Archivo de la categoría: Parque eolico de Barreiros

Alegaciones a los megaparques eólicos proyectados en A Mariña y novedades

RAMÓN GONZÁLEZ REY

BARREIROS · Exclusivo suscriptores

Puede ser una imagen de al aire libre

PEPA LOSADA

La Xunta informa desfavorablemente al parque eólico Fonte Barreiros

15 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

La Dirección Xeral de Planificación Enerxética de la Consellería de Economía envió al Concello un informe técnico desfavorable al parque eólico Fonte Barreiros, de 96 megavatios (MW), proyectado por Green Capital Development 100. Se trata de uno de los proyectos que ha levantado polémica en A Mariña, con una previsión de montaje de 16 aerogeneradores tripala de 135 metros de altura y un presupuesto superior a los 82 millones de euros.

Apúntate a la newsletter de tu localidad y recibe gratis en tu correo electrónico las noticias más destacadas.
Quiero apuntarme

El principal motivo que alega la Xunta para informar desfavorablemente al proyecto es que los aerogeneradores se solapan con parques eólicos en tramitación o pendientes de tramitar, denominados Barreiros I, Barreiros II y Barreiros III, impulsados por Tecnorenova.

La tramitación del parque eólico Fonte Barreiros es de competencia estatal, y no autonómica, por lo que el informe desfavorable no supone la paralización del proyecto, al que tres gobiernos locales mariñanos alegaron.

Los Concellos de Barreiros, Ribadeo y Foz presentaron alegaciones al documento, y también el colectivo ‘Eólicos na Mariña, así non’. El proyecto afectaría también a los términos municipales de Cervo y Xove. El plazo de enmiendas acabó el día 11.

Los ejecutivos ribadense y barreirense solicitaron la paralización del proyecto a la espera de la realización de un estudio global que analice el impacto de los nuevos parques eólicos en Galicia y coordine la hoja de ruta a seguir. El gobierno de Foz alertaba de posibles duplicidades en líneas de alta tensión con trazados paralelos.

«Os Concellos e os veciños temos moi pouco que dicir na tramitación destes parques e en cambio somos os principais afectados por procedementos cunha complexidade técnica e xurídica. E moi díficil atopar información, e facemos un berro de auxilio para parar a voracidade destes promotores», indica la alcaldesa barreirense, Ana Ermida. La regidora acudió el pasado martes a una reunión en Lugo en la que la Xunta explicó, por un lado, en qué consistirá la moratoria que se aplicará a las solicitudes de parques eólicos -no se admitirán a trámite nuevos planes hasta junio de 2023, al haber pendientes peticiones por 7.200 MW-, y por otro la exigencia que el Gobierno autonómico pretende aplicar para aumentar la distancia mínima de los molinos a las viviendas, de 500 metros a cinco veces la altura total del aparato. Sin embargo, este requerimiento no se aplicará a los parques solicitados antes del 1 de enero, «agás se hai que modificar os proxectos totalmente e a tramitación ten que comezar de novo», concreta Ermida.

No afectaría, así, ni a Fonte Barreiros ni a otras propuestas polémicas. Un ejemplo es el parque eólico Borrasca, con una potencia de 94 MW, instalaría 15 aerogeneradores en Mondoñedo, Lourenzá y Foz, pero su línea de evacuación de alta tensión afectaría también a Alfoz, Barreiros, Cervo y Xove. Otro, el plan Mondigo, que se tramitará de urgencia y se situaría entre Ribadeo y Trabada, con 13 molinos y casi 50 MW de potencia eléctrica.

Vecinos de la parroquia de San Martiño, BNG y alcaldía alegaron al proyecto Borrasca, «que incluiría alomenos dous aeroxeradores a menos de 600 metros dos núcleos de Vilela e A Hermida, o que causa un grave prexuízo á veciñanza. Deberase seguir a liña europea de ter en conta as alturas dos aparatos para afastalos das casas», indica el regidor focense, Fran Cajoto.

El cambio de modelo energético parece imparable, pero A Mariña no quiere que sea a cualquier precio. Ni siquiera cuando la industria del aluminio, baluarte económico de la comarca, puede ser beneficiaria de los parques, y empresas anuncian preacuerdos de energía con Alcoa destacando que están condicionados a recibir luz verde a proyectos. «Hai un conflito de intereses e quen establece a normativa ten que dar seguridade xurídica: aos investidores pero tamén aos veciños, para que vexan garantidos os seus dereitos», expone Cajoto.

O Concello de foz presenta alegacións ao parque eólico Fonte Barreiros

24 Novembro, 2021

Foz, 24 de novembro de 2021. O Concello de Foz presentou alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental e á solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Fonte Barreiros, de 96 MW, e da súa infraestrutura de evacuación.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que o Concello de Foz “actúa sempre de forma seria e responsable: informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para veciñas, veciños e o patrimonio do noso concello. Neste sentido, o proxecto do parque eólico Fonte Barreiros presenta incongruencias, erros e falta de estudo en moitos puntos”.

O rexedor municipal engade: “aínda que neste caso -a diferenza do proxecto denominado Borrasca- non se proxectan aeroxeneradores en Foz, o parque Fonte Barreiros si ten un impacto claro coa liña de alta tensión proxectada. Volve producirse o mesmo erro doutros proxectos, de duplicar liñas de tensión con trazados paralelos cando a normativa esixe que se aproveiten os trazados das actuais adaptando as infraestruturas, para evitar un maior impacto. Ademais no barrio do Carme, en San Martiño, a liña pasa en aéreo sobre solo clasificado como núcleo rural e edificable, non respectando a normativa. Hai que aterse tamén ás disposicións do PXOM, é o legal e o que procede”.

Nas alegacións tamén se encontraron outras faltas, como obviar o anteproxecto ou o proxecto de trazado da autovía da Mariña A-74. “É un documento incompleto que non respecta as características do entorno”, remata o alcalde de Foz.

A PUBLICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN DO PARQUE EÓLICO FONTE BARREIROS VOLVERÁ A REALIZARSE POR UN ERRO NA MESMA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

ℹ️🗞 A PUBLICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN DO PARQUE EÓLICO FONTE BARREIROS VOLVERÁ A REALIZARSE POR UN ERRO NA MESMA

Os Concellos de Barreiros e Ribadeo, que xa iniciaron o estudo da documentación, agardarán á nova publicación para emitir os pertinentes informes.

▶️ Barreiros, 4 de novembro de 2021. Os Concellos de Barreiros e Ribadeo tiveron coñecemento de que a publicación realizada no BOE sobre o proxecto eólico Fonte Barreiros que prevé a instalación de xeradores en ambos municipios contén erros na documentación, polo que deberá ser publicada novamente e sometida a un novo prazo de exposición pública durante 30 días.

A alcaldesa de Barreiros explica que desde os servizos técnicos municipais xa se realizou un primeiro análise e se trasladaron algunhas consideracións técnicas sobre o mesmo e as liñas de evacuación, ao tempo que se solicitou a ampliación de determinada información para poder emitir un informe o máis adecuado posible á realidade do proxecto.

Neste momento, o proxecto atópase no trámite da autorización administrativa previa, de información pública e informe ambiental, polo que a información é moi incipiente e debe analizarse ao detalle para tratar de analizar o impacto e adoptar unha posición con todos os datos enriba da mesa.

O proxecto publicado no BOE do 14 de outubro, que establecía de prazo de alegacións ata o 26 de novembro, deberá ser publicado novamente, abrindo un novo prazo; polo que as alegacións poderán presentarse ata máis adiante.

O promotor é Green Capital Development 100, SL e prevé a instalación de 16 aeroxeradores (en principio 8 deles en Barreiros e 8 en Ribadeo) de tres pas de 170m de diámetro e 135m de altura de pau, que sumarían unha potencia de 96MW.

Desde os Concellos sinalan que o parque proxectado responde a un modelo que está proliferando no noso País nos últimos tempos e que provoca un gran impacto no territorio, polo que desde farán unha análise pormenorizada para ver a incidencia e, especialmente, a repercusión nos municipios e nas vidas das persoas que residen neles.

Ambos rexedores manifestaron a escasa capacidade de actuación que teñen as entidades locais e anunciaron que en canto teñan toda a información a trasladarán para coñecemento público, xunto cos informes técnicos e as consideracións que poidan emitir.

Ver menos

BARREIROS ESTUDA O IMPACTO DO PARQUE EÓLICO BORRASCA CUXA LIÑA DE EVACUACIÓN AFECTA AO MUNICIPIO

Puede ser una imagen de al aire libre

ℹ️ BARREIROS ESTUDA O IMPACTO DO PARQUE EÓLICO BORRASCA CUXA LIÑA DE EVACUACIÓN AFECTA AO MUNICIPIOPuede ser una imagen de mapa

No día de onte recibiu a comunicación por parte do Goberno do Estado para emitir informe no prazo de 30 días hábiles.

Barreiros, 3 de setembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de recibir a comunicación por parte da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Galicia tramitación do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria e do procedemento substantivo aplicable do proxecto do parque eólico Borrasca de 84 MWp e a súa infraestrutura de evacuación, que afecta parcialmente a Barreiros.

Neste momento, o Concello está a analizar tecnicamente o proxecto e a emisión de informes ao respecto, así como informándose sobre o mesmo, para proceder no prazo estipulado a realizar as actuacións máis oportunas.

Dado a complexidade deste tipo de proxectos, o Concello anunciou un estudo pormenorizado do que se trasladará información pública ao respecto no momento en que se teña a mesma e co obxectivo de dar a coñecer o mesmo.

O prazo para a emisión do informe rematará o 18 de outubro.

🔗 Enlace para ver o proxecto das instalacións e o estudo de impacto ambiental. 👇
https://ssweb.seap.minhap.es/…/712bb3a0102dbc08e0ed1773…

Ver menos