Archivo de la categoría: Socorrismo

O PP de Barreiros ofrece ao goberno local colaboración e a súa experiencia para buscar fórmulas para contratar os socorristas necesarios para este verán

O PP de Barreiros esixe que a alcaldesa e os concelleiros do BNG “paguen do seu peto” os gastos xudiciais polas “denuncias falsas” contra o anterior equipo de goberno

Os populares censuran o vitimismo da rexedora cando é a principal responsable desa mala praxe que supuxo xudicializar a vida municipal en base a mentiras, que foron desacreditadas nos tribunais

Barreiros, a 21 de xullo de 2020. Os populares de Barreiros esixen que a alcaldesa e os edís do BNG “paguen do seu peto” os gastos xudiciais polas denuncias falsas contra o anterior goberno municipal. No PP consideran que a rexedora e os seus compañeiros nacionalistas son os “principais responsables” desta situación, xa que “coa única vontade de obter rédito político e desgastar ao Goberno do PP, xudicializaron a actividade municipal con mentiras”.

Os populares indican que “Ana Ermida e os seus compañeiros nacionalistas, co apoio do BNG na Deputación e doutros colectivos afíns, dedicáronse a presentar denuncias falsas e impugnar as decisións do goberno do PP con argumentos que despois os tribunais acreditaron como falsos”. Engaden: “E, por se iso non fora suficiente, dilataron os procesos xudiciais con recursos, xerando o dereito a costas e intereses que agora ten que asumir o Concello”.

Para o PP é inaceptable o vitimismo da alcaldesa, que agora di verse obrigada a recortar investimentos e ve reducida a capacidade de actuación do actual goberno municipal por ter que afrontar eses gastos.

Os populares sinalan: “Se de verdade Ana Ermida quere defender o interese xeral e preservar á veciñanza desa mala praxe, que ela mesma protagonizou sendo oposición, xunto cos edís do BNG, pode facelo asumindo do seu peto eses gastos xudiciais e liberando ao Concello deses pagos”.

O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, di que queda aínda moito verán por diante e hai que conseguir socorristas para prever accidentes e intervir no salvamento cando sexa preciso

Barreiros, 18 de xullo de 2022. O grupo municipal popular de Barreiros está seriamente preocupado polo déficit de socorristas nas praias do Concello e quere aportar a súa experiencia para colaborar na solución do problema. Nesta liña, presenta unha iniciativa plenaria, segundo adiantou o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente.

O PP, sempre co ánimo de sumar para axudar a resolver os problemas do municipio, quere que o Concello solucione canto antes o déficit de socorristas para estes meses de verán nas praias de Barreiros. É unha necesidade que recentemente se puxo dramaticamente de manifesto.

Os populares queren aportar a súa experiencia para colaborar na solución do problema. Gómez Puente lembra que cando gobernaba o PP, en Barreiros había un servizo de socorristas punteiro. As circunstancias cambiaron, pero aínda así Barreiros, di o portavoz popular, ten que contar co número de socorristas necesarios para cubrir debidamente o litoral no tramo que lle corresponde.

A ALCALDESA PARABENIZOU AO PERSOAL DE VIXIANCIA E SALVAMENTO E SOCORRISMO DE BARREIROS.

NOVAS
A ALCALDESA PARABENIZOU AO PERSOAL DE VIXIANCIA E SALVAMENTO E SOCORRISMO DE BARREIROS.
➡️ Barreiros, 1 de setembro de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañou no remate da xornada de onte ao persoal de vixiancia, salvamento e socorrismo que traballou durante os dous meses de verán nas praias do municipio e que onte rematou a relación laboral.
🏖 A rexedora quixo trasladar ao persoal das praias “o agradecemento do goberno municipal pola implicación amosada e o traballo realizado nunhas circunstancias durísimas, coas praias cheas de xente e moi poucos efectivos para levar a cabo as funcións encomendadas.”
👩‍🦰 Ana Ermida sinalou que foi fundamental a labor de prevención que se realizou por parte do persoal e que supuxo que nos 62 días de verán se levaran a cabo 6 rescates, o que é moi significativo tratándose das praias de Barreiros, cunha perigosidade e unhas condicións moi duras.
🆘 Ermida volveu poñer enriba da mesa a “dificultade para atopar persoal de socorrismo, coa titulación e os requisitos esixidos en Galicia” e a “necesidade de poñerse desde hoxe mesmo a traballar conxuntamente as administracións e organismos para buscar solucións de cara a vindeiras temporadas”
✅ Nese mesmo sentido, informou de que o Concello de Barreiros xa ten avanzadas propostas e traballa conxuntamente coa Dirección Xeral de Costas en solucionar eivas detectadas nesta tempada.
Valoración dos meses de verán
💯A alcaldesa valorou tamén positivamente os datos de ocupación existentes en Barreiros, que rondaron o 95% no mes de agosto e entre o 75-80% no mes de xullo. Trasladou igualmente o desexo de que en vindeiros anos se consolide o nivel de visitantes, se ben chama a atención sobre a necesidade de adaptar as infraestruturas para a recepción das persoas foráneas e de traballar na posta en valor e no respecto ao territorio e á poboación local, para poder garantir unha convivencia óptima tamén nestes meses.