Archivo de la categoría: Letras Galegas

Entrega de premios aos gañadores e gañadoras do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2019

Onte tivo lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2019, que convocou na súa fase local a Biblioteca Municipal de Barreiros. No acto participaron, entre outros, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o alcalde, Alfonso Fuente.La imagen puede contener: 14 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior No hay descripción de la foto disponible.
(Adxuntamos foto e o listado cos nomes dos premiados e premiadas)

XA SE COÑECEN OS PREMIAD@S NA FASE LOCAL DOS CONCURSOS DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019, CONVOCADOS POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS

XA SE COÑECEN OS PREMIAD@S NA FASE LOCAL DOS CONCURSOS DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019, CONVOCADOS POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS.No hay descripción de la foto disponible.

Barreiros, 16 de maio de 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros deu a coñecer os nomes dos gañadores e gañadoras dos Concursos de Debuxo e Narración Letras Galegas 2019 na súa fase local.

No apartado de Debuxo os galardoados foron: Lara Gayo Piñeiroa, Carla Rañón Broz, Sara Fernández Coldeira, Daniela Yáñez Lorenzo, Felipe Martín de Burgos, Antía Murias Sampedro, Iria Vidal Vega, Sara Daniela Da Costa Simoes e Hajar Zaid Selouane.

Na modalidade de Narración resultaron premiados: Iria López Boto, Fernando Seco Sánchez, Jimena Fernández-Reinante Pérez e Zaira Veiga Castosa.

0s premiad@s nesta fase local pasarán a participar na fase provincial do certame, organizado pola Biblioteca Provincial co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo.

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acolleu a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acolleu a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018. O lema elixido nesta ocasión foi “Como cambiou o conto ou cómo darlle unha volta ao conto tradicional”.
Os encargados de entregar os diplomas e agasallos aos vencedores foron a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Os gañadores e gañadores pasarán agora a concursar na fase provincial deste concurso.

Onte, domingo, remataron as celebracións do Concello de Barreiros para conmemorar o Día das Letras Galegas

Onte, domingo, remataron as celebracións do Concello de Barreiros para conmemorar o Día das Letras Galegas. Foi con dúas actuacións

La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interior

musicais no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O Dúo

Rosas ofreceu un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e Daniel Adzemian, profesor de

La imagen puede contener: una o varias personas e interior

guitarra. Tamén actuou a Coral Polifónica de Barreiros, dirixida por Beatriz Vázquez Mesa, interpretando cancións populares galegas.

Esta cita foi organizada polo Concello a través da súa Concellería de Cultura coa colaboración da Coral Polifónica de Barreiros.
 
Saúdos,

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E COAS ACTUACIÓNS QUE OFRECERÁN O DÚO ROSAS E A CORAL POLIFÓNICA LOCAL. AS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E COAS ACTUACIÓNS QUE OFRECERÁN O DÚO ROSAS E A CORAL POLIFÓNICA LOCAL. AS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Barreiros, 9 de maio de 2018. A Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro  O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.

O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e Daniel Adzemian, profesor de guitarra. Tamén actuará a Coral Polifónica de Barreiros, dirixida por Beatriz Vázquez Mesa, interpretando cancións populares galegas.

Organiza o Concello a través da súa Concellería de Cultura coa colaboración da Coral Polifónica de Barreiros.

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron os premios aos gañadores dos Concursos de Narración e Debuxo Letras Galegas 2017

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron os premios aos gañadores dos Concursos de Narración e Debuxo Letras Galegas 2017, na súa fase local. O acto tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal. E nas últimas horas tivo lugar a clausura do curso de relaxación e concentración para nen@s e moz@s, que se celebrou de xaneiro a maio, organizado pola OMIX barreirense.La imagen puede contener: 12 personas, interior

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO QUE REUNIRÁ MAÑÁ A TRES CORAIS

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO QUE REUNIRÁ MAÑÁ A TRES CORAIS.

Barreiros, 16 de maio de 2017. O Concello barreirense celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto, que se celebrará mañá, 17 de maio, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Dará comezo ás 19:30 horas e contará coa actuación da Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a Coral de Barreiros.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura.La imagen puede contener: texto

As escolas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, acolleron un acto en homenaxe a Manuel María

DSC_1194As escolas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, acolleron un acto en homenaxe a Manuel María no que a concelleira de Cultura, Adelina Fernández, lembrou a vida do poeta lugués e seguidamente tivo lugar unha actuación da DSC_1190Coral Polifónica barreirense. Os asistentes gozaron de temas ben coñecidos como o himno galego, en homenaxe a Manuel María e ao Día das Letras Galegas, e tamén escoitaron unha canción habanera que serviu como adianto do que será o IV Festival de Habaneras que se celebrará este vindeiro sábado, 21 de maio.