Archivo de la categoría: Sanidad

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

Abordarán o problema existente co servizo de pediatría, compartido con Lourenzá e Barreiros a maiores das reclamacións que xurdan.

A Mariña 13 de Decembro de 2018. A UMAR ( Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións) desplazarase o vindeiro martes 18 de decembro até o centro de saúde de Mondoñedo en horario de 11 a 13 horas. A mesa informativa abordará o problema de Pediatría, servizo que comparte profesional cos concellos de Lourenzá e Barreiros, a maiores de calquera outra dúbida ou reclamación que poidera xurdir.

Lembramos que este problema ven de lonxe, xa que ao feito de que resulta de todo insuficiente  o tempo adicado a cada un destes Concellos, queixa que refiren a práctica totalidade de nais e pais das zonas afectadas, súmase a falta de cobertura cando a titular solicita algún permiso ou cando está de baixa, ocasionando demoras  inadmisibles  nas consultas, necesidade de trasladarse a outras localidades ou ao hospital, colapsando os servizos de urxencias .

 

A Plataforma Sanitaria ve neglixencia no traslado conxunto das dúas novas plantas de hospitalización.

A Plataforma Sanitaria volve incidir na nefasta xestión que se está a facer desde a xerencia executiva , nesta ocasión con motivo do traslado simultáneo das dúas novas plantas de hospitalización e peche das antigas, pasando de dispoñer de 30 camas en cada  planta a contar con vintecatro, seis camas menos por planta, o que fan un total de doce camas menos.

O feito de que este traslado se fixera á vez, en lugar de acometelo pouco a pouco semella “neglixente e temerario, xa que estamos nunha época na que a ocupación ven sendo prácticamente do cen por cen, que pode haber picos de incidencia por mor de procesos prevalentes nestas épocas ou reagudizacións de enfermidades crónicas”- lamentan desde a Plataforma Sanitaria.

Tamen inciden no feito de que de momento , unha soa semana despois da inauguración das novas plantas de hospitalización, foron tres os pacientes trasladados a Lugo por mor da falta de camas.” Non queremos nen imaxinar o que pasará cando comece a despuntar o gripe deste ano, ou cando chegue o frío e se descompensen  enfermos crónicos”- manifesta o voceiro do colectivo.

 

O colectivo sanitario amosa a preocupación polo ataque á pancarta pendurada da fachada do Hospital.

Segundo comentan divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria existe unha fonda preocupación polo feito de que, por segunda vez ,a pancarta pendurada da fachada do centro sanitario sufrira un ataque intencionado, e desde o colectivo queren manifestar “ que nos unimos á Xunta de Persoal na denuncia pública destes feitos que son inadmisibles dentro dunha sociedade democrática.”- comenta a coordinadora visiblemente preocupada.

 

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE ESCANDALOSA E INDECENTE A RESPOSTA DO SERGAS EN RELACIÓN Á FALTA DE COBERTURA  DE PEDIATRA NO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE ESCANDALOSA E INDECENTE A RESPOSTA DO SERGAS EN RELACIÓN Á FALTA DE COBERTURA  DE PEDIATRA NO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS.

A baixa da pediatra que comparten os centros de saúde de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo provoca a anulación dunha cita e a súa reprogramación para case tres meses máis tarde.

As declaracións feitas polo Sergas despois de que unha veciña de Barreiros presentara unha reclamación no centro de saúde desta localidade pola falta de cobertura de pediatra son , ao parecer deste colectivo en defensa da sanidade pública, totalmente escandalosas, indecentes e faltas da máis mínima ética.

A veciña acudiu ao centro de saúde co seu fillo para un exame de saúde protocolizado e pertencente a unha programa de promoción da saúde e prevención de enfermidades , e uns minutos antes da hora da cita avisárona de que a pediatra estaba de baixa e que lle cambiaban a cita para o mes de decembro.En resposta á reclamación e denuncia pública nos medios  desta nai o Sergas resposta que “ a baixa desta profesional mon pudo ser prevista “  e que “ se trata de revisións incluídas no programa neno sano e non de atencións urxentes”. Ante estas respostas a Plataforma Sanitaria  denuncia que isto non é unha situación puntual nen extraordinaria , senón que se  veñen producindo bastante a miudo e ademáis estas revisións en persoas de tan curta idade non poden ser retrasadas por períodos tan longos de tempo ,”porque non se trata duns días senón de case tres meses podendo darse o caso de que case se solape unha revisión coa seguinte, e os parámetros a avaliar non sexan os correspondentes á idade do neno”- comentan desde o colectivo.

Estes programas foron creados para avaliar o desenvolvemento psicomotriz d@s pequenos así coma o crecemento e outros indicadores de saúde , sendo de gran trascendencia para o correto desenvolvemento d@s nen@s e avalados científicamente polas Sociedades de Pediatría. É por iso que cando se programa unha revisión correspondente a unha idade biolóxica , esta non debe demorarse moito tempo , xa que a velocidade coa que un/-ha nen@ crece e cambia é moi alta.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos ao Sergas que asuma dunha vez por todas o gran problema que ten de escasez de profesionais nos centros sanitarios e que poña inmediata solución ao que” pode converterse nun escándalo de dimensións colosais “- conclúen.

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

A Mariña , 21 de xullo de 2018. Diante das  novas publicadas hoxe pola prensa nas que o Sergas  volve dar cifras das agardas para probas diágnósticas de 35,9 días de media no primeiro semestre do ano ou de 34 días de espera media para unha primeira cita  en consultas con especialistas , a Plataforma sanitaria   manifesta que este novo tuneado de datos con cifras  que están lonxe das reais só pode obedecer ao intento de tapar a desastrosa xestión que se está a facer por parte desta xerencia en canto a recotes indecentes de persoal con peches de camas enmascarados.

Tanto o portavoz como a coordinadora do colectivo instan ao Sergas e á Xerencia do hospital  a que se queren dar a coñecer datos veraces das  agardas para probas diagnósticas ou primeiras citas en consultas de atención especializada “pregunten antes a quen chamaron para facer unha proba de esforzo tras dous anos agardando desesperado , previa reclamación a través da Plataforma , con nota de prensa e denuncia no xulgado.Ou aos centos de persoas que levan esperando un ano ou máis para facer rehabilitación en clínica privada e cando van preguntar cado @s chamarán desde a clínica respostan que nen siquera recibiron do hospital a orde e expediente para poder chamal@s. Ou @s moit@s pacientes que tras facer unha proba cardiolóxica levan un ano ou dous sen ser chamad@s para coñecer os resultados e saber se  teñen que seguir tomando o tratamento que lles puxeron que siguen atomar sen ningún control do especialista . Desde a Plataforma Sanitaria insisten na desvergonza , a falta de ética e sensibilidade que estan a amosar tano o Sergas como a xerencia e préganlle encarecidamente que “ deixen de xogar co sufrimento da xente e que non se rían máis das mariñás e mariñaos.

O CONSELLO DA XUNTA APROBOU A DESAFECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS

O CONSELLO DA XUNTA APROBOU A DESAFECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS. O ALCALDE SALIENTOU QUE LLE SUPORÁ UN AFORRO DE 30 A 60.000 EUROS AO ANO EN GASTOS DE MANTEMENTO ÁS ARCAS MUNICIPAIS.La imagen puede contener: casa, cielo y exterior

Barreiros, 5 de xullo de 2018. O Consello da Xunta aprobou a desafección do centro de saúde de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, subliña que “así aforraremos ao ano entre 30.000 e 60.000 euros correspondentes a todos os gatos de limpeza, mantemento, etc… que agora van depender da Xunta”. Fuente Parga fixo unha valoración moi positiva desta medida.

O rexedor contou que “no día de hoxe recibín a chamada do conselleiro de Sanidade para comunicarme que ao Consello da Xunta de hoxe ía a desafección do centro de saúde de San Cosme”.

Alfonso Fuente salientou que “isto vai supor para Barreiros un aforro de entre 30.000 e 60.000 euros ás arcas municipais porque pasa a depender integramente da Xunta de Galicia, o que é a limpeza, o mantemento, e todos os gastos do centro de saúde. Isto implicará que poidamos destinar eses fondos a outras necesidades que temos no concello”.

O rexedor  fixo unha valoración moi positiva desta medida: “entendemos que a Xunta de Galicia segue colaborando co noso Concello. Agora cando a veces nos preocupamos moito de conseguir subvencións, isto poderíamos dicir que é como recibir esas cantidades todos os anos, porque iso supoñía un gasto continuo todos os anos para os veciños e veciñas de Barreiros, que tíñamos que facernos cargo do mantemento do centro de saúde”.

Fuente Parga fixo fincapé en que “este centro de saúde agora pasa a depender integramente da Xunta de Galicia co cal xa non imos ter que facelo con fondos municipais. Isto pódese entender como unha axuda da Xunta de Galicia ao Concello con carácter anual”.

Actuación en Tenerife do Arco da Vella

Por outra banda, o alcalde comentou que “onte chegábamos a Tenerife onde o Arco da Vella vai actuar no día de hoxe, pola tarde, nun festival, nun intercambio cun grupo de aquí”.

Alfonso Fuente dixo que “o grupo Arco da Vella que se despraza por todo o país, neste caso aquí nas illas, onde tamén hai moitos galegos, eu creo que son un feito importante estas visitas. Estes intercambios supoñen que non só hoxe esteamos aquí un grupo de veciños e veciñas de Barreiros, senón que logo tamén esta xente do grupo de Tenerife visitará Barreiros”.

A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións ( UMAR ) colocarase na entrada do Centro de Saúde de Ribadeo

PREVISIÓN INFORMATIVA

Data:  Martes 17 de Abril de 2018

Hora:   11- 13 horas

Lugar:  Centro de Saúde de Ribadeo

Asunto:  A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións ( UMAR ) colocarase na entrada do Centro de Saúde de Ribadeo  onde resolverá as dúbidas de calquera veciñ@ que se achegue ou  profesional en materia de tempos de agarda , derivacións ou calquera outra cuestión e mesmo lles prestará axuda para a redacción de reclamacións.

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS ( UMAR )  IRÁ AO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO O VINDEIRO MARTES

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS ( UMAR )  IRÁ AO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO O VINDEIRO MARTES.

A Mariña 14 de Abril de 2018. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) posta en marcha pola Plataforma Sanitaria e que se estrenou o pasado día 3 de abril na entrada do  hospital, con gran aceptación entre @s veciñ@s , anuncia que o próximo destino da mesma será o Centro de Saúde de Ribadeo.

Dita unidade consiste nun punto ou mesa informativa que se colocará na entrada do Centro de Saúde de Ribadeo, e que en horario de 11 a 13 horas , informará @s  profesionais e veciñ@s das dúbidas que poidan ter en canto a tempos de agarda , derivacións e tamén prestará axuda a tod@s aquel@s que desexen facer unha reclamación. Desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños de do Concello de Ribadeo a que se acheguen ate o centro de saúde se teñen calquera dúbida por resolver porque alí serán informados e prestaráselles  axuda .

Cando falamos de cancro, na Mariña hai bastante xente preocupada polo radón

«Cando falamos de cancro, na Mariña hai bastante xente preocupada polo radón»

Carmen Rubiños, psicóloga e psicooncóloga da AECC, disertará o día 7 en Barreiros sobre o impacto emocional do diagnóstico oncolóxico

.
VICTORIA GUEVARA
MARÍA CUADRADO 
BURELA / LA VOZ 

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) conta desde hai semanas cun local na antiga praza de abastos de Burela, na Praza da Mariña. Desde este punto atenden a toda a comarca da Mariña. A psicóloga e psicooncóloga da AECC, Carmen Rubiños López, presta servizo neste punto, ademais de participar en conferencias e actos informativos por outros municipios. Xa estivo presente en sendas charlas en Lourenzá e en Foz, e o vindeiro sábado 7 disertará sobre o impacto emocional do diagnóstico oncolóxico no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, nun acto aberto ao público que terá lugar ás 18.00 horas. Non será o último, desde a AECC xa anuncian a organización de novas actividades por toda a comarca para dar a coñecer o servizo de atención psicolóxica para enfermos e familiares.

?¿Como planifican as actividades?

?Eu acostumo a preguntarlle á persoa que me solicita a actividade que tipo de información demanda máis a xente. Hai lugares nos que están preocupados polo radón, outros polo sol…. Na charla do sábado en Foz fixen fincapé no cancro de colon. E despois de cada charla, os asistentes preguntan como abordar casos concretos. Pola experiencia que vou tendo, creo que os mariñanos necesitaban este servizo.

?Fala da incidencia do gas radón, ¿é un asunto que lle preocupa aos mariñanos?

?A xente pide información como medida preventiva. É unha cousa que me alegra moito porque é algo aínda bastante descoñecido sobre o que me apetece afondar. Sobre o radón houbo certa difusión a través da Universidade de Santiago (USC). A xente leu informacións e veu que existía certa relación co cancro. En Galicia, pola nosa xeografía, hai alta incidencia, e a xente pregunta.

?¿E que lles recomenda vostede?

?Os consellos poden ser varios. Primeiro hai que saber cal é a incidencia do radón nos fogares. A USC ten medidores de radón. Ademais, como media primaria e preventiva, e ante a sospeita da presenza do gas nas casas, aconséllolles que aireen moito as vivendas, de forma que corra o aire.

?¿Con que tipo de cancro se asocia máis o radón?

?Co de pulmón. Cando falamos de cancro, na Mariña hai bastante xente preocupada polo gas radón.

?As Xornadas Sanitarias de Barreiros, que comezarán o venres 6, abordarán varios asuntos, desde a importancia de coidar a alimentación, os coidados no fogar coa quimioterapia… É importante abordar a enfermidade no seu conxunto.

?Cando falamos do cancro é necesario abordar a prevención, o día a día da enfermidade, o impacto emocional,… É realmente unha das formas que temos de loitar e traballar contra esta enfemidade.

?¿Que consellos dá ao paciente e á familia para afrontar emocionalmente o diagnóstico oncolóxico?

?Cando xa aparece a enfermidade, temos que saber que podemos facer, que podemos aportar como sociedade. As recomendacións nunca deben ser xerais, cada caso vai plantexar a súa necesidade. Hai persoas que non queren falar e outras si. As perspectivas teñen que estar enfocadas ao que esa persoa necesite. Debemos ser unha fonte de axuda para o paciente e para o familiar. É moi importante saber escoitar e tamén respectar a aquelas persoas que deciden non falar.

?Como especialista na materia, ¿como valora a importancia do acompañamento ao enfermo ou enferma?

?É fundamental. Ante calquera situación difícil da nosa vida sempre buscamos o acompañamento, aínda que despois tamén necesitemos certa intimidade. Sempre buscamos a alguén que nos poda escoitar.

?¿Que opina das redes de voluntarios que se organizan para acompañar ao enfermo a consultas, nas súas estancias no hospital…?

?A figura do voluntario é unha figura moi importante. A persoa que decide regalar o seu tempo é importante, pero sí faría un inciso: esas persoas deben estar formadas. O persoal tense que dar conta que un caso lle está afectando tamén a el. Trátase de que o voluntario dea un acompañamento, pero que el saiba tamén como coidarse.

?¿Cales son os obxectivos da AECC á hora de abrir este local na Mariña?

?O obxectivo é dar os mesmos servicios que prestamos en Lugo, desde actividades de prevención ata terapias de deshabituación tabáquica para grupos ou atención psicolóxica ás persoas que están pasando pola enfermidade e tamén a familiares que están nun proceso de duelo. Todo o poden atopar aquí, no noso local, de forma gratuita. Non fai falta ser socio. A oficina abre os luns e os martes, de 8.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas, e os mércores, de 8.30 a 12.30. Por agora a asociación decidiu prestar servizo vinte horas semanais, a ver como funciona, pero eu, pola experiencia destes tempos, creo que vai ter bastante demanda. As asociacións que funcionan na Mariña son moi dinámicas e prestan moita axuda. Quizais o que veña a aportar a Asociación Española Contra el Cáner é o servizo da atención psicolóxica.

OS DÍAS 6 E 7 DE ABRIL CELEBRARANSE EN BARREIROS UNHAS XORNADAS SANITARIAS SOBRE O CANCRO

OS DÍAS 6 E 7 DE ABRIL CELEBRARANSE EN BARREIROS UNHAS XORNADAS SANITARIAS SOBRE O CANCRO.No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 29 de marzo de 2018. O departamento de Servizos Sociais do Concello organiza unhas Xornadas Sanitarias sobre o Cancro, que terán lugar os días 6 e 7 de abril.

O venres, día 6, Antía Ben Fernández, que é técnico superior en Dietética e Nutrición pronunciará unha charla sobre Alimentación preventiva contra o cancro. Será ás 18 horas.

O sábado, día 7, Ana Rosa Devesa Fernández, enfermeira supervisora do Hospital de Día Onco-Hematoloxía do HULA, falará sobre Os coidados no fogar coa quimioterapia. Esta charla dará comezo ás 16:30 horas.

E tamén o 7 de abril Carmen Rubiños López, psicóloga e psicooncóloga da AECC Lugo na Delegación de Burela, disertará sobre O impacto emocional do diagnóstico oncolóxico. Será a partir das 18 horas.

Todas as charlas se celebrarán no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Desde o Concello agradecen a colaboración da AECC Lugo, de Antía Ben e de Ana Rosa Devesa.

A PLATAFORMA SANITARIA  ANUNCIA A POSTA EN MARCHA  DUNHA UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS

A PLATAFORMA SANITARIA  ANUNCIA A POSTA EN MARCHA  DUNHA UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS ( UMAR ).

O primeiro lugar onde ubicarán esta unidade será na entrada do hospital o vindeiro 3 de abril.

A Mariña  a 24 de marzo de 2018. Tras a  valoración inicial a pé de Parlamento da sesión plenaria celebrada o pasado día 20 onde o PP, nunha actitude prepotente, soberbia, chulesca e sen escoitar ás alegacións da oposición nen ter en conta as  enmendas ao texto da reforma da lei de saúde de Galicia, a Plataforma Sanitaria reuniuse para  unha valoración máis profunda e pausada do acontecido en Compostela. Decidiuse en primeiro lugar que pese ao rodillo pasado polo PP  a Plataforma vai seguir adiante coas súas reivindicacións . ” A loita non rematou. Se ben é verdade que este foi un golpe baixo e moi duro para a Comarca ao roubarnos a nosa área sanitaria seguimos en pé, non conseguiron vencernos e continuaremos con actuacións que serán un pouco diferentes pero non por iso menos efectivas”- manifesta o portavoz da Plataforma.

En relación ás futuras actuacións anuncian a posta en marcha dunha Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) . Dita unidade consiste nunha  mesa  que se colocará unha vez ao mes tanto no hospital coma nun centro de saúde, de xeito que o primeiro martes de cada mes estará  na entrada do hospital en horario de 11 a 13 horas e o terceiro martes do mes rotará por cada un dos centros de saúde da comarca. ” Comezamos o próximo martes día 3 de abril de 11 a 13 horas na entrada do hospital e logo elixiremos un centro de saúde para  a colocación da UMAR o día 17 de abril.”- explican desde a Plataforma.

O obxectivo da posta en marcha deste dispositivo é a de informar a veciñas e veciños da comarca de calquera cuestión relativa á sanidade, listas de agarda ou derivacións e mesmo servir de axuda para a redacción e presentación no rexistro das reclamacións que desexen facer.

” Axudaremos á xente a seguir coas reclamacións ou calquera dúbida que teñan , pero de forma máis presencial.Estaremos na entrada do hospital por falta de espazo, máis coa ampliación agardamos que nos doten dun espazo físico axeitado”- ironiza a coordinadora parafraseando ao xerente do HULA, en relación á consulta de enfermaría oncolóxica.