Archivo de la categoría: Salud

CITAN PARA FACER O ECOCARDIOGRAMA A PACIENTE QUE FIXO UN ESCRITO Á SUBXERENCIA EXECUTIVA DO HOSPITAL DA COSTA NO QUE AMEAZABA CON ACUDIR Á XUSTIZA

CITAN PARA FACER O ECOCARDIOGRAMA A PACIENTE QUE FIXO UN ESCRITO Á SUBXERENCIA EXECUTIVA DO HOSPITAL DA COSTA NO QUE AMEAZABA CON ACUDIR Á XUSTIZA.

Nese escrito a muller facía responsable á subxerencia executiva do Hospital da Costa e á xerencia do  HULA de todo o que lle poidera pasar a partir dese momento.

Tras 6 meses de espera para facer un ecocardiograma de estress e logo de presentar dúas  reclamacións en Atención ao Paciente sen que fosen atendidas as súas demandas , decide facer unha terceira reclamación pero neste caso acompañada dun escrito dirixido á Subxerencia  Executiva do Hospital da Costa.

A muller está tomando un tratamento para o corazón sen saber se o precisa ou non xa que non ten un diagnóstico. A partir de hoxe fágolles responsables de todo canto me poida pasar en relación coa miña saúde pois rinse vostedes dos pacientes- refire.

No escrito que presentou diante da Dirección do centro  o día 27 de novembro, con rexisto de entrada número  2735 a paciente da un paso máis ante a desidia dos órganos xestores do hospital. Visto que neste hospital as reclamacións van a un caixón en fondo , tomarei as medidas legais oportunas contra a dirección do hospital e a Xerencia Integral de Lugo, por ser de xustiza- conclúe a muller.

O día 30 de novembro a paciente recibe unha chamada telefónica do Hospital e comunícanlle que ten unha cita para facer o ecocardiograma de estres o día 22 de decembro de 2017. Membros activos da Plataforma Sanitaria amósanse indignados ante o modo de xestión que está a seguir a dirección do centro para intentar calar á xente e que non cheguen máis lonxe as protestas dos e das veciñ@s . So se presentas unha reclamación ameazando con tomar medidas legais atenden as demandas da poboación , é escandaloso e ate obsceno; pero isto non son casos illados ,estamos ante a punta dun iceberg- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.

Para máis información chamar a Victor Vila, 677343429

Caravanas de coches en A Mariña contra la supresión del área sanitaria

Caravanas de coches en A Mariña contra la supresión del área sanitaria

La plataforma organizó ayer tres salidas y el sábado volverá a salir a la carretera para protestar

.
XAIME RAMALLAL
M. CUADRADO 
VIVEIRO / LA VOZ 

Tres caravanas de vehículos se desplazaron ayer desde Ribadeo a Barreiros, de Viveiro a Xove y de Trabada a Mondoñedo. Los vehículos no salieron de paseo, sino a protestar contra la decisión de la Xunta de suprimir el área sanitaria mariñana. Una contestación pública a la gestión del Gobierno gallego. «Estamos moi satisfeitos co apoio da cidadanía. Non será a última protesta», manifestaban ayer desde la Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

La de ayer, explicaron desde el colectivo, tenía especial importancia porque se produjo dos días después de que el Consello da Xunta, en pleno puente festivo, diera luz verde al proyecto de ley por el que se modifica la Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde. Desde el Gobierno defienden el blindaje de los hospitales comarcales, pero la plataforma cuestiona la perdida de capacidad de gestión y de servicios al quedar Burela como distrito y dependiente del área sanitaria de Lugo.

«O vindeiro sábado volveremos saír á carretera. Non van conseguir deternos nesta loita en defensa da sanidade pública de proximidade», avanzaba Víctor Vila, portavoz de la plataforma, que en días pasados también calificó de «escándalo que se esté a adiantar citas médicas a aqueles pacientes mariñáns que ameazan con acudir á Xustiza». La segunda caravana está convocada para el próximo sábado, día 16: Barreiros- Foz, Mondoñedo-O Valadouro y Xove-San Cibrao. Y la tercera, en vísperas de Nochebuena, el día 23, con salidas desde Foz, O Valadouro y San Cibrao para desplazarse todos hasta el Hospital da Costa. Durante la protesta de ayer, los participantes que salieron desde el pabellón de Viveiro se fotografiaron antes de partir. También se retrataron, portando los carteles de la protesta, los que se sumaron a la caravana que salió de Trabada y concluyó a las puertas del centro de salud de Mondoñedo. Un coche de la Guardia Civil acompañó a esta caravana. El miércoles 13, a las 12 horas, volverá a haber concentraciones ante el hospital y los centros de salud.

PREVISIÓN SÁBADO 9 DE DECEMBRO

PREVISIÓN SÁBADO 9 DE DECEMBRO

Data: Sábado 9 de decembro

Hora: 11 horas

Lugar: Saídas simultáneas de VIVEIRO, TRABADA E RIBADEO

Asunto: Caravana de coches que percorrerá a Mariña en 3 etapas , sendo a primeira etapa a deste sábado 9 de decembro.Dende os tres puntos de saída simultáneos a caravana rematará respectivamente en XOVE,MONDOÑEDO pasando por LOURENZÁ e BARREIROS

Para máis información, chamar a Victor Vila 677343429

CHAMAN A UN PACIENTE PARA  FACER UNHA RESONANCIA TRAS RECLAMAR E AMEAZAR CON TOMAR MEDIDAS LEGAIS

CHAMAN A UN PACIENTE PARA  FACER UNHA RESONANCIA TRAS RECLAMAR E AMEAZAR CON TOMAR MEDIDAS LEGAIS.

Un paciente ponse en contacto coa Plataforma Sanitaria porque quere que se lle axude a facer una reclamación en Atención ao Paciente .O home padece de dor, inchazón e tumefacción no antebrazo esquerdo dende o mes de xullo deste ano. Acude ao seu médico de cabeceira, que lle pon un tratamento ao que non responde. Por iste motivo acude ao Servizo de Urxencias do Hospital da Costa, do cal sae sen diagnóstico e co mesmo tratamento que lle puxeran no Centro de saúde. O problema persiste , non mellora en absoluto. Derívano a Reumatoloxía  e danlle cita para o 7 de novembro do 2017,  donde lle  piden unha analítica, resonancia e radiografías, máis cítano para ver os resultados e coñecer o seu diagnóstico e establecer un posible tratamento o día 26  de novembro de 2018, máis dun ano despois da sua consulta de reumatoloxía.

Por todo isto presenta una reclamación en Atención ao paciente o día 23 de novembro de 2017,solicitando que se lle axilicen os trámites para diagnosticar e tratar o seu proceso,calificando de inadmisible semellante lista de agarda. Na reclamación, que ten o número de rexistro  2727, o usuario conclúe que de non axilizarse os trámites  tomaranse as medidas legais que considere oportunas.

O día 28 de novembro o paciente recibe una chamada telefónica na que lle notifican que acuda ao hospital o día 29 de novembro a realizar a devandita resonancia.

Desde a Plataforma Sanitaria manifestan que é un escandalo que se esté a adiantar citas a aquel@s pacientes que ameacen con acudir á xustiza , pois a maiores de ser un modo nefasto de administrar asistenza sanitaria resulta inaceptable por pasar por diante de aquel@s que non fan reclamación e agardan para ser vist@s.

A Plataforma Sanitaria esixe á administración que se xestione adecuadamente a asistencia sanitaria , non a golpe de reclamacións senón garantindo que cada proceso patolóxico sexa visto en base a criterios clínicos obxectivos,segundo a súa gravidade e garantindo uns tempos de agarda axeitados,facendo as previsións adecuadas de

persoal que garantan a asistenza sanitaria dacordo ás necesidades. Sinalan tamén que isto non é un caso illado ,é un modus operandi do goberno da Xunta para desprestixiar e desmantelar a sanidade pública co fin de privatizala .Trátase de facer negocio coa sanidade e de reservar poltronas nos consellos de administración dos hospitais privados a modo de portas xiratorias- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.

UNHA MULLER DENUNCIA  CATORCE MESES DE ESPERA PARA UNHA CONSULTA EN LUGO POR UN TROMBO NUNHA PERNA

UNHA MULLER DENUNCIA  CATORCE MESES DE ESPERA PARA UNHA CONSULTA EN LUGO POR UN TROMBO NUNHA PERNA

Unha muller contacta hai uns días coa Plataforma Sanitaria porque quere darlle difusión ao seu caso.  Non se facilitarán os datos da persoa  por unha cuestión de protección da súa intimidade.

A doente  acude ao seu Centro de Saúde aqueixada de dor nunha perna acompañado de latexo na zoa ,rubor e calor. @ médic@ de cabeceira  tras facerlle unha completa exploración e  pedir opinión @s outr@s profesionais do Centro diagnostica un trombo e considera que debe ser atendida por un/-ha especialista en Cirurxía Vascular, polo que se envía un volante para solicitar  consulta  no Servizo de Vascular do HULA  o día 16 de outubro de 2017

Respóstanlle  vía correo postal confirmándolle que a devandita cita na consulta de cirurxía vascular do HULA será o día 4 de decembro de 2018,e dicir un ano e dous meses despois de ser solicitada a cita .A muller abraiada , indignada e asustada polo que poidera pasar nese tempo de espera,  acude ao Servizo de Atención ao Paciente do hospital da Costa a poñer unha reclamación que figura rexistrada co número 2497, xa que non se trata dun catarro ou dunha contractura muscular, senón de algo bastante serio e con posibles consecuencias graves- refire .

Unha vez rexistrada a reclamación contacta coa Plataforma Sanitaria porque quere que o seu caso sexa denunciado ante os medios de comunicación.Considera que precisa unha cita o antes posible na consulta de cirurxía vascular e tamén unha resposta por parte do Sergas – reflexa na súa reclamación.

Desde a Plataforma Sanitaria esiximos aos organismos competentes que sexa atendida a demanda desta paciente,que se teña en consideración a  potencial  gravidade  desta patoloxía e se lle apliquen uns tempos de espera axeitados ao cadro, sempre dentro do contexto da sanidade pública.

A Plataforma  Sanitaria reclama un servizo de Cirurxía Vascular para A Mariña

Do mesmo xeito desde a Plataforma Sanitaria reclamamos a creación do Servizo de Vascular na Mariña , máis que xustificado polo número de habitantes con que conta a comarca , e a prevalencia e incidencia de Patoloxía Vascular na zona. A esto temos que engadir as continuas consultas de vascular que precisan as usuari@s do Servizo de Hemodiálise para a creación do seu acceso vascular, control e/ou reparación do mesmo, correndo pola súa conta a cantía dos desprazamentos e manutención se precisaran. A carencia deste servizo no Hospital da Costa é unha mostra máis do total desprezo d@s dirixentes políticos pol@s mariñás e mariñaos.

A Asemblea Informativa celebrada en Barreiros o xoves 23 de novembro, un éxito en  asistentes e participación.

Un nutrido número de veciñ@s participaron da asamblea informativa que o pasado xoves 23 de novembro se celebrou no salón de actos do Centro Social de Barreiros.

A Plataforma denunciou o grave problema que está a sufrir a Atención Primaria en xeral, co abandono total por parte da administración tanto no mantemento das instalacións, algunas sen reparar dende a súa creación no século pasado e con problemas na calefacción, como no suministro de materiais ( servizo recentemente privatizado) ou na cobertura de profesionais.

Unha especial importancia acada a deixadez total co que se está a tratar a cobertura de pediatras nos centros de saúde da comarca.Mentres que en algunas localidades como Viveiro,que atende a maiores aos nen@s de Ourol e o Vicedo, non cubren ou o fan de forma insuficiente as ausencias dun dos profesionais co conseguinte caos asistencial, ou directamente non contratan pediatras para outras amplias zonas como o Valadouro, donde un total de trescentos nen@s teñen que ser atendid@s pola pediatra en Foz, sobresaturada polo volumen de pacientes. No caso de  Barreiros a pediatra acude ao centro de saúde dúas horas tres veces por semana, porque é compartida con Mondoñedo e Lourenzá ,sendo imposible dar a asistencia sanitaria de calidade @s máis pequen@s.

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429

Concentración en Barreiros en defensa de la Área Sanitaria de Burela

Asemblea Informativa en Barreiros

Asemblea informativa en San Cosme de Barreiros este xoves

22-11-17

Será ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Social e aberta a todo o público, sobre o Anteproxecto que modifica a lei 8/ 2008 de Saúde de Galicia que suprime a área Sanitaria da Mariña e que supón a dependencia da sanidade do HULA. Interveñen: Montserrat Porteiro, enfermeira do Hospital da Costa. Elena Montes,ex técnica en coidados do Hospital da Costa. Dolores García Docobo, enfermeira de Atención Primaria e Adolfo Corral, Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña

NA MARIÑA SIGUEN A  DENUNCIARSE CASOS DE DEFICIENCIAS NA ATENCIÓN SANITARIA

NA MARIÑA SIGUEN A  DENUNCIARSE CASOS DE DEFICIENCIAS NA ATENCIÓN SANITARIA

Desprazarse a Lugo para facer as probas de detección precoz de cancro  colorrectal semella una burla para as mariñás e mariñaos.

Xove, a 16 de novembro de  2017. A asemblea informativa celebrada o pasado 15 de novembro no Centro Cívico de Xove reuniu a unha veciñanza moi preocupada pola pretensión do goberno da Xunta de eliminar a Área Sanitaria da Mariña, contribuindo así ao desmantelamento da nosa comarca, a máis dinámica da provincia, e xa moi menoscabada en infraestruturas e  comunicacións.

A Plataforma Sanitaria comezou a súa intervención relatando a deriva que dende a aprobación do Decreto das EOXI ven sufrindo a nosa sanidade, con incrementos nas derivacións cara a Lugo para probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, moitas veces a hospitais privados. Foi no ano 2013 cando se aprobaron por decreto estas estruturas de xestión integrada malia resposta cidadá masiva, que se manifestou en contra e coa promesa por parte da Xunta de que suporían un importante aforro para o sistema público. Estamos ainda agardando polos datos obxectivos do aforro que supuxo a implantación das EOXI, porque ainda non foron que de poñelos enriba da mesa- manifestaron.

Se as EOXI foron sinaladas coma un erro pola meirande parte d@s profesionais do sistema público  e vividas polos doentes con perdas paulatinas de servizos nos hospitais máis periféricos en beneficio dos hospitais de segundo nivel das capitais, a  aprobación deste anteproxecto que eliminaría  a área Sanitaria da Mariña viría a agravar e incrementar esta situación, facéndose efectivo o obxectivo de privatizar a sanidade  xa legalizada trala recente aprobación da Lei de garantías sanitarias o pasado mes de setembro.

En relación á implantación dos controles de detección precoz de cancro colorrectal na Mariña, que segundo o publicado en prensa “ O servizo Dixestivo do Hospital Universitario Lucus Augusti é o servizo de referencia para realizar as colonoscopias”, sinalaron dende a Plataforma Sanitaria que non podemos consentir que nos falten máis ao respecto nen que se rían de nós enviándonos a Lugo a facer as colonoscopias cando temos en Burela un servizo de Dixestivo e dúas salas de endoscopias.

Tamén  mostraron a súa preocupación polo próximo traslado a Lugo dos historiais clínicos de tod@s os usuarios por parte dunha empresa privada que coa excusa de que van dixitalizalas aproveitan para eliminar este servizo do Hospital da Costa e privatizalo, como xa ocorre en Lugo, outra burla máis  á comarca pois existe no Sergas unha categoría profesional creada para tales fins e con persoas que se formaron e optaron  a ditas categorías profesionais-concluiron.

Ao final da exposición d@s membr@s da Plataforma Sanitaria , no  turno d@s veciños e veciñas  relataron o caso dunha doente  octoxenaria que foi derivada a Lugo para a implantación dun marcapasos. Leva ingresada no HULA  tres días e un familiar con ella que ten que pagarse a súa manutención fora . A esto engádese que cando lle den a alta hospitalaria terá que facer todas as revisións do seu marcapasos máis o cambio de pila en Lugo , e os soldos que temos nesta zona non poden sopotar máis desenvolsos de cartos, xa abondo custa chegar a fin de mes con estas pensións indignas para ainda por riba correr cos gastos ocasionados pola derivación a Lugo para procedementos que antes se facían aquí- comentaron.

A Plataforma sanitaria anuncia a súa presenza na  II Carreira Popular  Ao Son do Masma

A Plataforma Sanitaria  anunciou ao final da asemblea que acudirá o vindeiro sábado 18 de novembro á  II Carreira Popular Ao Son do Masma ,que o Colectivo Ollomao organiza en Celeiro de Mariñaos por invitación do mesmo e que está adherido á Plataforma Sanitaria.

Será un acto simbólico do que ainda non trascendeu máis información.

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429

A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA PRESTARÁ AXUDA @S DOENTES QUE PRECISEN FACER RECLAMACIÓNS OU QUEIXAS

A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA PRESTARÁ AXUDA @S DOENTES QUE PRECISEN FACER RECLAMACIÓNS OU QUEIXAS

A Mariña, 7 de novembro 2017. Divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria están a ser receptor@s das queixas de veciñas e veciños, que desesperad@s ante os inaceptables retrasos nas citacións para diversas consultas de atención especializada, moitas veces de mais de un ano, ven neste colectivo unha posible saída ás súas reclamacións . Desde a Plataforma Sanitaria manifestan  a súa  total disposición para prestar a súa axuda a todas aquelas e aqueles doentes  ou familiares que precisen facer unha reclamación ou poñer unha queixa no servizo de atención ao doente, tanto no referente ás listas de agarda coma nos casos de derivacións ou en calquera cuestión que precisen aclarar. Do mesmo xeito, a Plataforma Sanitaria ofrécese a actuar como canle para facer públicas as súas queixas se así o desexaran.

Para poñerse en contacto coa Plataforma bastaría con enviar un correo electrónico a  [email protected], ou mesmo contactar persoalmente con calquera membr@ da Plataforma Sanitaria .

 

 

 

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429

 

 

 

 

A Asociación de Comerciantes promociona Barreiros a través do “Templo da Saúde”

A Asociación de Comerciantes promociona Barreiros a través do “Templo da Saúde”

07-12-16

Barreiros 7 de decembro de 2016 – A Asociación de Comerciantes de Barreiros presentou este mediodía o novo proxecto de difusión e impulso do concello como destino turístico cultural, natural e saudable: “Barreiros, Templo da Saúde”. Unha iniciativa coa que pretenden animar á xente a visitar Barreiros con calma, para desfrutar do silencio, do mar e dos produtos da terra.

O presidente da ACIAM, Xesús Seivane, quere rescatar aquela costume dos avós de pasar nove días ao carón do mar para recuperar a saúde despois do laboreo dos campos. Beber auga de mar, camiñar polos paraxes de Barreiros, admirar o patrimonio e desfrutar das conversas tranquilas sen mirar o reloxo, como se facía no século pasado nos lavadoiros (elementos que están a recuperar dende a Asociación de Comerciantes coa axuda dos integrantes de “Mar e Monte”)

A ACIAM dispón de material promocional do Templo da Saúde, mapas, rutas documentadas, ademáis dun libro onde veñen recollendo todos aqueles hitos históricos relacionados co concello.

Todos os sábados organizan rutas guiadas e este sábado, ademáis, farán unha Cea de Nadal. Ao tempo de confraternizar, porán en común os obxectivos e directrices do Templo da Saúde. Terá lugar no restaurante Oliñas do Mar a partir das dez da noite.

O presidente da ACIAM quixo, na presentación deste proxecto, ter un recordo especial para Suso do Siñeiro, xornalista recentemente desaparecido que era un gran amante de Barreiros e das boas tertulias.