Archivo de la categoría: Teatro

O GRUPO O BORDELO REPRESENTA A OBRA XUBILANDO EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 13 DE NOVEMBRO

O GRUPO O BORDELO REPRESENTA A OBRA XUBILANDO EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 13 DE NOVEMBRO.teatro-barreiros

Barreiros, 10 de novembro de 2016. Barreiros acollerá unha representación teatral a cargo do grupo O Bordelo coa obra Xubilando. Será este domingo, 13 de novembro.

A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo e terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O grupo de teatro de Cervo O Bordelo ten recibido nas súas dúas décadas de historia diferentes recoñecementos en distintos certames de teatro afeccionado e estreou a obra Xubilando a comezos deste ano baixo a dirección de Francisco Piñeiro, quen tamén é autor da obra.

Esta función teatral está patrocinada pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

Desde o Colectivo Ollomao animan a toda a veciñanza a pasar un momento agradable na compaña do Grupo de Teatro de Ribadeo

O grupo de Teatro de Ribadeo representará ‘O inspector’, unha adaptación da comedia do novelista e dramaturgo ucraíno, Nikolái Gógol, o sábado 5 de novembro no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros. A representación, encadrada no programa Buxiganga da área de Cultura da Deputación Provincial e organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, iniciarase ás 20.00 horas. As entradas terán un prezo de 2€.
O argumento da obra baséase na típica confusión cómica: nunha perdida vila de Galicia, o alcalde e os funcionarios do Concello están agardando a un «inspector xeral» enviado desde a capital para investigar os abusos e corruptelas cometidos nesa administración local. A chegada dun home misterioso, confundido co inspector, desencadeará unha vertixinosa espiral de enganos e subornos, reflexo dunha total irresponsabilidade e ausencia de mesura.

O inspector é unha divertida sátira acerca da cobiza e da estupidez dos burócratas.

Desde o Colectivo Ollomao animan a toda a veciñanza a pasar un momento agradable na compaña do Grupo de Teatro de Ribadeo.

Ollomao inicia un novo curso de “A Lanterna Máxica”, un obradoiro de literatura, teatro e cinema para a participación infantil e xuvenil

Ollomao inicia un novo curso de  “A Lanterna Máxica”, un obradoiro de literatura, teatro e cinema para a participación infantil e xuvenil.

Barreiros, 18 de outubro de 2016. Este domingo, 23 de outubro ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión gratuíta para coñecer o obradoiro

Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.

Esta actividade está pensada para que as nenas e nenos por medio do xogo coñezan e comprendan textos literarios galegos e o contexto dos mesmos, para tamén para que por medio do xogo aprender a interpretalos e finalmente adentrarse no mundo do audiovisual sendo protagonistas dunha historia. A idade mínima recomendable para a participación é de 6 anos podendo valorarse outras idades. A idade máxima recomendada é de 18 anos, xa que de producirse unha alta participación, valorarase a creación de dous grupos diferenciados por idade (infantil e xuvenil).

Tras varias edicións de teatro infantil, “A Lanterna Máxica” púxose en marcha en Barreiros durante o primeiro semestre do 2015, obradoiro que deu como resultado a película “Na procura dun filme”. Nesta, tanto a realización do guión como das personaxes e a propia interpretación foi obra das nenas e nenos participantes. Esta película está dispoñible en Youtube na ligazón: https://youtu.be/alGXrUGojv8

“A Lanterna Máxica” será presentada de novo este domingo 23 de outubro ás 16:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Posteriormente haberá unha sesión de portas abertas á que poden quedar todas as nenas e nenos que desexen coñecer a actividade, tanto de Barreiros como de outros concellos. Só no caso de asistir ás vindeiras sesións, dúas por mes dunha duración de tres horas cada unha, procede o abono do cota mensual de 10€ por participante filla/o de socia/o ou 15€ para non socias/os, non debendo abonar ningún coste no caso de asistir únicamente á sesión de proba deste domingo.

Para asistir á primeira clase de “A Lanterna Máxica” non é preciso inscribirse previamente, máis en calquera caso dende Ollomao agradécese coñecer a intención daquelas nenas e nenos que desexen asistir para ter unha previsión da participación.

Para máis información, dende o colectivo barreirense habilitan dúas canles de contacto, unha por medio telefónico no número 650542932 (Tamara) ou ben por correo-e a [email protected]. Para coñecer o proxecto de “A Lanterna Máxica” pode consultarse a páxina de Facebook https://www.facebook.com/alanternamaxica, ou contactar con Rubén no teléfono 620782381.lanternamaxica

O grupo Animar-T fixo as delicias dos que acudiron hai uns días a presenciar o seu espectáculo de teatro musical ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

080816 Foto Animarte 1O grupo Animar-T fixo as delicias dos que acudiron hai uns días a presenciar o seu espectáculo de teatro musical ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros. A actuación enmarcouse dentro dos circuitos Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e contan coa colaboración da Omix do Concello barreirense.

En total corenta nenos e nenas pasaron polos tres laboratorios creativos celebrados no Eido Dourado

2En total corenta nenos e nenas pasaron polos tres laboratorios creativos celebrados no Eido Dourado, en Barreiros, esta semana. Os días 10 e 411 de agosto terán lugar dúas novas xornadas creativas. Lucía Vila, a licenciada en Bellas Artes, que está a impartir estes talleres, explica que “o mércores será ás seis da tarde e o xoves ás doce da mañá, sempre e cando se formen grupos. Para anotarse o único que teñen que facer é dirixirnos unha mensaxe privada a través do facebook do Eido Dourado ou pasándose mesmo por este espazo museístico”.

O VENRES, 5 DE AGOSTO, CHEGA A BARREIROS UN ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL MESTURADO CON MAXIA CÓMICA. ESTÁ DESTINADO A TODOS OS PÚBLICOS

O VENRES, 5 DE AGOSTO, CHEGA A BARREIROS UN ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL MESTURADO CON MAXIA CÓMICA. ESTÁ DESTINADO A TODOS OS PÚBLICOS.

animar-tBarreiros, 1 de agosto de 2016. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este venres, 5 de agosto, un espectáculo de teatro musical mesturado con maxia cómica. Animar-T representará “Laia, aprendiz de maga” a partir das 12:30 horas. Trátase dunha cita para todas as idades e enmárcase no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

A historia conta “a admiración de Laia polo seu avó mago, vese destruída pola decisión de seu pai de levar ao avó a unha residencia. Laia fai o posible para conseguir que o avó regrese á casa”.

O espectáculo está organizado pola Agadic e a Xunta e conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Delegación Municipal de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.

O ESPECTÁCULO MÁXICO CIRCUS CABARET REPRESENTARASE ESTE DOMINGO, 3 DE XULLO, EN BARREIROS

O ESPECTÁCULO MÁXICO CIRCUS CABARET REPRESENTARASE ESTE DOMINGO, 3 DE XULLO, EN BARREIROS.

Barreiros, 29 de xuño de 2016. O espectáculo Máxico Circus Cabaret representarase este domingo, día 3 de xullo, en BarCartel Máxico Circus Cabaretreiros.

Este espectáculo, de Cayetano Lledó, é unha fusión de teatro e maxia. A historia conta como o patrón dun circo no que xa non traballa ninguén pola crise, vese na obriga de parodiar aos artistas do espectáculo para que o circo poida continuar. Mais as cousas vanse complicando ao longo da representación.

Marcus Circus Cabaret está destinado ao público de todas as idades e porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:00 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros e Agadic e inclúese no programa Cultura no Camiño 2016 da Xunta de Galicia.

Ducias de barreirenses gozaron do teatro o pasado domingo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

Ducias de barreirenses gozaron do teatro o pasado domingo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. MalaSombra Producións puxo en escena a obra “DEP, unha comedia de morte”. A representación narrou a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai, que aínda estaban viva. A obra estaba incluída no programa Cultura no Camiño 2016, da Xunta.

210616 Foto MalaSombra 2 210616 Foto MalaSombra 1

A Rabela, de Baralla, que puxo en escena “Balbina a adiviña”

A RABELA, DE BARALLA, PUXO EN ESCENA EN BARREIROS “BALBINA A ADIVIÑA”
luns, 25 Xaneiro, 2016 – 15:57

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, encheuse onte para gozar da representación teatral de A Rabela, de Baralla, que puxo en escena “Balbina a adiviña”. A actividade foi organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil.

  

http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/a-rabela-de-baralla-puxo-en-escena-en-barreiros-balbina-a-adivina#

http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/a-rabela-de-baralla-puxo-en-escena-en-barreiros-balbina-a-adivina#