Archivo de la categoría: Teatro

Ollomao pon en marcha este sábado “A Lanterna Máxica”

Ollomao pon en marcha este sábado “A Lanterna Máxica”, un obradoiro de literatura, teatro e cinema para nenas e nenos.

Barreiros, 19 de xaneiro de 2015. Este sábado 23 de xaneiro ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión de portas abertas para coñecer o obradoiro.

Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.

Esta actividade deseñada nesta ocasión para a participación de público infantil, preferentemente de entre 6 e 12 anos, está pensada para que as nenas e nenos por medio do xogo coñezan e comprendan textos literarios galegos e o contexto dos mesmos, para tamén por medio do xogo aprender a interpretalos e finalmente adentrarse no mundo do audiovisual sendo protagonistas dunha historia.

“A Lanterna Máxica” será presentada este sábado, 23 de xaneiro ás 16:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Posteriormente haberá unha sesión de portas abertas á que poden quedar todas as nenas e nenos que desexen coñecer a actividade, tanto de Barreiros como de outros concellos. Só no caso de asistir ás vindeiras sesións, dúas por mes dunha duración de tres horas cada unha, procede o abono do cota mensual de 10€ por participante, non debendo abonar ningún coste no caso de asistir únicamente á sesión de proba deste sábado.

Para asistir á primeira clase de “A Lanterna Máxica” non é preciso inscribirse previamente, máis en calquera caso dende Ollomao agradécese coñecer a intención daquelas nenas e nenos que desexen asistir para ter unha previsión da participación.

Para máis información, dende o colectivo barreirense habilitan dúas canles de contacto,  [email protected]. Para coñecer o proxecto de “A Lanterna Máxica” pode consultarse a páxina de Facebookhttps://www.facebook.com/alanternamaxica.

A Rabela (de Baralla), o próximo Domingo en San Cosme

ESTE DOMINGO, 24 DE XANEIRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS A PARTIR DAS SEIS DA TARDE.

Barreiros, 19 de xaneiro de 2016. Este domingo, 24 de xaneiro, haberá teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ás 18 horas o grupo A Rabela, de Baralla, porá en escena a obra “Balbina a adiviña”.

A cita está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil.

 

A SESIÓN TEATRAL EN BENEFICIO DA ASOCIACIÓN RING 14 ESPAÑA

O GRUPO PICO DO CASTRO LEVA A SUA OBRA O CONSULTORIO O DÍA 13 DE DECEMBRO AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS. A SESIÓN TEATRAL VAI EN BENEFICIO DA ASOCIACIÓN RING 14 ESPAÑA.

Barreiros, 4 de decembro de 2015. O grupo teatral Pico do Castro ofrece o vindeiro 13 de decembro ás 19 horas no Centro Sociocultural de Barreiros unha sesión teatral en beneficio da asociación Ring 14 España. A obra escollida para a ocasión é O consultorio e a entrada custa 3 euros.

As entradas están a disposición dos interesados nos locais Cervecería Abadía (Mondoñedo), Bar O Pipote (Lourenzá), Bar Lozano (Celeiro de Mariñaos), Cafetería Centro Social (Barreiros), Bar El Último Cuplé (San Miguel de Reinante), Restaurante El Huerto (Ribadeo), Hostal O Norte (Foz) e Bar O Chícaro (Foz).

Esta sesión de teatro está organizada pola asociación Ring 14 España, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da asociación cultural Pico do Castro.

Teatro Barreiros

Este domingo, Marionetas Trécola estará no Centro Sociocultural de San Cosme

Este domingo, Marionetas Trécola estará no Centro Sociocultural de San Cosme, para poñer peche ao Mes do Teatro de Ollomao.

“As Tres Raíñas Magas” é o espectáculo que estará este domingo, 22 de novembro ás 18:00h. no Centro Sociocultural de San Cosme.

A peza, de Marionetas Trécola está dirixida para todos os públicos, especialmente indicada para as pequenas e pequenos da casa, aínda que moi apropiada tamén para público adulto.

Esta actividade dá peche ao Mes do Teatro do Colectivo Cultural Ollomao que durante catro fins de semana rotou diferentes pezas por varias das parroquias barreirenses. A entrada, ai igual que nas dúas ocasións anteriores, terá un prezo de 2 euros.

Metátese Teatro, este domingo nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.

Metátese Teatro, este domingo nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.teatro

O proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo en colaboración co Colectivo Cultural Ollomao trae a Celeiro de Mariñaos a obra “A gran final” do grupo Metátese Teatro de Palas de Rei.

A función terá lugar o domingo 15 de novembro ás 20.00h. nas antigas escolas, cun coste de 2€ por persoa. A peza, dirixida a todos os públicos, mistura o humor e a retranca abordando a temática do deporte profesional, a competición, as grandes estrelas, fracasos e soños.

Esta actividade encóntrase dentro do ciclo de actuacións teatrais programado polo colectivo barreirense para o mes de novembro, tras a estrea da peza “Noite de Reis” do grupo de teatro de Ollomao. Coa finalidade de descentralizar as actividades que se organizan, as obras de teatro son levadas a diferentes parroquias do Concello. Na vindeira semana, a cita será no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros cunha función de Chimchiribote Marionetas para público infantil.

Escena da obra “A gran final”, de Metátese Teatro.

O GRUPO TEATRAL A ADALA REPRESENTA A SÚA OBRA SEN SEU AMOR

O GRUPO TEATRAL A ADALA REPRESENTA A SÚA OBRA SEN SEU AMOR O DOMINGO, 8 DE NOVEMBRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO DE BARREIROS.

Barreiros, 3 de novembro de 2015. O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, levará este domingo, 8 de novembro, a súa peza Sen seu amor ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

A representación, que comeza ás 18 horas, está organizada pola Concellería de Cultura e forma parte do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado pola Deputación de Lugo.

Ollomao, con «subidón» tras escenificar a Shakespeare

Ollomao, con «subidón» tras escenificar a Shakespeare

YOLANDA GARCÍA03 de noviembre de 2015.

Escena de una obra de Sarabela Teatro.AMPLIAR IMAGEN

FOTO MIGUEL VILLAREscena de una obra de Sarabela Teatro.

1Ollomao está de «subidón», por partida doble. El grupo de teatro del colectivo cultural de Barreiros acaba de representar a un gran clásico de la escenografía como es Shakespeare (eligieron Noite de Reis para su última superproducción) y hacerlo con éxito de público en el estreno, el pasado sábado en San miguel de Reinante, cuyo pabellón de los colegios tuvieron que transformar en teatro para una obra de envergadura, ensayada durante más de un año. Alrededor de medio millar de personas la disfrutaron. «Estamos encantados -decía ayer Ramón Casas, director- porque todo resultou moi ben. Había os nervios xustos e recibimos moitas felicitacións, así que estamos de subidón». Tamara Rubiños, presidenta de Ollomao, compartía la misma euforia: «Nos temos que quedar en que este é un proxecto que fai comunidade, é un traballo colectivo. A xente nos viña a dicir ?¿en que che boto unha man??». «É un logro», finalizó satisfecha.

Más teatro en Viveiro

2Es importante que los niños también amen el teatro. A ello contribuyen espectáculos infantiles como el que este sábado 7 llegará al Pastor Díaz en Viveiro, a las 18.00. Se trata de la comedia O último dragón, de Sarabela Teatro.

Pàmies en Vegadeo

3Tras el tirón de su última conferencia en A Mariña, en Ribadeo, es todo un lujo que Josep Pàmies, agricultor catalán, gran defensor de la fitoterapia e introductor de la estevia en España, autor de Una dulce revolución, vuelva a la zona. Mañana hablará desde Vegadeo (Casa de Cultura, 20.30) de «Las plantas y la salud».

Libro de Aurora García

4Aurora García Rivas ha dado en varias ocasiones a conocer su novela histórica Catalina de Santisso y hoy, martes 3, repite, en la Casa de Cultura de Vegadeo, con el edil de Cultura Abel Pérez y Servanda García. A las 19.30 horas.

Ribadeo anima a leer

5Qué bello es vivir es el título de una película famosa, que se podría reconvertir en el siguiente: ¡Qué bello es leer! Al placer de la lectura animan clubs creados en la comarca. Un ejemplo lo tenemos en Ribadeo, a través de la Agrupación Cultural Francisco Lanza. Avisa a sus miembros que el libro elegido para esta ocasión es Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor 2014. En la Biblioteca Pública El Viejo Pancho están los ejemplares, de cara a la próxima reunión. Precisamente, el escritor presentará su obra en Ribadeo el próximo día 20 en un acto público que tendrá lugar en el espacio de Casa das Letras.

Shakespeare a lo grande con Ollomao hoy en Barreiros

Shakespeare a lo grande con Ollomao hoy en Barreiros

20 actores representarán el nuevo montaje de este clásico, Noite de Reis, tras un año de trabajo (San Miguel, 20.30)

YOLANDA GARCÍABARREIROS / LA VOZ, 31 de octubre de 2015

Noite de Reis, de William Shakespeare, ha sido la obra elegida por el grupo teatral de Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros para llevar a cabo su segunda superproducción, en la que participan más de 20 personas que han dedicado más de un año a ensayos y preparativos. Todo, para que hoy esté a punto el gran estreno, que será a las 20.30 horas en el pabellón de los colegios de San Miguel, con entrada a la venta al precio de 4 euros.

«Temos un hándicap importante á hora de facer teatro en Barreiros -señala Tamara Rubios, quien preside Ollomao- que é o feito de non contar cun teatro, auditorio ou casa da cultura equipado e adaptado ás necesidades dunha obra desta envergadura, o que nos obriga a montar de cero un auténtico teatro, con escenario, caixa negra, lucese, son e patio de butacas no pavillón do colexio, o que supón un esforzo técnico e económico importante». Aclara que la recaudación se destina a cubrir todos esos gastos derivados de la escenificación.

Noite de Reis (Twelfth Night) de Shakespeare «narra unha enrevesada historia de confusión de identidade, transformación e decepción. Ilusión e realidade son case indistinguibles nesta brincadeira co amor e a identidade sexual como transfondo», señalan desde Ollomao.

Hay que recordar el éxito que tuvieron Os vellos non deben de namorarse y Oé, Oé, Oé!!! con más de 5.000 personas de público.

a escena teatro para despedir octubre

CUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MANUEL LOURENZO ARRINCA ESTE DOMINGO, 19 DE XULLO, A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO EIDO DOURADO PARA ESTE VERÁN

CUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MANUEL LOURENZO ARRINCA ESTE DOMINGO, 19 DE XULLO, A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO EIDO DOURADO PARA ESTE VERÁN.

Barreiros, 15 de xullo de 2015. O vindeiro domingo, 19 de xullo, arrinca a programación cultural do Eido Dourado, en Barreiros. Será unha representación teatral a cargo do mariñán Manuel Lourenzo, segundo deu a coñecer no día de hoxe o artista Celso Dourado.

Dourado explicou que “esta tempada vai arrincar o domingo, 19 de xullo, a partir das 22 horas nos xardíns do Eido Dourado, cunha representación teatral a cargo de Manuel Lourenzo, que é unha personalidade sumamente coñecida dentro da escena teatral. A obra que vai representar está promovida polo club de teatro Elsinor e leva por título A técnica do taratantanleo. Podemos dicir que é unha transición no mundo de Otero Pedrayo o cal é un referente, está interpretada e dirixida por Manuel Lourenzo e conta coa colaboración de Xosé Martínez, autor da gravación audiovisual, e producido por Montserrat Modia”.

Sobre Manuel Lourenzo subliñou que “é un home dunha longa traxectoria teatral, creador de diferentes agrupacións de teatro como O Facho, Teatro Circo, estudoso, escritor de distintas publicacións dedicadas ao mundo do teatro. No 1979 publica a monografía O teatro galego, un libro referente e pioneiro dentro da escena teatral, no ano 1980 crea a compañía teatral Luís Seoane, dunha fonda traxectoria, en 1990 crea o club de teatro Elsinor, alá polo ano 1997 recibe o Premio Nacional de Literatura Dramática por Verdades indecentes. Estamos a falar do que posiblemente sexa o maior autor teatral de Galicia. A partir de aí, no 1998, crea xunto a Santiago Fernández a Escola Teatral Casa Hamlet, unha escola libre de Teatro, radicada na Coruña e formadora de cantidade de autores”. Celso Dourado considera que “é un luxo para A Mariña contar cun veciño como Manuel Lourenzo, que é nado en Ferreira do Valadouro e sempre pasa aquí os veráns”.

A entrada a esta representación teatral é libre e gratuíta, “unha aposta máis polo mundo da cultura, o teatro, que creo que dentro do que é a programación habitual do Eido Dourado non estaba suficientemente representado, e imos esbozar este pequeno proxecto o vindeiro domingo. Convido aos que están por estas terras a que acudan a arroupar a este grande da escena galega”.

Os Sete Magníficos + 1 puxeron en escena Bilvalvos coma galegos

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolleu o pasado domingo, 14 de xuño, unha representación teatral.

Os Sete Magníficos + 1 puxeron en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostraron un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás. O público gozou co seu traballo.

A obra de teatro, enmarcouse no programa Cultura no Camiño 2015. Estivo organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.

180615 Foto teatro Barreiros 1