. Polas proximidade destes lugares con Barreiros estímanse como posibles orixes de turistas que desexen realizar pequenas estadías de 2 ou 3
días, o que contribuiría a limar a tan complicada estacionalización do turismo da zona.
A asociación de Hostelería de Barreiros prevé manter nos vindeiros días unha xuntanza para a posta en común desta visita, valorar colaboracións e plantexar novas accións en eventos de semellantes caracter