Archivo de la categoría: Hospital

A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA ESIXE A DIMISIÓN DE MARÍA JOSÉ CORTES, XERENTA DO HOSPITAL DA COSTA

A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA ESIXE A DIMISIÓN DE MARÍA JOSÉ CORTES, XERENTA DO HOSPITAL DA COSTA.

Nesta ocasión María José Cortés non maquillou as listas de espera, foi moito máis alá e pasou a brocha gorda”

Dende a Plataforma Sanitaria denuncian a maquillaxe se precedentes de María José Cortés en relación coas listas de espera nas que manipula os tempos de agarda e ao mesmo tempo négase a publicar a lista de espera non estrutural ou Lista B.

A lista de espera normal é a estrutural, cando non aceptas as propostas do SERGAS con respecto a ir á concertada/privada pasas á lista de espera non estrutural, que é iso? Pois unha lista B, o limbo…onde quedas nun caixón ata que te queiran rescatar”, explican.

A REALIDADE DAS LISTAS DE ESPERA NA MARIÑA.

-ECOGRAFÍAS: Os datos que presenta a Xerencia e dunha medía de 2 meses cando a realidade é que supera os 4 meses de espera.

– ESTUDOS CARDIOLÓXICOS: Os datos que presenta a Xerencia é de 15 días cando temos denuncias oficiais de pacientes que para facer unha proba de esforzo agardaron 210 días e 180 días respectivamente, ou de pacientes que foron chamados para consulta de Cardioloxía 6 meses despois de ser operados de urxencia noutros hospitais da rede SERGAS.

– CONSULTAS DE TRAUMATOLOXÍA: Os datos que presenta a Xerencia é de 59,7 cando temos denuncias de pacientes que levan esperando 9 meses e 7 meses con volantes preferentes.

– REHABILITACIÓN: Os datos que presenta a Xerencia é de 16 días. Para ser tratados en rehabilitación os pacientes preferentes teñen un espera de 5 meses.

Os pacientes crónicos que teñen que acudir ao Hospital da Costa por falta de rehabilitación no Centro de Saúde de Burela teñen unha lista de agarda que supera os 8 meses.

– A día de hoxe existe escurantismo total en canto a realidade das listas de espera xa que as mesmas xa non son xestionadas polo persoal do centro (anteriormente si xestionaba o persoal de admisión, se non que están baixo chave no despacho da dirección de xestión, único que coñece os datos reais e que emite listados diariamente para que simplemente chamen por teléfono.

– OPERACIÓNS CIRÚRXICAS: A Xerencia fala de 45 días. Os datos que manexamos é que principalmente na especialidade de traumatoloxía (próteses de cadeira, xeonllo, etcétera ) son derivadas cada vez máis aos hospitais privados de Lugo (POLUSA), incluído o preoperatorio, a intervención cirúrxica e as revisións co conseguinte desprazamento e gasto innecesario para usuarios e familias.

As derivacións aos hospitais privados de Lugo non só afectan a intervencións cirúrxicas, tamén son derivadas probas diagnósticas (electromiograma, ecografías, resonancias, etcétera)

PLAN URXENTE PARA ABORDAR AS LISTAS DE ESPERA.

Dende a Plataforma Sanitaria da Mariña “apostamos por unha sanidade ao alcance de todas e todos, pública e de calidade. Neste senso, é necesario poñer en marcha un Plan Urxente para Abordar as Listas de Espera que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas de derivación cara a centros concertados, que unicamente promoven o enriquecemento de empresas privadas”, sinalan.

A saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención sanitaria de toda a cidadanía da Mariña”, conclúen.

DIMISIÓN DA XERENTA.

Para a Plataforma Sanitaria non é admisible esta burla sobre estes tempos de espera para probas, consultas e operacións cirúrxicas no Hospital da Costa.

María José Cortés non traballa para garantir unha atención sanitaria en tempo e forma para a cidadanía da Mariña, só obedece submisamente ordes políticas, indo contra os intereses da Sanidade da Mariña importándolle ben pouco a dor e sufrimento que está a provocar entre a veciñanza a súa nefasta xestión” afirman.

Ante a gravidade da maquillaxe e manipulación das listas de espera proporcionadas por María José Cortés, Xerenta do Hospital da Costa, dicir o seguinte:

– É unha burla e unha falta de respecto a toda a poboación da Mariña que está a sufrir en primeira persoa as longas listas de espera para consultas, probas diagnósticas e operacións cirúrxicas, xa sen falar do continuo aumento de derivacións aos hospitais privados de Lugo.

Por todo o anterior esiximos a dimisión de María José Cortes, Xerenta do Hospital da Costa, e anunciamos que nas concentracións deste mércores berraremos <Esta Xerenta- non nos representa, Por manipulación- Xerenta dimisión>”, conclúen.

Coa nosa saúde non se xoga!

UNHA PACIENTE DENUNCIA DISCRIMINACIÓN NOS GASTOS DERIVADOS DOS DESPLAZAMENTOS A CONSULTAS FORA DA ÁREA SANITARIA

UNHA PACIENTE DENUNCIA DISCRIMINACIÓN NOS GASTOS DERIVADOS DOS DESPLAZAMENTOS A CONSULTAS FORA DA ÁREA SANITARIA.

Os desplazamentos de pacientes están regulados polo decreto 42/ 1998 do 15 de Xaneiro, un decreto totalmente obsoleto, inxusto e xerador de desigualdade.

Unha paciente que debe acudir á consulta de cirurxía vascular ao HULA como mínimo 4 veces ao ano, acudiu á Plataforma Sanitaria solicitando axuda o pasado decembro de 2017 para presentar unha reclamación, que se rexistrou con número de entrada 2843.

A paciente , de forma crónica e de por vida , acude a esa consulta e precisa ir acompañada por familiares pois a maiores ten diminuídas as súas capacidades intelectuais, polo que ademáis do custe económico dos desplazamento os familiares deben pedir sempre permisos no traballo para acompañamento.

A familia é coñecedora de que o reembolso dos gastos derivados dos desplazamentos están regulados por un decreto e que só se reembolsarían os gastos se tivese que ir á devandita consulta máis de oito veces ao mes polo mesmo problema. Pero se estas consultas foran na Coruña ou en Santiago os gastos lles serían reembolsados sen ter en conta estes criterios.

Desde a Plataforma Sanitaria instamos @s responsables políticos e ao Sergas a que modifiquen estes criterios que “ entendemos son inxustos, obsoletos, discriminatorios e xeradores de máis desigualdade e solicitamos lles sexan reembolsados os gastos derivados dos desplazamentos por ser de xustiza – manifestaron responsables da Plataforma.

SEIS MESES DE PROTESTAS E CENTOS DE PERSOAS NAS CONCENTRACI ÓNS SEMANAIS NA MARIÑA

SEIS MESES DE PROTESTAS E CENTOS DE PERSOAS NAS CONCENTRACI ÓNS SEMANAIS NA MARIÑA.

A Mariña , 24 de Xaneiro de 2018. Como cada mércores, persoal sanitario, usuarias e usuarios da sanidade pública da Mariña, volveron concentrarse diante do Hospital da Costa e Centros de Saúde para esixir a retirada do proxecto de lei que “pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria. Reclamaron capacidade de xestión dende a comarca para deste xeito “ ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade” manifestaron responsables da Plataforma Sanitaria.

Entenden que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública, dando cabida á sanidade privada, provocar unha perda no número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar  a accesibilidade aos servizos sanitarios e desmantelar a Atención Primaria.

Esta reforma implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela, así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe  , para realizar probas e consultas que até agora  realizaban nas súas comarcas.

“ Os grandes beneficiados da reforma sanitaria impulsada polo PP son os hospitais privados da cidade de Lugo”- afirman desde a Plataforma. A conta de resultados dalgúns destes centros, como Polusa ou Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu unha importante reforma das instalación, é que  non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.

Ao final das protestas fixeron un chamamento a movilizarse e participar masivamente contra a política de desmantelamento da sanidade do PP, o día 4 de febrero  ás 12 horas en Compostela.A única forma de parar esta reforma inxusta , insolidaria, xeradora de desigualdade e que afectará a toda a sanidade galega, mesmo ás grandes ciudades, é a mobilización social masiva e contundente como pasou recentemente coa lei de Acuicultura , que se conseguiu frear pola forte contestación social”- conclúen desde a Plataforma.

La plataforma sanitaria llama a los vecinos a movilizarse por el área única

La plataforma sanitaria llama a los vecinos a movilizarse por el área única

El colectivo prepara nuevos actos mientras anuncia su asistencia a la manifestación del día 4.

A MARIÑA. La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña hizo el viernes un llamamiento a la sociedad mariñana para seguir movilizándose en favor de un área única para la comarca, «porque o que nos xogamos é algo tan vital como a nosa sanidade». El colectivo avanzó que programará nuevos actos en la comarca en los próximos meses para mostrar públicamente su rechazo a la supresión del área y la pérdida de servicios en la sanidad de la comarca y, sobre todo, en el Hospital da Costa, que vienen denunciando desde hace meses. Por el momento, explicaron que continuarán con las concentraciones de cada miércoles a las puertas del hospital y los centros de salud y recordaron que participarán en la movilización que convoca SOS Sanidade Pública el próximo 4 de febrero, a las doce del mediodía, en Santiago.

Precisamente para acudir a este acto, desde la plataforma anunciaron que fletarán autobuses gratuitos que saldrán desde Viveiro, Burela y Ribadeo, «pero habilitaranse outros puntos de saída se é preciso unha vez que teñamos o número de asistentes». Las personas interesadas en reservar una plaza pueden hacerlo hasta el 1 de febrero en los teléfonos 982.58.18.61, 982.14.06.54 o 667.05.20.58. «Temos boas expectativas en canto ao número de xente que se pode desprazar a Santiago, porque motios veciños se achegan a nós para preguntarnos sobre isto», explicó la coordinadora del colectivo, Montse Porteiro.

La asociación fletará autobuses gratuiros para viajar a Compostela, que saldrán desde Viveiro, Burela y Ribadeo

En este sentido, desde la plataforma también hicieron un llamamiento a los alcaldes mariñanos «para que amosen o seu apoio a esta manifestación e pedirlles a súa colaboración na mobilización dos veciños da Mariña e mesmo facilitarlles o transporte ata Compostela sufragando autobuses, gasto que para os concellos non é significativo».

BALANCE. Los miembros del colectivo también hicieron un balance de las actividades que llevan más de seis meses realizando para «amosar o noso absoluto rexeitamento á supresión da área sanitaria da Mariña e pasar a ser un distrito da macroárea de Lugo, pois isto significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos cara a Lugo».

Desde el colectivo insistieron en que los «grandes beneficiados» de la reforma de la Lei de Saúde que prepara el PP son «os hospitais privados de Lugo» y puntualizaron que la ampliación que se está acometiendo en el Hospital da Costa, «só amplía espazos, que son moi necesarios, pero non se amplía nin un só servizo, nin se crea ningún a maiores».

ROLDA DE PRENSA MANIFESTACIÓN 4 FEBREIRO EN COMPOSTELA

ROLDA DE PRENSA MANIFESTACIÓN 4 FEBREIRO EN COMPOSTELA 

Bon día a todas e todos.

En primeiro lugar agradecer aos medios de comunicación a súa presenza  e tamén agradecerlles a cobertura que nos vides dando dende que empezou toda esta loita , hai xa 6 meses. fostes parte importante nesto porque axudástesnos a visibilizar o conflicto, moitas veces con bastantes dificultades e trabas para vós.

Como xa dixemos levamos 6 meses de actividades reivindicativas na DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA.Comezamos informando a veciñas e veciños mediante asembleas informativas en prácticamente todos os Concellos da Comarca.Fixemos tamén repartos de panfletos informativos que se repartiron en mercados e feiras.O día 5 de outubro tivemos unha mobilización en Burela que foi masiva. posteriormente creouse en Viveiro un grupo de apoio á Plataforma chamado SOMOS UNHA ÁREA VIVEIRO e que desenvolveu durante varias semanas actividades lúdico-reivindicativas en Viveiro con gran participación veciñal.O 30 de novembro culminou cunha concentración numerosísima na Praza da Fontenova e lectura dun manifesto.

A PLataforma Sanitaria ,nun intento de coñecer de cerca os problemas reais de derivacións e listas de agarda excesivas comprometeuse a axudar, a quen así o solicitase, a facer reclamacións e mesmo difundilas á prensa.Esta iniciativa tivo unha moi boa aceptación entre @s veciñ@s.De feito nestes momentos temos varias reclamacións xa entregadas no rexistro e pendentes de trasladar á prensa .

A última actividade que desenvolvimos foi a CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA,en tres etapas e que culminou cunha manifestación ate o centro de saúde de Burela ,donde se leu un manifesto.A repercusión mediática desta caravana foi tremenda, nen nós mesmos alcanzamos a imaxinar ate donde chegamos.

Todas estas actividades teñen por finalidade amosar o noso absoluto rexeitamento á supresión da Área Sanitaria da Mariña e pasar a ser un DISTRITO da macroárea de LUGO,pois isto significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos cara o Lugo.

Os grandes beneficiados desta reforma (contrarreforma) impulsada polo PP son os hospitais privados de Lugo, que curiosamente acometeron importantes reformas nas súas instalacións e non paran de medrar á mesma velocidade que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.Así , nos últimos tempos comezouse derivar cara a Lugo a implantación de marcapasos( incluindo as revisións e os cambios de pila), os partos prematuros ou múltiples dende as primeiras etapas do embarazo, malia contar aquí con Unidade de Prematur@s, moitas intervencións de cataratas, hernias, fimoses pediátricas e as cirurxías programadas de traumatoloxía.

A resonancia magnética, os aparellos para facer densitometrías, as radiografías panorámicas dentais, os electromiogramas… que sempre dixeron que non se instalaban por falta de espazo, agora que se amplía ese espazo tampouco van estar.Teñen negocio coas privadas de Lugo, así que seguiremos a ir a Lugo a facelas.

A ampliación que está en marcha só amplía espazos, que son moi necesarios, pero non se amplía NEN UN SÓ SERVIZO ,NEN SE CREA NINGÚN A MAIORES.

Por todo o anterior,a Plataforma sanitaria na Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento a TODA A VECIÑANZA DA MARIÑA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO DÍA 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA ÁS 12 HORAS, para berrar ben forte que queremos manter a nosa ÁREA SANITARIA, que non queremos ser pacientes de Lugo, que imos a apostar pola sanidade da nosa comarca, que queremos unha ampliación de servizose que non nos leven os que temos, QUE NON SOMOS CIDADÁNS E CIDADÁS DE SEGUNDA e que merecemos unha SANIDADE DIGNA, DE PROXIMIDADE E DE CALIDADE.

A manifestación está convocada por SOS SANIDADE PÚBLICA, (Plataforma na que estamos integradas), e nós como integrantes dela participaremos activamente e apoiarémola.

Decir tamén que haberá autobuses gratuitos para todas e todos aquel@s que queiran acudir.Só hai que anotarse nos teléfonos 982 58 18 61 / 982 14 06 54 / 667 05 20 58, con data límite para apuntarse o 1 de febreiro.

Desde a Plataforma Sanitaria queremos facer tamén un chamamento a Alcaldesas e Alcaldes da comarca para que amosen o seu apoio a esta manifestación e pedirlles a súa colaboración na mobilización d@s veciñ@s da Mariña e mesmo facilitarlles o transporte ate Compostela sufragando autobuses, gasto que para os Concellos non é significativo .

Por último facemos tamén un chamamento desde a Plataforma á  MOBILIZACIÓN DE TODA A VECIÑANZA DA NOSA COMARCA ,porque o que nos xogamos é algo tan vital como a nosa sanidade, que é de todas e de todos

MOITAS GRAZAS e ahora se queredes podedes facer as preguntas que consideredes.

 

Plataforma na defensa da sanidade da mariña

CONVOCATORIA  AOS MEDIOS

Data: Venres, 19 de Xaneiro

Hora: 11,30 horas

Lugar: Local da CIG.Rúa Arcadio Pardiñas.Burela

Asunto: A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca aos medios a unha rolda de prensa a celebrar no lugar, data e hora indicados  en relación ás próximas actuacións que levaremos a cabo, e que  agardamos sexan de voso interese .

Para máis información chamar a Victor Vila  677343429

UNHA MULLER OCTOXENARIA PASA CINCO HORAS NUN CORREDOR DE URXENCIAS CON DOR INTOLERABLE, SEN ATENCIÓN MÉDICA E SEN ANALXESIA

UNHA MULLER OCTOXENARIA PASA CINCO HORAS NUN CORREDOR DE URXENCIAS CON DOR INTOLERABLE, SEN ATENCIÓN MÉDICA E SEN ANALXESIA.

A muller acude ao PAC de Burela, de donde é remitida a urxencias hospitalarias por dor abdominal, para o seu diagnóstico e tratamento.

O pasado 9 de xaneiro una muller octoxenaria acude ao PAC de Burela cun cólico intestinal que lle produce unha dor intolerable.Unha vez vista decídese a súa derivación ao servizo de urxencias do hospital para o seu diagnóstico e tratamento.

Desde que pasa ás urxencias hospitalarias  permanece nunha camilla dun corredor durante cinco horas  sen atención médica e sen analxesia, cunha dor tan intensa que berra con él. Pasado este tempo é vista por un/-ha facultativ@ que lle pide unha ecografía e unha radiografía para diagnosticar e tratar. Unha vez feitas xa se lle pon analxesia e demáis tratamento. A familia contactou coa Plataforma sanitaria para que lles axudase a poñer a pertinente reclamación e darlle difusión en prensa se nos seguintes días non poñían solución á caótica situación do servizo de urxencias e mesmo agardaban unha desculpa da dirección do hospital  . O persoal estába absolutamente desbordado, fixeron canto poideron pero non daban para máis.Quero amosarlles o noso absoluto respecto polo seu traballo e adicación- comenta a súa familia, que tamén é coñecedora de que antes de poñer analxesia hai que ver cal é a súa causa, máis cinco horas berrando de dor nun corredor parécelles imhumano.

Máis lonxe de recoñecer a situación e desculparse , cando menos, a xerenta executiva do Hospital da Costa sae na prensa dous días despois declarando que a situación do Servizo de Urxencias do Hospital é de “normalidade”. Desde a Plataforma sanitaria non podemos comprender como a xerenta executiva, que ate hai pouco tempo traballou neste servizo amosa tan pouca sensibilidade e mesmo maquilla os datos desta maneira. O máis lóxico sería que se preocupase pola cobertura de profesionais como é debido e a maiores que reforzase o servizo cando hai estes picos de incidencia- manifestan  membros da Plataforma.

Para a Plataforma Sanitaria é inadmisible que se produzan situacións como esta ,con un persoal sanitario que fai máis do humanamente posible para poder dar a axeitada atención @s pacientes que entran pola porta de Urxencias, pero que se ve absolutamente desbodad@ ante a situación, e esixen que se amplien as plantillas de persoal en cada  quenda  cando proceda. Tanto que lle gustan ao deputado Vega a aritmética e as contas , pode achegarse a este servizo cando está ateigado e contar in situ @s pacientes que están polos corredores sen atender e mesmo calcular o ratio de persoas que se están a atender por profesional – conclúen desde  a Plataforma Sanitaria

MANIFESTO PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA

No hay texto alternativo automático disponible.MANIFESTO PLATAFORMA EN DEFENSA DA

SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA

(PARTE 1)

Bo día veciños e veciñas.

O primeiro de todo agradecervos a vosa resistencia e capacidade de mobilización desde fai 5 meses contra este novo ataque de quen está a gobernar contra a nosa sanidade pública, a sanidade de todas e de todos.

Sodes un exemplo de traballo e dignidade que sitúa a esta comarca na vangarda na defensa da sanidade de todas.

Tamén o noso agradecemento a aquelas e aqueles que agora mesmo están traballando e que lles gostaría estar aquí. Que saibades que estades aquí e agora connosco.

Como ben sabedes, o pasado 2 de agosto, foi publicado o Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Saúde de Galicia na que suprimen as actuais Áreas Sanitarias de O Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. Publicación feita con premeditación, aleivosía e escurantismo, en pleno mes de Agosto, con moitos profesionais e veciñanza de vacacións e sen diálogo previo.

Xa vemos como concibe o Goberno do Señor Núñez Feijoó a negociación e a transparencia!!

A pesar de este escurantismo hai que resaltar a importante participación cidadá e do movemento social no rexeitamento desta reforma sanitaria, posto que nunca antes se acadaran un número tan elevado de queixas no Portal de Transparencia da Xunta.

O obxectivo do Goberno do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da Sanidade Pública, consolidando a liña de recortes, que tanto dano fixeron e están facendo o noso Sistema de Saúde, provocando un perda no numero de camas e servizos nos hospitais comarcais e afastando de este xeito a resolución dos problemas da cidadanía.

Baleira de contido os hospitais comarcais coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios nos grandes hospitais. Esta medida supón unha gran barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria , especialmente a poboación rural e máis avellentada.

A modificación da Lei introduce un perigoso cambio na maneira de xestionar e planificar os servizos sanitarios, un perverso cambio de modelo no que pasamos de basearnos “nas necesidades sanitarias e asistenciais da poboación” (Lei vixente) a ter só en conta os “recursos sanitarios existentes” (Lei modificada). Cambio moi substancial, que permite concentrar os recursos onde máis conveña ou estean xa instalados e que sexa a poboación a que teña que acudir a eles… SE PODE.

Consolida, ademais, o abandono e relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesíbel para os cidadáns e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu presuposto propio e os seus orzamentos, afondando nun deterioro da calidade asistencial xa imparable.

Señor Núñez Feijoo: A SANIDADE NON SE VENDE!!… DEFÉNDESE!!

(PARTE 2)

SABEDES O QUE ACONTECEU DESDE QUE PASAMOS A DEPENDER DE LUGO NO ANO 2013? ÍMOSVOLO A CONTAR

Dende que pasamos a depender de Lugo no 2013 esta Área sufriu unha parálise no seu crecemento con unha perda total da súa autonomía, identidade e desenvolvemento. Xa naquel momento manifestamos a nosa preocupación pola situación de esta Área Sanitaria e polas condicións nas que nos atoparíamos unha vez que se materializase esta integración. Temiamos que isto suporía unha absorción por parte do HULA ao trasladarse a ese centro todos os órganos de decisión, planificación e xestión. Non nos equivocábamos.

– Sabedes que agora desaparecemos como Área Sanitaria e pasamos a ser pacientes de Lugo?, que ata o de agora nos invitaban a ir a Polusa e a Virxen dos Ollos Grandes pero cando desapareza a Área pasarán a obrigarnos?

– Sabedes que nos están a retirar servizos sanitarios?

– Sabedes que queren centralizar as intervencións cirúrxicas en Lugo e que moitos especialistas din que se os obrigan a ir a operar a Lugo pedirán traslado e marcharán da Mariña e que ninguén quererá vir a traballar aquí nesas condicións?

– Sabedes que agora para implantar un marcapasos nos derivan a Lugo?, que pra cambiarlle as pilas temos que ir a Lugo?

– Sabedes que agora para operar ao teu neno dunha fimose nos derivan a Coruña?

– Sabedes que agora para operar unhas cataratas nos derivan a Lugo a centros privados?

_Que para operarnos dun xeonllo nos derivan a Lugo a centros privados?

– Sabedes que unha soa enfermeira queda toda a noite ao cuidado de máis de 30 pacientes?

_Sabedes que so hai 3 celadores polas noites para atender urxencias, quirófanos, UCI, partos, cambios de postura de pacientes encamados etc, e que esta falla de celadores paraliza a actividade de persoal sanitario que teñen que esperar por un celador que non hai.

– Sabedes que o servizo de oncoloxía non ten consulta de enfermeira para prestar educación sanitaria a pacientes e familiares como no resto de hospitais? Sabedes que o hospital de día de oncoloxía está en precario, sen oncólogos propios que se ven obrigados a vir á Mariña dende Lugo despois de facer unha garda e sen durmir? Sabedes que no hospital non temos presenza de oncólogos e cando ingresa un paciente queda ao cargo dun internista xa que os oncólogos non pertencen á Mariña?

– Sabedes que para facer unha proba de esforzo de cardioloxía temos que agardar máis de un ano?

Sabedes que o servizo de Anatomía Patolóxica se atopa abandonado, sen persoal suficiente atrasando o diagnostico do cancro e de enfermidades moi graves?

– Sabedes que a ampliación do Hospital amplía espazos pero non servizos? Non teremos máis quirófanos, non teremos máis plantas de hospitalización, non amplían a UCI, non teremos novas especialidades. O que realmente se amplía é a área de consultas.

– Sabedes que levamos anos demandando a necesidade dunha resonancia magnética e de aparellos para realizar a densitometría ósea, electromiográmas, placas dentais e sempre nos dicían que non había espazo para ubicalos e agora que están a crear espazo sabedes que non queren traelos? Sabedes que non os queren traer xa que teñen un negocio montado coas privadas de Lugo?

– Sabedes que o persoal do servizo de diálise elaborou un proxecto para implantar na comarca hemodiálises a domicilio? Sabedes que para iso precisaban atopar pacientes dispostos a inicialo? Sabedes que logo de atopalos e presentar o proxecto, Lugo apoderouse da iniciativa e os pacientes da Mariña tiveron que pasar 1 mes en Lugo recibindo educación sanitaria?. Resumindo, roubáronnos o servizo e o implantaron en Lugo.

– Sabedes que os nosos centros de saúde están totalmente abandonados, con falta de persoal médico, de enfermería, administrativo, material e longas listas de espera?

– Sabedes que non se cubren as ausencias dos nosos profesionais e non mandan a ninguén de Lugo para aquí?

(PARTE 3)

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña…

EXISIMOS a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde

EXIXIMOS A NON SUPRESIÓN das Áreas Sanitarias

EXIXIMOS A DESVINCULACIÓN da xestión integrada con Lugo e que A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA INTEGRADA PROPIA como a comarca de Ferrol.

EXIXIMOS A MELLORA NA ATENCION PRIMARIA e a dotación de recursos económicos e humanos necesarios para acadar a mellor calidade asistencial.

PORQUE GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE NON SE VENDE: DEFENDESE!!

E témola que defender as persoas que cremos nela, que apostamos por unha sanidade pública e de calidade.

Empregando a linguaxe sanitaria, poderiamos afirmar que a sanidade na Área da Mariña esta na UCI e cun prognostico reservado, e de levarse a cabo a supresión da Área Sanitaria, a gravidade desta paciente que é a Sanidade Pública da Mariña

empeorará drasticamente, mentres non se cambien as políticas que esta a aplicar o goberno do PP e que afogan á cidadanía.

Non consintamos que continúen co desmantelamento da Área da Mariña!!

LOITEMOS POLA SANIDADE PUBLICA !!

Burela a 13 de xaneiro de 2018.

PREVISIÓN SÁBADO13  DE XANEIRO de 2018

PREVISIÓN SÁBADO13  DE XANEIRO de 2018

TERCEIRA  ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA

Data:  Sábado 13 de Xaneiro de 2018

Hora:  11 horas

Lugar:  Saídas simultáneas dos centros de saúde de FOZ, VALADOURO E SAN CIBRAO

Asunto: Terceira e última etapa da caravana de coches  con tres itinerarios .Desde os puntos de orixe desta terceira etapa realizaremos un percorrido por parte do territorio occidental, central e oriental da Mariña rematando simultáneamente na explanada do Porto de Burela .Desde aquí dirixirémonos camiñando ate o Centro de Saúde de Burela, donde se dará lectura a un manifesto.

Para máis información, chamar a Victor Vila 677343429

A TERCEIRA E ÚLTIMA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA REMATARÁ NO PORTO DE BURELA COA CHEGADA DOS COCHES DESDE OS TRES ITINERARIOS

A TERCEIRA E ÚLTIMA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA REMATARÁ NO PORTO DE BURELA COA CHEGADA DOS COCHES DESDE OS TRES ITINERARIOS.

Desde o a explanada do Porto de Burela dirixirase camiñando ate o Centro de Saúde , donde se dará lectura a un manifesto.

A Mariña,12 de xaneiro de 2018. O vindeiro sábado día 13 de xaneiro terá lugar a terceira e última etapa da Caravana pola  Sanidade Pública. Nesta ocasión os puntos de orixe ubícanse nos Centros de Saúde de Foz, Valadouro e San Cibrao, correspondentes respectivamente aos itinerarios  oriental, central e occidental. Os tres itinerarios rematarán na explanada do Porto de Burela ,a donde chegaremos simultáneamente, e desde aquí dirixirémonos camiñando ate o Centro de saúde de Burela donde se dará lectura a un manifesto- comenta o portavoz da Plataforma, Víctor Vila.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña queremos facer un chamamento a toda a poboación da comarca para que acudan a esta etapa da Caravana , desprazándose ate a localidade que lle quede máis próxima ou lle sexa máis cómoda. O que nos xogamos é a supervivencia da Área Sanitaria , pois o gobernó da Xunta pretende eliminala converténdoa nun distrito de Lugo sen debate, a golpe de decreto, usando a mayoría absoluta que posúen de forma totalitaria e absolutista, e desoíndo o clamor popular da Comarca- apuntan desde a Plataforma Sanitaria.

 

 

 

 

 

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429