Archivo de la categoría: Nadal

Festival de Nadal no colexio de San Cosme

Festival de Nadal no colexio de San Cosme

Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros disfrutaron hoxe dunha gran Festa de Nadal, cargada de ledicia, actuacións, poesía, agasallos e música e cun fío conductor marcado polo compromiso e a integración. Os estudantes maiores exerceron de mestres de ceremonia explicando ao público as dificultades que teñen moitos nenos para acceder ao ensino ou para comer ou para atopar auga corrente, facendo referencias a frases célebres de Einstein e Gandhi, entre outros.
As actuacións e intervencións fixéronse en castelán, galego, inglés e linguaxe de signos.
A festa estivo organizada polo equipo docente.

Fotos Cope de La Costa:

As mulleres que están a facer manualidades na escola de Celeiro de Mariñaos fixéronlle entrega ao persoal do centro de saúde dunha árbore de Nadal

En Barreiros as mulleres que están a facer manualidades na escola de Celeiro de Mariñaos fixéronlle entrega ao persoal do centro de saúde dunha árbore de Nadal e de varios adornos navideños realizados con material de reciclaxe e follas secas de plantas. O persoal sanitario agradece “este bonito detalle, xa que proporcionarán un ambiente agradable e alegre aos doentes que estes días acuden a esta instalación”, segundo explica o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, que traballa no devandito centro desaúde.

011216-foto-adornos-centro-saude-barreiros

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”
Data de envio:
08/11/2016 – 23:07
ANUNCIO

O Sr. Alcalde -Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade organiza o PROGRAMA “ XUNTOS POLO NADAL”.

Este programa, vaise desenvolver dende o día 23 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, na Residencia de Tempo Libre do de Panxón (Nigrán, Pontevedra) para as persoas solicitantes da provincia de Lugo.

  • REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
    • – Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación das solicitudes.
    • – Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
    • – Ter que pasar só as datas de Nadal.
    • – Valerse por si mesmo/a e non padecer ningunha enfermidade infecto – contaxiosa activa nin padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia
    • – Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
  • DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
    • – Solicitude.
    • – Informe social.
    • – Declaración responsable.

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 23 de Novembro de 2016.

Para maior información e tramitación de solicitudes, no Concello, Departamento de Servizos Sociais.

Barreiros a 8 de novembro de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios

Archivos de anuncio:

NENAS E NENOS DE BARREIROS PARTICIPARON NUNHA VIDEO CONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

IMG_20151216_123418

NENAS E NENOS DE BARREIROS PARTICIPARON NUNHA VIDEO CONFERENCIA CON PAPÁ NOEL. A CITA FOI ORGANIZADA POLA AULA CEMIT.

Barreiros, 16 de decembro de 2015. A Aula CeMIT de Barreiros conectou con Laponia os días 15 e 16 de decembro para realizar unha videoconferencia con Papá Noel, a través da que un total de 50 alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria dos colexios de San Cosme e San Miguel, puideron realizar as súas peticións de Nadal e solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel.

Barreiros é unha das 29 localidades galegas que reciben esta visita virtual de Papá Noel. A rede de videoconferencias, que comezou o 10 de decembro e que se desenvolverá ata o día 18, cunha visita de media hora en cada aula, chega a máis de 1.400 alumnas a alumnos de toda Galicia.

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu oitavo aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, reside en establecer unha comunicación cara a cara entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poden falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

IMG_20151215_103222

Aumentan las cenas navideñas, pero hay menos de empresa y más de pago a escote

Aumentan las cenas navideñas, pero hay menos de empresa y más de pago a escote

Los precios oscilan entre los 25 y los 90 euros, y los días más demandados son los viernes y los sábados por la noche

MARÍA CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ, 15 de diciembre de 2015.

Este año hay más cenas navideñas de empresa, con amigos o familiares. Es lo que constatan los hosteleros mariñanos consultados, que confirman una mejoría con respecto al año pasado. Coinciden en destacar que los viernes y sábados son los días preferidos para las conocidas como cenas de empresa, aunque cada vez son menos los negocios que las financian. Ahora, dicen los hosteleros, aunque sean celebraciones de compañeros de trabajo, se paga cada vez más a escote.

En La Quinta, con restaurantes en Foz, Ribadeo y Viveiro, constatan un repunte en las celebraciones y con precios entre los 20 y los 40 euros. En esta firma también confirman que están recibiendo más encargos para servir en casa cenas de Nochebuena y Nochevieja: «Ya no hay aquellos grupos de 60 o 70, pero sí de 16, 25…». En O Asador de Barreiros reconocen que hay «máis ceas e tamén ceas nas que se invisten máis cartos». Los comensales gastan entre 25 y 50 euros, «aínda que houbo bastantes de 40».

A pocos kilómetros, La Dorada, en Ribadeo, el sábado pasado llenó el comedor y la situación se repetirá este sábado y el 26. «Agora estílase máis que paguen os comensais e non as empresas, coma antes», reconoce el propietario, que no pasa por alto que ofrece una buena relación calidad-precio. Las cenas que sirven oscilan entre 25 y 40 euros por persona, «aínda que tamén hai casos de 60». Este tipo de celebraciones llegan este año al día después de Navidad. El sábado 26 habrá cenas también en el Nordés de Burela, donde el menú oscila entre los 30 y los 90 euros, aunque la media se sitúa entre 35 y 40. Los viernes y el sábado son los días más demandados.

Los sábados por la noche, los días preferidos. En este restaurante sirven cenas para clientes de Ribadeo y de la zona, y también del vecino Occidente asturiano. foto X.F.R.

Más cenas y «de máis cartos». El precio medio de las cenas de empresa oscila entre los 25 y los 50 euros en este restaurante que cerrará desde el próximo día 20 hasta el 7 de enero. foto p.l.

Títeres no Nadal

A Pontenova, Barreiros, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Trabada reciben “Títeres no Nadal”

Lugo, 9 de decembro de 2015.- O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Xosé Ferreiro, xunto co representante da Asociación Cultural Tanque de Zinc de Mondoñedo, Ton Arenas, presentou na mañá deste mércores o programa ‘Títeres no Nadal’

Trátase dun programa cultural que vai levar aos centros de ensino de concellos rurais da provincia de Lugo un total de 25 funcións das pezas “Martín, Martín” da compañía Mircromina Títeres, e “Cinco historias para unha man” da compañía Spaguetti Títeres.

‘Títeres no Nadal’ insírense dentro da programación do “Nadal Cultural”, organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Tal e como expresou o Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, “con “Títeres no Nadal queremos achegar aos centros de ensino dos concellos rurais actividades culturais de calidade, contribuíndo a afondar na igualdade de oportunidades, para que as e os nenos do rural se divirtan e aprendan tendo contacto con espectáculos de factura propia e totalmente artesanais coma os que ofrece o programa “Títeres no Nadal”

A Asociación Cultural Tanque de Zinc é a encargada de xestionar os contactos cos colexios para organizar unha programación que xa comezou hai algúns días e xa visitou os centros de ensino de Friol, Palas de Rei, O Páramo, Láncara, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, O Incio, O Saviñao, Navia de Suarna e Cervantes, e que durante o mes de decembro “vai espertar a ilusión e a imaxinación das e dos máis novos levando a maxia dos títeres ao longo da provincia de Lugo” indicou Xosé Ferreiro.

As funcións continuarán nas vindeiras semanas nos colexios de Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Baralla, Castro de Rei, Cospeito, Vilalba, Xermade, Riotorto, A Pontenova, Trabada, Barreiros, O Valadouro ou O Vicedo, entre outros.

O Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, insistiu en que “a programación da Área de Cultura da Deputación de Lugo para este Nadal non remata aquí, e nos vindeiros días daremos a coñecer máis programación cultural aberta e accesible a todos os públicos na que estamos a traballar”, dixo.