Archivo de la categoría: Lecer

O VINDEIRO DÍA 16 DE OUTUBRO COMEZA UNHA NOVA ETAPA DO PROGRAMA “TARDES DE LECER”, ORGANIZADO POLO CONCELLO DE BARREIROS A TRAVÉS DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

#TardesDeLecer #ServizosSociaisBarreiros#ConcelloDeBarreiros
O VINDEIRO DÍA 16 DE OUTUBRO COMEZA UNHA NOVA ETAPA DO PROGRAMA “TARDES DE LECER”, ORGANIZADO POLO CONCELLO DE BARREIROS A TRAVÉS DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.

Un ano máis ponse en marcha o programa “Tardes de Lecer” que terá lugar nas parroquias de San Xusto, San Cosme, San Pedro e Celeiro de Mariñaos.

O obxectivo deste programa é fomentar a actividade, promover a socialización, reforzar a autoestima, estimular o cerebro e a memoria de toda a veciñanza barreirense que desexe participar nel.

Para inscribirse basta con acudir no día é hora o lugar de impartición.

No hay texto alternativo automático disponible.

As mulleres que están a facer manualidades na escola de Celeiro de Mariñaos fixéronlle entrega ao persoal do centro de saúde dunha árbore de Nadal

En Barreiros as mulleres que están a facer manualidades na escola de Celeiro de Mariñaos fixéronlle entrega ao persoal do centro de saúde dunha árbore de Nadal e de varios adornos navideños realizados con material de reciclaxe e follas secas de plantas. O persoal sanitario agradece “este bonito detalle, xa que proporcionarán un ambiente agradable e alegre aos doentes que estes días acuden a esta instalación”, segundo explica o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, que traballa no devandito centro desaúde.

011216-foto-adornos-centro-saude-barreiros

Actividades para éste fin de semana en Barreiros

img_20160915_104400

Actividades para éste fin de semana en Barreiros

Este sábado se produce la marea más grande del año y aprovechando tal circunstancia, estáis todos invitados a disfrutar de una situación que no se volverá a ver hasta dentro de un año.

Otro acto también importante es un recorrido por las parroquias de la zona sur de Barreiros que incluye una visite a la primera granja robotizada de Galicia en la que se produce el ordeño de las vacas totalmente automático.

img_20160915_104416

 

DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE

DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE. 060916  Foto nenos saharauis Barreiros

Barreiros, 6 de setembro de 2016. No Concello barreirense tivo lugar a despedida dos nenos saharauís que este ano estiveron pasando o verán no municipio e que nesta xornada partían de regreso cara os fogares. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, fíxolles entrega ao igual que en anos anteriores dun lote de material escolar, que os nenos recibiron con agradecemento.

Tratouse, segundo o rexedor, “dunha despedida emotiva posto que un dos nenos leva varios anos vindo ao noso concello, é coñecido por todos nós como Patxi (Mohamed Lamin Mohamed Ali), que xa non volverá debido a que alcanzou o límite de idade. O outro neno era o primeiro ano que viña a Galicia (Addalami)”.

Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron na actividade Lecer Consumo 2016

DSC06310Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron na actividade Lecer Consumo 2016, que organizou o Concello en colaboración co Instituto Galego de Consumo.

Ao longo da xornada desenvolvéronse dúas actividades co obxectivo de achegar de forma lúdica os conceptos básicos de consumo responsable e do lecer. DSC06330 DSC06320 DSC06307

Na actividade “O xogar non ten cancelas” os nenos e nenas escoitaron un conto que relataba como non é necesario mercar xoguetes para gozar do tempo de lecer e a continuación crearon unha marioneta.

E na actividade “No verán, un lecer responsable está na túa man” realizaron unha xincana onde tiveron que superar diferentes probas e posteriormente deseñaron “o planazo” propoñendo unha xornada de lecer que incluía alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada no noso Concello. Desta actividade xurdiu o seguinte lema creado polos propios nenos e nenas: “quen a Barreiros vai, volve porque o pasa guai”, este planazo participará no mes de setembro nun concurso do Facebook da Escola Galega de Consumo.