Archivo de la categoría: Hospital

A PLATAFORMA SANITARIA APOIA A FOLGA DO 8 DE MARZO E ANIMA A TODAS AS MULLERES DA MARIÑA A QUE SE ADHIRAN A ELA, NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES

A PLATAFORMA SANITARIA APOIA A FOLGA DO 8 DE MARZO E ANIMA A TODAS AS MULLERES DA MARIÑA A QUE SE ADHIRAN A ELA, NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES.

Secunda e adherirase ás concentracións que se farán nos Concellos ás 12:30 horas , así como tamén aos actos reivindicativos da tarde.

A Plataforma sanitaria anuncia que apoiará e participará na folga de mulleres do vindeiro 8 de Marzo acudindo ás concentracións que se celebrarán ás 12:30 horas diante dos Concellos de Viveiro, Burela e Ribadeo. Tamén participarán nos actos reivindicativos que se celebrarán en Burela durante a tarde do día 8 de Marzo, segundo lles sexa posible, xa que en moitos casos os servizos mínimos nomeados nos postos de traballo semellan máximos.

Do mesmo xeito animan a todas as mulleres da Mariña a que se adhiran a esta folga que vai máis alá do laboral , facendo un chamamento a facer tamén unha folga de consumo e de coidados. Existen motivos de sobra para secundar esta folga , desde a fenda salarial, as pensións máis cativas ou mesmo que somos as mulleres as que maioritariamente pedimos excedencias ou permisos para o coidado das crianzas ou familiares dependentes e ate o acoso que estamos a sufrir todos os días na rua, nos traballos ou na nosa casa.

UNHAS SEIS MIL MARIÑÁS E MARIÑAOS ATEIGAN AS RÚAS DE BURELA NUNHA MOBILIZACIÓN  POLA SANIDADE PÚBLICA QUE FARÁ HISTORIA NA COMARCA

UNHAS SEIS MIL MARIÑÁS E MARIÑAOS ATEIGAN AS RÚAS DE BURELA NUNHA MOBILIZACIÓN  POLA SANIDADE PÚBLICA QUE FARÁ HISTORIA NA COMARCA

A manifestación do 1 de marzo, que xa se da en camar o “ día da dignidade”, saiu do Hospital da Costa sa oito da tarde.

A Mariña 2 de marzo de 2018. Unhas seis mil mariñás e mariñaos sairon onte á rúa as oito da tarde do Hospital da Costa, sen importarlle o frío e a chuvia e ateigaron as rúas de Burela. Precedidos pola música de dous gaiteiros percorreron a vila berrando consignas como “ A Área da Mariña non se elimina”, “Feijoo escoita a Mariña está en loita”,” Balseiro conta ben, que somos máis de cen”ou “Desmantelan a pedazos , xa non temos marcapasos”.

Xa na praza do Concello , tras agardar bastante tempo a que chegara a cola da manifestación , procedeuse á lectura do manifesto  a cargo do locutor Anxo Rivas Pardeiro de Radio Foz,persoa moi coñecida e querida na Mariña.

Interviu tamén a coordinadora da Plataforma, que anunciou que as persoas que demandaran e sairan en prensa denunciando yempos de espera inaceptables x aforan chamadas ese mesmo día para darlles cita. “Queremos agradecer estas persoas a valentía e dignidade que tiveron ao dar a cara para denunciar unha situación que deberá avergoñar á xerencia ,ao Sergas e @s nos@s gobernantes, e animar a tod@s@s que desexedes facer unha reclamación que a Plataforma Sanitaria aquí está para axudarvos e estar ao vos lado”- manifestou  Montse Porteiro.

Pola súa banda o portavoz fixo alusión @s responsables polític@s do PP mariñán que coa súa ausencia están a corroborar que non defenden a Sanidade Pública “Aquí hai responsables do desmantelamento de servizos tanto no Hospital da Costa como de persoal e materiais nos centros de saúde. A súa ausencia aquí confirma que non defenden a sanidade pública e son cómplices das políticas privatizadoras do PP, que tanto sufrimento están a producir @s veciñ@s da Mariña- conclúe Víctor Vila.

Boa tarde a todas e todos pola vosa presencia neste acto na defensa da nosa Área Sanitaria. Realmente a Plataforma Sanitaria da Mariña estamos emocionadas e emocionados ao ver a cantidade de xente que viñestes a este acto reivindicativo en defensa da sanidade pública sabendo que en moitos casos non é doado polas obrigas laborais , familiares, e de calquera outro tipo.

O pasado 4 de febreiro tivo lugar en Compostela unha manifestación en defensa da Sanidade Pública que mobilizou a un milleiro de mariñás e mariñaos en 10 autobuses e centos de coches. Algo histórico na comarca, xa que nunca antes houbera un desprazamento organizado tan grande para ir a unha manifestación fora da Mariña.

Posteriormente, o día 6 de febreiro, representantes da Plataforma acudimos ao debate da totalidade no Parlamento. A actitude do PP foi chulesca , de soberbia e alonxada da realidade e do pobo. Non escoitan á cidadanía máis abren ben as orellas e as mans ante as esixencias das empresas sanitarias privadas.

Entendemos que nun país que se chame democrático, o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que esixen a retirada do proxecto de modificación da lei de saúde, que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non queren que se privatice a sanidade, sería máis que suficiente para que se retirase ese punto da orde do día e se sentaran a dialogar coa oposición e os axentes sociais.

Na Mariña non nos rendemos nin nos resignamos e foi por iso que continuamos coas concentracións dos mércores diante do hospital e dos centros de saúde. Estas mobilizacións seguen a mover xente como cando comezamos, hai xa 7 meses. A maiores, a veciñanza da Mariña fixo unha unánime petición á Plataforma Sanitaria para que continuásemos coas mobilizacións na Comarca, un dos motivos polos que hoxe estamos aquí, por vós.

Porque nada mudou, acaso o que si cambiou foi a desvergoña con que a Xerencia e o Sergas publicaron nos diarios os datos oficiais dos tempos de agarda maquillados ate límites insospeitados ( sobre todo nos días previos ás nosas mobilizacións) , desmentidos polas veciñas e veciños, que amosan publicamente os datos reais das súas citas .Datos que sobrepasan con moito os tempos de espera máximos que permite a recen estreada lei de garantías.

De feito, documentouse unha primeira cita para dermatoloxía cunha agarda de 7 meses, cando os datos oficiais cífranse en 38,7 días.

Tamén probas de esforzo pendentes que levan cerca dun ano de espera e esas persoas nin sequera teñen cita (reclamación feita), ecocardiogramas con esperas de máis dun ano…. cando a xerencia cifra en 15 os días de agarda para estudos cardiolóxicos.

Os marcapasos continúan derivándose a Lugo, o que implica derivacións tanto para a súa implantación como para as futuras revisións e os cambios de pila.

A enfermeira da consulta de educación sanitaria para pacientes oncolóxicos e  familiares segue sen existir. Somos o único hospital da rede SERGAS que carece de esa profesional, e son os e as pacientes da Mariña, as únicas que non reciben este necesario servizo sanitario .

Anuncian tamén na prensa que o noso hospital está en disposición de realizar procedementos chamados VÍAS RÁPIDAS para detección de 6 tipos de cancro máis o programa de detección precoz de cancro colorrectal ten como referente o Servizo de Dixestivo do HULA, pese a dispor aquí de Dixestivo e dúas salas de Endoscopias.

Gran parte das intervencións de traumatoloxía como xeonllos, xoanetes, próteses de cadeira estanse a derivar a Lugo desde os inicios dos procedementos, e dicir desde o preoperatorio, ate a intervención e as revisións, cos conseguintes desprazamentos de pacientes e familiares, causando gastos innecesarios.

Se falamos de cirurxía vascular, servizo que demandamos desde hai tempo para o Hospital da Costa, temos unha espera en primeiras citas de ate un ano, con resposta por parte do servizo de atención ao usuario ante a chegada de reclamacións con un “as primeiras consultas de patoloxía venosa por ser moi numerosas e menos urxentes , teñen máis demora.” E así “ despachan” aos pacientes.

Cando publican que a espera para cirurxía é de 45 días de media falsean os datos, porque cando deciden que unha persoa ten que facer unha intervención pasa a formar parte das listas de agarda non estruturais ou listas B, que van a un caixón sen computar .Unha vez que chaman ao paciente para facer o preoperatorio é cando pasan ás listas estruturais, empezando a contar a partir dese momento. Por iso saen eses datos tan bonitos e axeitados de espera para operarse.

E que dicir da ATENCIÓN PRIMARIA !!! Estamos asistindo ao desmantelamento a velocidades de vertixe da Atención Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, con peche de consultas porque non se substitúen as profesionais, constatándose ate 12 días de espera para unha cita nunha consulta nos centros de saúde.

As consultas de Pediatría en Atención Primaria están absolutamente desbordadas. Por citar algúns casos, no Centro de Saúde de Viveiro dous pediatras atenden as crianzas de Viveiro,Ourol e Vicedo, e cando falta algún/-ha  das profesionais non se cubre ou faise parcialmente, aumentando a presión asistencial ate límites inadmisibles.

En Foz unha pediatra cunha redución de xornada  sen cubrir atende crianzas dos Concellos de Foz, Valadouro e Alfoz, estes dous últimos concellos con un total de 300 nenos e nenas.

A pediatra de Barreiros é compartida con Mondoñedo e Lourenzá, indo a Barreiros dúas horas , tres días á semana. É dicir nin sequera unha xornada laboral á semana.

A día de hoxe, a sanidade da Mariña está en estado crítico, ingresada na UCI. Si esta Lei vai para adiante, morrerá a nosa Área Sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo. Si ata o de agora nos daban a escoller operarnos con inmediatez nas privadas de Lugo ou esperar para operarnos no noso hospital, cando pasemos a ser pacientes de Lugo, obrigarannos a ir ás privadas da cidade e non poderemos rechazalo, xa que de facelo, perderemos o dereito á asistencia sanitara.

HOXE ESTAMOS AQUÍ POR TODO ISTO E TAMÉN:

PORQUE ESIXIMOS QUE SE MANTEÑA A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

PORQUE ESIXIMOS A RETIRADA DESTA LEI DE SAUDE.

PORQUE ESIXIMOS QUE A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA PROPIA TAL E COMO O É A VECIÑA COMARDA DO FERROL, CON SIMILAR NÚMERO DE HABITANTES E SEN AS DISTANCIAS QUE HAI NA MARIÑA AO HOSPITAIS DE LUGO.

PORQUE ESIXIMOS QUE SE DOTE DE RECURSOS HUMÁNS E MATERIAIS A ATENCIÓN PRIMARIA

PORQUE ESIXIMOS QUE A AMPLIACIÓN DE EDIFICIOS VAIA ACOMPAÑADA DUNHA AMPLIACIÓN REAL DE SERVIZOS, ASÍ COMO DOS RECURSOS HUMÁNS AXEITADOS PARA GARANTIR UNHA ASISTENCIA SANITARIA DE CALIDADE.

PORQUE ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, UNIVERSAL,GRATUITA , INTEGRAL E INTEGRADA E DE PROXIMIDADE.

Para rematar dar as grazas aos colectivos ou asociacións, que paso a nomear:

AAVV de todas as vilas e parroquias
Asociación Mira e anda
ANPAS Alvaro Cunqueiro Mora e ANPA escola de música o Pallarego
Asociación Apicultores
Asociación cultural no camiño
Asoc. Xuvenil Xoldra
Asociación XEBRA
Espeleoclub Rei Cintolo

Observatorio da Mariña pola Igualdade
ALCER
ASOC. Cultural Pomba do Arco
IRMANDADES San Caetano ,Santo Estevo, e Augasantas
Montes comunais: Vilaestraofe,Figueiras Carracedo,Rioseco e Chao das Louseiras
Ollomao colectivo cultural
Orfeon Mondoñedo
Pensamento e sementeira.

Seminario de estudos Terras de Viveiro
Asoación Musical Melomania
ACIAS das vilas
CAMIÑA
Asociación Fibromialxia de Xove
Hortamariña Mondoñedo
Peña Barcelonista Mondoñedo
COMITE DE EMPRESA DE ALCOA
CONCELLOS de: Ribadeo, Burela,Viveiro,Mondoñedo, Lourenzá,Valadouro, Alfoz,
XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA.

Pero sobre todo dar as grazas a todos vos, que dende agosto, dende ideoloxías e sensibilidades diferentes, sodes exemplo de loita na defensa da nosa área sanitaria e da sanidade pública.

Este aplauso vai por vós, pola veciñanza alegre e combativa da Mariña.

A Mariña exige el mismo trato que Ferrol y defiende en las calles su área sanitaria

A Mariña exige el mismo trato que Ferrol y defiende en las calles su área sanitaria

Unas 6.000 personas, según la organización, se manifestaron anoche en Burela

M. CUADRADO 
BURELA / LA VOZ 

«Esiximos que A Mariña sexa unha área sanitaria propia, tal e como é a veciña comarca de Ferrol, con similar número de habitantes e sen as distancias que hai da comarca mariñana aos hospitais de Lugo». Era una de las reivindicaciones que anoche se escucharon en la manifestación que discurrió entre el Hospital da Costa y la Praza do Concello de Burela. Pese a la lluvia intermitente y al intenso frío, unas 6.000 personas, según la organización, rechazaron la reforma que impulsa la Xunta y exigieron que A Mariña mantenga su área sanitaria propia.

La Plataforma Sanitaria lleva 7 meses pidiendo a la Xunta que no suprima el área y denunciando la pérdida de servicios sanitarios en favor de hospitales de Lugo, como la implantación de marcapasos o gran parte de las operaciones de traumatología, como las de rodillas o prótesis de cadera. Ayer volvieron a criticar los tiempos de espera en consultas e intervenciones maquilladospor el Sergas. Desmantelan a pedazos, xa non temos marcapasos; A área sanitaria non se elimina; Feijoo, escoita, A Mariña está en loita... fueron algunas de las consignas coreadas durante casi una hora de manifestación. Probablemente la de ayer no sea la última protesta. La reforma de la Lei de Saúde podría aprobarse el día 20 en el Parlamento gallego.

Piden que la ampliación de edificios vaya acompañada de más servicios y más profesionales

Concluida la manifestación ciudadana, que también fue respaldada por alcaldes, ediles, diputados y otros cargos, el locutor Anxo Rivas leyó un manifiesto. Se reclamó que se mantenga el área sanitaria y se retire la Lei de Saúde. Se denunció «o desmantelamento a velocidades de vertixe da atención primaria, con peche de consultas porque non se substitúen a profesionais…» y se reclamó que se dote de recursos humanos y también materiales la atención primaria y que la ampliación de los edificios sanitarios vaya acompañada de una ampliación real de servicios y de recursos humanos «axeitados para garantir unha asistencia sanitaria de calidade». Se exigió el mismo trato para los mariñanos que para otros gallegos y «unha sanidade pública de calidade, universal, gratuita, integral e integrada, e de proximidade».

Alcaldes mariñanos y diputados llaman a movilizarse hoy por la sanidad pública

Alcaldes mariñanos y diputados llaman a movilizarse hoy por la sanidad públicaLa imagen puede contener: 13 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

La marcha irá desde el hospital a la Praza do Concello de Burela

PEPA LOSADA
M. CUADRADO 
VIVEIRO / LA VOZ 

Tras secundar ayer las protestas habituales de los miércoles, los mariñanos están citados hoy a participar en la segunda manifestación en menos de seis meses que registra la comarca contra el recorte de servicios sanitarios. La movilización de octubre reunió a unas 5.000 personas. Hoy, la marcha saldrá a las 20 horas del Hospital da Costa y recorrerá varias calles hasta llegar a la Praza do Concello de Burela, donde se leerá un manifiesto.

Además de ediles, algunos alcaldes mariñanos ya avanzaron su presencia en la manifestación convocada por la plataforma sanitaria. Animan a los vecinos a protestar contra las derivaciones de servicios a hospitales de Lugo y contra la supresión del área sanitaria de A Mariña. Es el caso del regidor de Ribadeo, Fernando Suárez, y de la alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quien ayer indicó: «Agardamos que a implicación e o rexeitamento social sirvan para mudar a política levada a cabo pola Xunta». La regidora de Lourenzá y coordinadora comarcal socialista, Rocío López, acudirá con el secretario xeral del PSOE provincial y diputado provincial, Álvaro Santos.

Sigue esperando por una cita que le fue anulada hace cinco meses por un proceso oncológico

Un paciente mariñano denuncia que todavía sigue esperando para ser atendido tras serle anulada hace cinco meses una cita de revisión de un proceso oncológico. La denuncia la hizo pública ayer la Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que asegura que el paciente fue sometido a una biopsia. Le diagnosticaron un cáncer del que fue intervenido. Tras la operación, el paciente, según los especialistas, debería ser visto en revisión cada tres meses. Le dieron cita para hacer la revisión el 29 de septiembre del año pasado y poco después lo llamaron para anularle la cita y para decirle que le llamarían en breve.

«Mais como vía que non o chamaban, puxo unha primeira reclamación no Servizo de Atención ao Paciente», explican desde la plataforma. El paciente teme que la reclamación acabó en la basura. El 11 de enero presentó otra denuncia ?con registro 088? solicitando ser citado de forma inmediata «e fai responsable da súa saúde futura á xerencia». A día de ayer seguía sin recibir respuesta y ya alerta de que acudirá a la Justicia.

El Sergas dice que no hay pediatras en el paro a padres que se quejan por demoras de consultas en Foz

Los padres de un menor presentaron una queja ante el Sergas para denunciar que en el centro de salud de Foz tardaban tres meses en darles cita para una consulta periódica y de revisión para su hijo.

Desde el Sergas les indicaron que su queja había sido trasladada al Servizo de Atención ao Usuario y también a la Dirección de Procesos Sen Ingreso que, al tener las competencias, fue la que informó en días pasados: «Non hai pediatras no paro, polo que, ante as ausencias xustificadas destes profesionais, non poden ser substituídos. Lamentamos os trastornos que esta situación lles poida ocasionar. Agradecemos a súa información que será utilizada na procura de mellora na atención aos pacientes».

DENUNCIA QUE LLE ANULAN UNHA CITA PARA REVISIÓN HAI CINCO MESES POR UN PROCESO ONCOLÓXICO E  A DATA DE HOXE  CONTINÚA SEN CITAR

DENUNCIA QUE LLE ANULAN UNHA CITA PARA REVISIÓN HAI CINCO MESES POR UN PROCESO ONCOLÓXICO E  A DATA DE HOXE  CONTINÚA SEN CITAR.

O paciente fixo unha primeira reclamación en Atención ao Paciente que sospeita foi parar ao lixo.

O paciente foi sometido a unha biopsia para establecer o diagnóstico e a agresividade da enfermidade.Unha vez que determinan que se trata dun cancro deciden que debe ser intervido cirúrxicamente, e tras a operación estáblecese que debe ser visto en revisións cada tres meses.” Fixéronme moitas probas , primeiro a biopsia e logo unha proba no oncolóxico da Coruña para saber se tiña metástases” – concreta o paciente.

Déronlle cita para facer a revisión o día 29 de setembro de 2017 e  pouco despóis chamárono por teléfono anulándolle a cita e decíndolle  que sería chamado en breve, máis como vía que non o chamaban pon unha primeira reclamación no servizo de Atención ao Paciente.”Déronme  un papeliño pequeño coma eses que che dan cando vas a unha consulta e pides un xustificante para o traballo  e como pasaba o tempo e non me chamaban sospeito que o papeliño foi parar ao lixo”- explica.

É entonces cando contacta coa Plataforma Sanitaria que, con data do 11 de Xaneiro de 2018 presenta a denuncia que figura rexistrada co número 088. Na reclamación solicita ser citado de xeito inmediato e fai responsable da súa saúde futura á xerencia , informando de que acudirei á xustiza con esta denuncia para iniciar as medidas legais oportunas”. Tras agardar unha resposta por parte da xerencia e non recibir noticias referentes á súa citación  volve contactar coa Plataforma Sanitaria para que lle  den difusión na prensa.

Para a Plataforma Sanitaria resulta insultante que se xogue deste xeito coa saúde dos pacientes e mesmo que se falseen os datos de agarda media, cifrando unha espera media nas consultas de especialidades de 38 días cando a realidade é que temos montóns de queixas de pacientes con meses e meses esperando infructuosamente a que os chamen para ser vistos polo especialista.

Adoitan sacar estes datos falseados sen que lles caia a cara de vergoña o día antes de que saiamos á rúa a manifestarnos, para tentar desmobilizar a unha comarca que xa esta farta das  súas mentiras. Non sabemos con que nos agasallarán desta volta- comenta Víctor Vila ,en relación aos titulares que darán desde a Consellería ou desde a Xerencia o día da manifestación  do 1 de marzo.

A PLATAFORMA SANITARIA FAI UN CHAMAMENTO A TODA A COMARCA PARA QUE O VINDEIRO 1 DE MARZO SAIA MASIVAMENTE Á RÚA A DEFENDER A SANIDADE PÚBLICA

A PLATAFORMA SANITARIA FAI UN CHAMAMENTO A TODA A COMARCA PARA QUE O VINDEIRO 1 DE MARZO SAIA MASIVAMENTE Á RÚA A DEFENDER A SANIDADE PÚBLICA.

A manifestación sairá ás oito da tarde do Hospital da Costa e rematará coa lectura dun manifesto na Praza do Concello.

O vindeiro xoves 1 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña ten convocada unha gran manifestación que sairá do Hospital da Costa ás oito da tarde e ,tras percorrer as rúas de Burela rematará na Praza do Concello , onde se dará lectura a un manifesto.

“Desde a Plataforma Sanitaria facemos un chamamento a todas as mariñás e mariñaos para que saian masivamente á rúa a defender a sanidade pública e rexeitar a supresión da área sanitaria da Mariña”-. Este colectivo  apunta que existen motivos de sobra para sair á rúa , desde o paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo que se ven dando desde que se implantou a EOXI no ano 2013, os datos sobre os tempos de agarda para consultas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas absolutamente falseados ate a percepción por parte da veciñanza da merma da calidade asistencial pola sobrecarga á que se ten sometida ás plantillas insuficientes.

A Plataforma Sanitaria chama ao peche do comercio en apoio a esta inxusta reforma da lei  de saúde que creará máis desigualdade.

A Plataforma Sanitaria quere tamén facer un chamamento ao comercio para que peche un pouco antes do seu horario habitual  facilitando deste xeito a asistencia d@s empregad@s e sumándose ás reivindicacións  do colectivo que pide a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde . De aprobarse eliminarase a área sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo, aumentando os desprazamentos cara á capital  para  consultas, probas diagnósticas ou intervencións.

Para máis información chamar a  Víctor Vila 677343429

DENUNCIA UNHA DEMORA DE CASE UN ANO NUNHA CITACIÓN PARA UNHA PROBA DE ESFORZO

DENUNCIA UNHA DEMORA DE CASE UN ANO NUNHA CITACIÓN PARA UNHA PROBA DE ESFORZO.

O paciente que ten taquicardias e non coñece a súa causa,  anuncia que acudirá á xustiza se non se pon solución ao seu caso.

As vicisitudes do paciente remóntanse ao ano 2016, ano en que acude numerosas veces ao servizo de Urxencias con infeccións urinarias de repetición e cólicos nefríticos. Tras numerosos períodos de tempo con tratamentos antibióticos deciden facerlle unha ecografía , diagnostícase o seu mal e pónselle tratamento. É entón cando comeza a sufrir taquicardias de ate 180 pulsacións. Nen os electrocardiogramas que lle fixeron nen un rexistro posterior da actividade do corazón en 24 horas reflicten as taquicardaias , polo que se lle solicita  en  marzo de 2017 unha proba de esforzo que, segundo as indicacións do cardiólogo, deberá realizarse como moi tarde en  6 meses.

En febreiro do 2018 o paciente contacta coa Plataforma Sanitaria para que lle axude a facer unha reclamación, xa que hai case un ano desto.  “ Receitáronme ansiolíticos, máis as taquicardias non desapareceron e a maiores teño mareos. Xa non sei se todo esto que me pasa é pola medicación que tomo, pola ansiedade ou se teño algo no corazón, teño medo de que un día me dé algo, necesito un diagnóstico”- relata o paciente.

Para a Plataforma Sanitaria é intolerable a absoluta falta de respecto e desprezo que a Xerencia do Hospital e o Sergas amosan cara @s pacientes ninguneándoos ao deixalos ate un ano sen diagnosticar e producíndolles sufrimentos innecesarios.  “ Están a abrigar @s veciñ@s a denunciar, e ainda por riba búrlanse da xente ao publicar nesas reportaxes a doble páxina tempos de agarda falsos para calmar o clamor popular , que comeza a ser preocupante para el@s”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.

Manifesta tamén a Plataforma  Sanitaria que cifrar en quince días o tempo de agarda medio para estudos cardiolóxicos, cando a xente está a esperar un ano ou máis é dunha desfachatez impresionante.”  Teñen a cara máis dura que o cemento que están a utilizar na tan celebrada obra de ampliación por parte de Balseiro e Vega”- ironiza Victor Vila, portavoz da Plataforma.

O paciente solicita ser citado á maior brevidade posible,  facendo responsable á xerencia do que lle poda ocurrir a partir da data de rexistro da reclamación.” Se non me dan solución non dubidarei en acudir á xustiza”- conclúe o afectado.

A Plataforma sanitaria fará unha nova manifestación o día 1 de marzo en Burela

A Plataforma sanitaria fará unha nova manifestación o día 1 de marzo en Burela

Rolda de prensa da Plataforma sanitaria en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
 Rolda de prensa da Plataforma sanitaria en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A marcha sairá do Hospital da Costa cara a Praza do Concello. Din que hai ecocardiogramas con esperas de máis dun ano e cirurxías sen citas

A Plataforma que reclama o mantemento da área sanitaria da Mariña e a retirada do proxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia convocou para o xoves 1 de marzo ás 8 da tarde outra manifestación que sairá do Hospital da Costa e percorrerá as rúas de Burela, rematando na Praza do Concello.

“Facemos un chamamento a alcaldesas e alcaldes da comarca para que dean máxima difusión nos seus concellos, mobilizando ao maior número de persoas posibles”, sinalaron na rolda de prensa na que reclamaron máis recursos humáns e materiais a Atención Primaria e que a ampliación do hospital vaia acompañada dunha ampliación real de servizos.

“Estamos asistindo ao desmantelamento a gran velocidade da Atención Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, con peche de consultas porque non se substitúen profesionais, constatándose ate 12 días de espera para unha cita nun centro de saúde”, indicaron. Tamén denuncian que as consultas de Pedriatría nos ambulatorios están desbordadas e citaron os casos de Viveiro (que comparte con Ourol e O Vicedo), de Foz (que atende tambén a 300 nenos de Valadouro e Alfoz) y a pediatra de Barreiros (que atende aos de Mondoñedo e Lourenzá) e vai dúas horas, tres días á semana.

A Plataforma critica os datos de espera difundidos polo Sergas e di que sobrepasan con moito o permitido na recén estreada Lei de Garantías. “Temos documentada unha primeira cita para dermatoloxía cunha agarda de 7 meses, cando os datos oficiais cífranse en 38,7 días”, din. Engaden que hai probas de esforzo or xirurxías vasculares sen cita e cun ano de espera ou ecocardiogramas cun ano de demora cando oficialmente son 15 días de agarda para estudos cardiolóxicos. Critican que se derive a Lugo a instalación de marcapasos, ou que non haxa enfermeira específica para educación de pacientes oncolóxicos e familiares. Tamén que sexan no Hula as vías rápidas para detectar precozmente 6 tipos de cancro, habendo en Burela Servizo Dixestivo.

A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA

A PLATAFORMA SANITARIA, REUNIDA EN SESIÓN EXTRAORDINARIA, CALIFICA DE ÉXITO SEN PRECEDENTES A MOBILIZACIÓN DO PASADO 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA.

Comparan a masiva participación coa mobilización de Nunca Máis e dan as grazas a mariñás e mariñaos pola súa implicación

A Plataforma Sanitaria reuniuse en sesión extraordinaria para facer unha valoración da mobilización que o pasado día 4 de febreiro desprazou ate Compostela a un milleiro de mariñás e mariñaos en dez autobuses e centos de coches. Cualifican a manifestación coma histórica na Comarca “ e un éxito sen precedentes tanto para  Mariña coma para o país, comparable ao que ocurriu co movemento Nunca Máis” – sinala  o portavoz da Plataforma.

Desde a Plataforma Sanitaria tamén queren agradecer a toda a comarca a súa implicación e o gran esforzo que fixeron ao desprazarse ate Compostela nun domingo, levantándose cedo e cunha previsión meteorolóxica moi adversa.

A Plataforma Sanitaria estivo presente no debate da totalidade do pasado 6 de febreiro

Unha representación da Plataforma Sanitaria acudiu o pasado martes 6 de febreiro ao Parlamento para presenciar a sesión de debate da totalidade da reforma da Lei de Saúde de Galicia. @s asistentes coinciden en definir a actitude do Partido Popular como soberbia, chulesca e alonxada da realidade e do pobo.

Previo ao comezo da sesión a oposición solicitou a retirada do orde do día do punto relativo á reforma da lei de saúde, solicitude contestada polo deputado Pedro Puy  que esgrimiu uns argumentos  intolerables  ao dicir que “ afortunadamente neste país lexíslase no Parlamento e non contando manifestantes; non imos aceptar”.

A Plataforma Sanitaria  tamén  quere parabenizar á oposición pola súa postura unánime e ben argumentada no rexeitamento desta contrarreforma.

Á saída da sesión o portavoz da Plataforma Sanitaria  amosaba a súa indignación pola  negativa do PP a retirar esta reforma abrindo unha mesa de diálogo cos grupos políticos e axentes sociais. “ Nun país que se di democrático o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que non aceptan a reforma da lei, que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non van a tolerar que se privatice a sanidade pública,sería suficiente para que o goberno retirase este punto da orde do día e se sentase a dialogar- manifesta Víctor Vila, portavoz da Plataforma

Desde a Plataforma Sanitaria anuncian tamén que aínda que isto foi un golpe contra a democracia e contra o pobo , que é soberano e de onde debe emanar o poder lexislativo, non desistiran na súa loita e anuncian que continuarán con actos reivindicativos que serán dados a coñecer proximamente.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mobiliza a mais de mil mariñás e mariñaos para acudir a Composela este domingo 4 de febreiro

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mobiliza a mais de mil mariñás e mariñaos para acudir a Composela este domingo 4 de febreiro á manifestación en defensa da Sanidade Pública e da Área Sanitaria da Mariña

Toda A Mariña é unha soa voz na defensa da nosa sanidade

A Mariña, 2 de febreiro 2018. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña  mobiliza a mais de mil persoas para acudir á manifestación convocada por S.O.S Sanidade Pública, da que forma parte a plataforma mariñá. Dez autobuses e centos de coches particulares levarán a Compostela o clamor de toda unha comarca que se opón contundentemente aos recortes en sanidade do Partido Popular, á eliminación da Área Sanitaria da Mariña, á centralización en Lugo dos recursos económicos que tiñan que ser xestionados desde o Hospital de Burela, para o Hospital de Burela e para a Atención Primaria na comarca, pero que desde a implantación da EOXI no 2013 pasan a depender do HULA, reducíndose e diminuindo desde aquela os servizos sanitarios na comarca e aumentando as derivacións a Lugo, ao HULA  e ás clínicas privadas.

O desprazamento organizado mais grande para acudir a unha manifestación fóra da Mariña

Desde a Plataforma destacan tamén que esta é unha das mobilizacións mais grandes que tén habido na comarca para asistir a unha manifestación fóra da Mariña. E resaltan tamén o apoio recibido desde todos os puntos da comarca, de diferentes colectivos de índole veciñal, cultural, social, deportivo e tamén a nivel individual, independentemente das diferentes ideoloxías ou sensibilidades políticas.

A Mariña é unha soa voz na defensa da sanidade pública

A Mariña agora mesmo xa é  unha voz única na defensa da súa sanidade pública, afirman desde a Plataforma, o que é unha garantía para seguir afrontando conxuntamente todas as loitas que esta comarca tén por diante, no referente especialmente á sanidade,  pero tamén aos servizos públicos e mesmo ás infraestruturas, asuntos nos que esta comarca queda sempre marxinada.

As saídas dos buse serán desde as Estacións de Autobuses de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo,e  desde a Casa do Mar de San Cibrao