Archivo de la categoría: Obras

O BNG INSTA AO CONCELLO DE BARREIROS A ESIXIR DO MINISTERIO DE FOMENTO UNHA ENTRADA DIRECTA AO POLÍGONO NA CONEXIÓN DA A-8 E A FUTURA A-74

O BNG INSTA AO CONCELLO DE BARREIROS A ESIXIR DO MINISTERIO DE FOMENTO UNHA ENTRADA DIRECTA AO POLÍGONO NA CONEXIÓN DA A-8 E A FUTURA A-74

Desde a formación nacionalista consideran que é tecnicamente posible e que dese xeito o polígono de Barreiros sería o mellor situado a nivel de comunicación por estrada.

Barreiros, 20 de xaneiro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro luns a respecto da necesidade de que o Concello de Barreiros presente unha alegación ao proxecto da A-74 para garantir que o polígono industrial situado na Cruz do Lobo conte con un acceso directo á conexión desa autovía coa A-8 que se proxecta a escasos metros do mesmo.

A portavoz municipal, Ana Ermida, asegura que “nunha obra da envergadura da que se prevé,  realizar unha conexión co polígono de Barreiros que lle garanta maior facilidade de acceso ao mesmo, é tecnicamente posible e economicamente viable, xa que o polígono está a escasos 500m. da conexión.” Asegura, ademais, que “con esta pequena medida, o polígono de Barreiros pasaría a converterse na zona industrial mellor situada en toda a A-8 e na propia A-74, co pulo que iso suporía á zona industrial e as repercusións económicas e sociais que se derivan dese feito”.

Para o BNG, “apostar pola política industrial en Barreiros é facer este tipo de xestións e non anunciar implantacións de empresas pantasmas cada catro anos en período electoral”, afirman.

Ana Ermida asegura que “se o polígono de Barreiros conta con unha entrada directa que evite os desprazamentos a contrasentido para o acceso aos mesmos, a competitividade que se lles dá ás empresas que xa están instaladas no mesmo e a posta en valor do propio polígono pode ter unhas fantásticas consecuencias no desenvolvemento económico do municipio.”

“Queremos arrincar o compromiso do goberno municipal de que poña os servizos técnicos a traballar nesta proposta e que antes do 5 de febreiro, cando finaliza o prazo de alegacións, presente ante o Ministerio de Fomento a proposta técnica para esixir que se teña en conta no trazado definitivo da A-74 a necesidade do polígono barreirense de contar con ese servizo de acceso directo”, explica a portavoz municipal.

Se no pleno do luns a moción non sae adiante, o BNG asegura que o será a propia formación nacionalista a que se dirixa ao Ministerio.

FUENTEPARGA SUPERVISOU AS OBRAS DE AGLOMERADO QUE SE REALIZARON ESTES DÍAS NA ESTRADAQUE UNE VILAMAR CON SAN XUSTO

FUENTEPARGA SUPERVISOU AS OBRAS DE AGLOMERADO QUE SE REALIZARON ESTES DÍAS NA ESTRADAQUE UNE VILAMAR CON SAN XUSTO.

No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 23 de novembro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, supervisou hoxe as obras de aglomerado que se realizan na estrada que une Vilamar con San Xusto. Hai dous días que comezaron estes traballos e hoxe poderían quedar rematados. O rexedor estivo acompañado pola concelleira Mar Sante.

O alcalde declarou que “na mañá de hoxe visitaba o aglomerado que fai dous días se iniciaba na estrada que vai dende Vilamar a San Xusto. Acompañado da concelleira Mar Sante, de San Xusto, estivemos vendo as obras que se están a realizar e que quedarán rematadas no día de hoxe”.

Alfonso Fuente lembrou que “levamos demandando a mellora desta vía desde o Concello xa hai moito tempo. Xunto coa actuación que fixo a Xunta de Galicia na estrada Reme-Vilamar e esta, que é unha estrada provincial que levamos demandando ante a Deputación que se fixera o seu aglomerado, as vías principais de acceso e saída da zona interior do concello practicamente quedan rematadas, e agora seguimos traballando en mellorar a rede municipal”.

O rexedor anunciou que “se van facer melloras nas outras vías que van rematando nestas para que sexa o mellor posible o acceso a todos os núcleos do interior do concello”.

O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR

O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR. OS TRABALLOS CONSISTIRÁN NA SUBSTITUCIÓN DA TUBAXE E O CAMBIO DO SEU PERCORRIDO PARA QUE NON ATRAVESE A ESTRADA PROVINCIAL.

Barreiros, 4 de outubro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, anuncia que xa quedou restablecido o abastecemento de auga en San Cosme e en Remior tras a avaría que se producía na xornada de onte. Unha tubaxe da rede partiu polo medio na zona de Remior. Segundo o rexedor “trátase da segunda avaría grave que se produce nos últimos tempos”. Os traballos para arranxala foron complicados porque esa tubaxe atravesa unha estrada provincial, que houbo que cortar para poder actuar. Foi esta madrugada cando os últimos veciños afectados puideron contar con auga nas súas casas. Fuente Parga explicou que unha motobomba do Concello e os bombeiros do parque comarcal de Barreiros tiveron que abastecer de auga, na tarde de onte, ás explotacións gandeiras de Remior. Nas vindeiras semanas o Concello acometerá unha obra de emerxencia nesa zona. Consistirá en cambiar o percorrido da tubaxe para que non atravese a estrada provincial.

O alcalde de Barreiros contou que “onte en Barreiros tivemos un problema no abastecemento de auga pola rotura dunha tubaxe na zona de Remior. Nestes últimos meses é a segunda avaría grave que temos nesa zona por culpa dun tubo de fibrocemento que abriu polo medio, non é como noutros casos nos que se xera un pequeno furado, neste caso abriu todo o tubo. A traída de auga alí vai a unha profundidade importante e hai que sumar que vai polo medio dunha estrada provincial. Houbo que abrir unha gran fosa e houbo problemas porque si se enchía de auga dificultaba as tarefas de arranxo. Isto provocou que se baleirara o depósito de Merille, o cal levou a que a partir do mediodía os veciños de San Cosme quedaran sen auga. Pouco a pouco se intentou ir restablecendo por outra vía e en torno ás once da noite se puido restablecer na parroquia de San Cosme. E en Remior, onde hai unha zona cunhas gandeirías importantes, nosoutros coa nosa motobomba e os bombeiros levamos auga a algunhas gandeirías. Isto levaba o seu tempo dado que tiñan esperar a que o gando fora bebendo pouco a pouco. Eu estiven en contacto en todo momento con eles e foise solucionando. Houbo que traballar duro, e na zona da fuga a partir das once da noite só quedaban catro casas sen servizo, e ás dúas e media da mañá remataron os traballos e puido ter servizo todo o mundo. Neste momento está xa restablecido todo o servizo, e estase arranxando a estrada que está cortada, como estivo no día de onte”.

Alfonso Fuente dixo que “é unha zona que agora detectamos que está a romper ademais desta forma que nos chama moito a atención, que abra todo o tubo polo medio, que pode ser que, ao ir por debaixo da estrada, que esta cedera un pouco o chan e que lle faga abrir o tubo”.

O rexedor anunciou que “imos iniciar unha obra de emerxencia primeiro sacando a tubaxe de debaixo da estrada e levándoa a zona da cuneta. A ver se a semana que ven podemos poñernos en contacto con algunhas empresas que poidan facelo de inmediato, e cambiar esa tubaxe. Onte se cambiaba outra e fai aproximadamente un mes se cambiaban outros seis metros, entón o que hai que facer é esa obra de emerxencia e cambiar o tramo. Tamén é certo que hai unha promotora que iniciou de novo a construción dun edificio que estaba paralizado e que, con cargo a esa promoción, teñen que cambiar toda a tubaxe desde o cruce de abaixo de Remior. Poñerémonos en contacto con eles para que fagan esta obra conxuntamente con nós e polo tanto o cargo ao Concello desta obra será moito menor xa que son moitos menos metros, dado que o resto de metros ata o cruce de Remior terá que executalo esta promotora”.

E subliñou: “polo tanto o custe para os veciños vai ser mínimo e imos intentar que se faga canto antes para evitar que ocorran estas cousas. É unha zona que hai moita gandeiría e hai un gran consumo de auga. De feito xa se cambiara toda a tubaxe desde o Eroski ata Remior, que era un tramo que tamén daba moitos problemas e rompía continuamente, e agora falta esta parte baixa de Remior ata chegar ao cruce da estrada da praia. É un tramo que está dando estes problemas e vai ser o que se vai cambiar, e así o estamos facendo, vendo eses tramos que nos quedan en fibrocemento e indo substituíndo por unha tubaxe máis moderna e de máis sección”.

 

COMEZARON HOXE AS OBRAS DE REXENERACIÓN DO FIRME NA N-634 NA TRAVESÍA DE BARREIROS. O ALCALDE SUBLIÑA QUE O TRAMO ESTABA MOI DETERIORADO

COMEZARON HOXE AS OBRAS DE REXENERACIÓN DO FIRME NA N-634 NA TRAVESÍA DE BARREIROS. O ALCALDE SUBLIÑA QUE O TRAMO ESTABA MOI DETERIORADO.

Barreiros, 11 de xullo de 2018. Esta mañá deron comezo os traballos de rexeneración do firme na N-634, ao seu paso pola travesía de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, subliña que o tramo estaba moi deteriorado. As obras provocaron retencións de tráfico nese punto durante a xornada.

O rexedor explicou que “desde o Concello queremos  informar que hoxe está habendo algunha retención de tráfico na N-634, ao seu paso pola travesía de Barreiros, debido a que se iniciaron uns traballos de rexeneración das distintas fochancas que había na estrada nacional na solicitude que se fixera a Fomento, para que tivese en conta o estado de deterioro que tiña esta estrada”.

O alcalde lembra que “para evitar eses bacheos que se viñan facendo, se lle solicitaba a Fomento que había que rexenerar a zona, levantar, limpar e volver a aglomerar. Eses traballos iniciáronse na mañá de hoxe e producen algunha retención”.

O rexedor engade que “tamén víamos como hoxe mesmo pola mañá, iniciaban os traballos de desbroces na estrada da praia por parte da Deputación Provincial. Esperamos que se realicen nestes días dado que estamos chegando xa a mediados de xullo, e hai que facelos con celeridade para que estean ben, tendo en conta que este ano foi especial de choiva, de crecemento da herba e de ter que facer desbroces”.