Archivo de la categoría: Obras

A alcaldesa e o concelleiro de medio rural revisaron as obras que se están a levar a cabo na pista de subida a Penabor

A alcaldesa e o concelleiro de medio rural revisaron as obras que se están a levar a cabo na pista de subida a Penabor, que desde a súa apertura hai vinte anos, non se tiña sometido a arranxos.
🚜 Os traballos, financiados con fondos propios do Concello, tamén se realizarán nas pistas de subida a Cornería e na de acceso aos depósitos de Vilamartín Grande e consistirán en actuacións con motoniveladora, pala e pisón segundo as necesidades das pistas.
🏔 Con estas actuacións mellorarase o firme dos camiños e a recollida de augas pluviais mediante a mellora das cunetas, tratando de evitar o seu deterioro.

 

OBRAS EN BARREIROS PARA MELLORAR O ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE

AS OBRAS SON PROXETADAS EN BARREIROS POR AUGAS GALICIA PARA MELLORAR O ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE

A nova captación funcionará por gravidade logrando un importante aforro enerxético

Barreiros, 19 de setembro 2020. 

➡️ Nesta semana comezaron as obras, proxectadas por Augas de Galicia, para mellorar a planta potabilizadora situada en Celeiro de Mariñaos coa construción dunha nova captación sobre o río Masma. 

Estas actuacións “teñen como obxectivo prioritario garantir o abastecemento de auga potable en calidade e cantidade no concello de Barreiros” segundo explica a concelleira de saúde, Montse Porteiro, e engade que, “a nova captación, que pasa a substituír a antiga e data de finais dos anos 70, permitirá mellorar o abastecemento de auga no Concello de Barreiros e, ao mesmo tempo, lograr un importante aforro enerxético, xa que o captarse auga por gravidade, elimínase un bombeo que implicaba a antiga captación”.

As obras, que son dunha enorme envergadura e precisan acometer un gran movemento de terras, “poden provocar pequenas alteracións nas características da auga coma o color, sen que en ningún momento se altere a súa potabilidade” asegura a edil.

A duración das mesmas estimase de quince días ,período que pode variar en función das condicións climatolóxicas.

A Deputación investirá 600.000€ na mellora de estradas en Barreiros, Monforte, Bóveda e Trabada

A Deputación investirá 600.000€ na mellora de estradas en Barreiros, Monforte, Bóveda e Trabada

21-08-20

 Lugo, 21 de agosto de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable da área de Xestión Territorial, anunciou este venres un investimento de preto de 600.000€ na mellora de firmes de catro estradas provinciais nas comarcas da Mariña e da Zona Sur, en concreto, nos concellos de Barreiros, Monforte, Bóveda e Trabada. Fíxoo na rolda de prensa na que, xunto á Vicepresidenta, Maite Ferreiro, explicou os asuntos abordados na Xunta de Goberno celebrada hoxe, na que se aprobaron os proxectos e a licitación das obras para acometer estas actuacións, que se desenvolverán nas seguintes vías da Deputación:

– En Barreiros, na LU-P-0610, coñecida como a estrada da Costa, na que se acometerán melloras en dous quilómetros (entre os puntos quilométricos 3,400 e 5,400). O orzamento base de licitación é de 115.712,18€. Esta estrada ten unha importancia estratéxica na Mariña porque é a que discorre paralela ás praias de Barreiros e chega ata a das Catedrais, en Ribadeo.

– En Monforte, a Deputación continuará coa mellora da estrada que une a cidade co núcleo de Currelos, no Saviñao, a LU-P-3202, na que xa acondicionou 1,4 quilómetros o pasado ano, e agora, con este proxecto que hoxe aprobou e licitou, actuará noutros preto de tres quilómetros (entre os puntos quilométricos 4,000 e 6,800) cun investimento de 158.135,49€. As obras de mellora desta estrada teñen un importante valor social porque se trata dunha vía moi utilizada polos veciños e veciñas.

– En Bóveda, a institución provincial rehabilitará o firme da estrada LU-P-0907, que une os municipios de Bóveda e Paradela, coñecida como a estrada de Remesar. As obras afectarán aos tres primeiros quilómetros da vía, que parte da parroquia de Teilán, en Bóveda, en concreto, entre os puntos quilométricos 0,350 e 3,250, e o orzamento co que saen a licitación ascende a 110.730,51€.

– A Deputación completará tamén a mellora do firme da estrada provincial LU-P-5506, que conecta Aguaxosa con Trabada, e que supón a principal vía de comunicación deste municipio coa capital da provincia. A pavimentación desta vía, que pasa tamén polos concellos de Riotorto e Lourenzá, veuse facendo por tramos nos últimos anos e quedaban os case catro quilómetros que agora se van a mellorar (entre os puntos quilométricos 0,220 e 4,140), cun investimento próximo aos 200.000€.

Segundo explicou o Presidente, nas catro estradas acometeranse o mesmo tipo de obras: a reapertura e limpeza de cunetas para aumentar a durabilidade; pavimentación, co estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente sobre o firme existente, que dotará á calzada de maior regularidade e aumentará tamén a súa capacidade estrutural; e sinalización horizontal mediante o pintado de marcas viarias reflexivas brancas.

O prazo de execución de cada un dos catro proxectos tamén é o mesmo, de 9 meses dende o inicio das obras, polo que, segundo avanzou o Presidente, estarán previsiblemente rematadas na primavera.
“Dende o principio do mandato marcamos como prioridade a mellora da rede viaria provincial, á máis extensa de España, con máis de 4.200 quilómetros, porque cremos que a mobilidade contribúe de forma moi importante ao equilibrio territorial. Creo que dende o Goberno estamos respondendo a ese compromiso con feitos”, subliñou o Presidente, quen lembrou que a día de hoxe a Deputación ten en marcha obras en estradas provinciais por importe duns 4,6M€.
Adxudicación de dous contratos
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación de dous contratos: o de mantemento de portas automáticas dos edificios da Deputación por un importe de 32.757,12€ e dous anos de duración, con opción de prórroga por outros dous, e o de subministro de gas propano para os centros de atención a maiores da Deputación, por un ano e un importe total de 107.938,05€.
Remanentes do Plan Único para Navia e Sober
Outro dos puntos tratados na Xunta de Goberno foi a aprobación da solicitude dos concellos de Navia de Suarna e Sober para destinar a novas obras os remanentes resultantes da execución de actuacións financiadas con cargo ao Plan Único 2019.
En concreto, Navia de Suarna destinará preto de 16.300€ para actuacións complementarias de acondicionamento da avenida de Galicia, entre a rúa Cimadevila e a avenida dos Ancares, e o Concello de Sober dedicará 21.608,24€ á reforma da rede de saneamento da rúa da Mina.
Cemiterio de Viveiro
A Xunta de Goberno aprobou así mesmo o Plan de Seguridade e Saúde da obra de reparación do muro de contención do cemiterio municipal de Altamira, en Viveiro, danado pola riada do 2018. A Deputación financia esta actuación con máis de 96.000€, correspondentes ás obras, e outros preto de 17.000€ que xa destinou á redacción do proxecto, respondendo deste xeito á petición do Concello de Viveiro para arranxar as patoloxías e as deficiencias estruturais producidas no muro de contención sur do recinto.

BARREIROS LICITA O ARRANXO DE VÍAS MUNICIPAIS POR VALOR DE MAÍS DE 50.000€

BARREIROS LICITA O ARRANXO DE VÍAS MUNICIPAIS POR VALOR DE MAÍS DE 50.000€La imagen puede contener: cielo, árbol, planta, nube, césped, exterior y naturaleza

Barreiros, 5 de xuño de 2020. O goberno municipal de Barreiros vén de licitar obras de mellora e arranxo de vías municipais por un importe de 39.741,46€ máis IVE, correspondentes ao aforro obtido na adxudicación do plan único do 2019.

Segundo explica o concelleiro de obras, Antonio Veiga, “trátase de levar a cabo pequenas actuacións sobre a rede viaria municipal para tratar de que chegue a un estado de partida mínimo e, a partir desa situación, poder acometer melloras máis substanciais.

As vías que se inclúen no proxecto para realizar arranxos nelas son o Camiño Novo en Reinante, acceso a barrio de Suigrexa, en Benquerencia; acceso a Fixoucos en Vilamar; acceso ao Barral en Celeiro; acceso na Rilleira e acceso desde o Teleclub en Vilamartín Pequeno

Pola contía dos traballos, a tramitación correspóndese con un contrato menor que podería adxudicarse directamente. Porén, o goberno municipal optou por solicitar oferta a todas as empresas que participaron na licitación inicial do plan único do 2019 e valorar o arranxo doutras vías complementarias para adxudicar, valoradas en 9.065,12€ máis IVE.

Así, ademais dos camiños incluídos no principal, as obras de arranxos poderán, en función das ofertas das empresas participantes, incluír arranxos na Baixada á Insua, acceso no Rego do Molido en Benquerencia, acceso en Vilamartín Grande desde a subida a Trabada, acceso en Novás en San Xusto, acceso desde Vilar ás vivendas sociais, en San Cosme, camiño dos Campos en San Miguel e camiño do Barreiro en Reinante.

Pendentes da resolución do plan marco de camiños para licitar máis arranxos.

O goberno municipal agarda tamén pola resolución por parte da Xunta de Galicia da solicitude de axuda con abeiro ao Plan Marco de Camiños 2020-2021 para poder licitar o arranxo dos camiños de acceso desde a N-634 a San Miguel, camiño de Escanlar ao Canteiro e accesos a Abelleira; todos eles en Benquerencia.

O importe de execución na licitación destes camiños en Benquerencia ascende a 36.635,68€ máis IVE, que se executará entre este ano e o seguinte.

Elaboración dos proxectos para o plan único 2020.

Nestes momentos, o equipo de goberno atópase ultimando a solicitude do Plan Único da Deputación para o ano 2020, no que tamén se incluirán obras de arranxos e melloras de viais. Antonio Veiga explica que “o que se está tratando é de atallar os problemas viarios máis importantes e de realizar actuacións en todas as parroquias, para tentar chegar a uns mínimos de mantemento e despois programar a medio prazo actuacións de maior calado na rede viaria.”

O CONCELLO DE BARREIROS LICITA A OBRA PARA O ARRANXO DA CUBERTA DO CONSISTORIO

O CONCELLO DE BARREIROS LICITA A OBRA PARA O ARRANXO DA CUBERTA DO CONSISTORIO

Trátase dunha obra de rehabilitación completa da cuberta que mellorará a eficiencia enerxética do edifico.

Barreiros, 24 de outubro de 2019. O Concello de Barreiros pon en marcha o proceso de licitación da obra “Rehabilitación enerxética da envolvente térmica de cuberta da Sede Municipal do Concello de Barreiros”, esta obra será unha rehabilitación completa da cuberta e deberá levarse a cabo con materiais que melloren a envolvente térmica da mesma, facendo así do consistorio un edificio enerxéticamente eficiente.

A obra está financiada polo IDEA, dentro das subvencións a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, cun importe de 50.132,74€ para un investimento previsto de 62.665,93€ que inclúe as obras, os gastos de redacción do proxecto e a dirección de obra.

O prazo de licitación para presentar as ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado comezou o 24 de outubro e remata o 14 de novembro (ambos inclusive)

A execución da obra é de dous meses dende que se inicie salvo causas imprevistas.

FINALIZADAS AS OBRAS DE MELLORA EN VARIOS PARQUES INFANTÍS DE BARREIROS

FINALIZADAS AS OBRAS DE MELLORA EN VARIOS PARQUES INFANTÍS DE BARREIROS.

Esta semana quedaron rematadas as obras de mantemento e mellora dos parques infantís de San Miguel, Agolada e San Bartolo.

Barreiros, 16 de outubro 2019. O Concello de Barreiros ven de supervisar a finalización das obras de mantemento e reforma de varios parques infantís do municipio. Este contrato incluía a instalación de pezas novas, o adecentamento dos elementos xa existentes, así como mellora dos pavimentos e peches para os parques infantís dos núcleos de San Miguel, Agolada en Benquerencia e no San Bartolo.

As obras, que contaban cun presuposto de 25.912,15€, foron financiados nun 70% pola Xunta de Galicia e o 30% con fondos municipais.

Barreiros licita mejoras en su red viaria por valor de 192.000 euros

Barreiros licita mejoras en su red viaria por valor de 192.000 euros

PEPA LOSADA
BARREIROS / LA VOZ 

Pese a su delicada situación económica, el Concello de Barreiros está licitando importantes actuaciones, por su cuantía, con el capital que le corresponde de diferentes programas. Es el caso del Plan Único de la Diputación por el cual invertirá 192.022 euros en la mejora en la red viaria. De esa cantidad, la Diputación aporta 180.610, y el Concello le corresponde pagar 11.412.

El contrato licitado es para la pavimentación de la carretera da Barcela, Urbanización Viladaíde, Suaigrexa, carretera de Sarxendez, carretera en Ferrería, de rotonda de A-8 a carretera de Trabada, carretera de Insua, carretera de Pedreira, Igrexa de San Xusto a Campo da Festa y camino de Mescosa. El plazo de ejecución es de tres meses y, en cualquier caso, las obras deberán estar concluidas antes de octubre de 2020.

La otra licitación es de la ampliación del centro social de San Xulián de Cabarcos, con una inversión de 67.686 euros, de cuya cantidad la Diputación aporta 57.558 euros a través del Plan Único de Cooperación de 2019, mientras que el Concello tiene que aportar los 10.128 euros restantes. El plazo de ejecución de estas obras es de seis meses y deberán estar concluidas en octubre de 2020.

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA DÚAS NOVAS LICITACIÓNS

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA DÚAS NOVAS LICITACIÓNS

Trátase de unha licitación para a pavimentación de camiños e outra para a ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos.

Barreiros, 19 de setembro de 2019. O Concello de Barreiros saca a licitación dun contrato de obra para a pavimentación de camiños, concretamente para: Carretera da Barcela, Urbanización Viladaíde, Suaigrexa, carretera de Sarxendez, carretera en Ferrería, de rotonda de Autovía a carretera de Trabada, carretera de Insua, carretera de Pedreira, Igrexa de San Xusto a campo da festa e camiño de Mescosa. O importe é de 192.022,87 € e está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 180.610,27 €, os 11.412,60 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de 3 meses  e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.

A outra licitación trátase da ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos. O importe das obras é de 67.686,80 € e tamén está cofinanciado pola Deputación de Lugo  a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 57.558,37 €, os 10.128,43 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de  6 meses e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.

Ámbalas dúas licitacións están publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público e as ofertas deberán presentarse de maneira electrónica.

CxG urxe o remate en dous anos do enlace Barreiros-San Cibrao, e advidrte que “a falta de medidas está a empobrecer seriamente a costa lucense”

CxG urxe o remate en dous anos do enlace Barreiros-San Cibrao, e advidrte que “a falta de medidas está a empobrecer seriamente a costa lucense”
19-04-19
A Mariña. O número 1 por Lugo na lista ao Congreso, José Luís Moñita, subliña tamén a necesidade de “preservar San Martiño e o seu entorno do impacto visual que pode producir unha infraestrutura que polo demais é prioritaria para o desenvolvemento da Mariña”.

Neste sentido, Compromiso Por Galicia condicionará os seus apoios, tanto no Congreso con Moñita coma no Senado co candidato Saúl Sánchez, ao desenvolvemento deste investimento, acompañado doutras medidas dinamizadoras para os sectores produtivos da zona.

“Con todo o potencial que temos na costa lucense, co que mobiliza a diario a industria, o sector da pesca, o da madeira e todas as posibilidades que ofrece a calidade humana e profesional da Mariña, a inacción das sucursais dos partidos de Madrid está a ser determinante e limita o futuro da comarca”, declara Saúl Sánchez. “A falta de medidas está a empobrecer seriamente a costa”, segundo afirma Moñita, “tanto que se non tomamos decisións serias rapidamente estaremos a condenar o futuro da nosa xente”.